Diario Oficial de Galicia
mércores, 1 de xuño de 2005
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
104
Páxina do Dog:9.452
Data da Disposición:18 de maio de 2005
Sección:III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:CONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango:
Orde
Título:
Orde do 18 de maio de 2005 pola que se renovan os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética.
Orde do 18 de maio de 2005 pola que se renovan os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética.
O Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de ética asistencial, dispón na disposición adicional
primeira que por orde da Consellería de Sanidade se regulará a creación, composición e funcións da Comisión Galega de Bioética, que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, que actuará como órgano asesor da consellería nesta materia e órgano de referencia en materia de bioética para os comités de ética asistencial.
En consecuencia, por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 13 de febreiro de 2001 (DOG nº 45, do 5 de marzo) créase a Comisión Galega de Bioética, determinando nos artigos 3 a 7 a súa composición. Os membros desta Comisión foron nomeados mediante orde da Consellería de Sanidade do 3 de setembro de 2001, debéndose proceder periodicamente á súa renovación conforme o disposto nos artigos 4, 5, 6 e 7 da antedita Orde do 13 de febreiro.
Na súa virtude, e no uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.-Renóvase a Comisión Galega de Bioética coas persoas que a continuación se relacionan:
Presidente: Alfredo García Iglesias, director xeral da División de Asistencia Sanitaria.
Vogais:
-Ángel Carracedo Álvarez, doutor en medicina e cirurxía.
-César Álvarez Vázquez, licenciado en dereito.
-Fernando Márquez Gallego, licenciado en medicina e cirurxía.
-Rosendo Bugarín González, doutor en medicina e cirurxía.
-Luis Alba Ordás, licenciado en medicina e cirurxía.
-Nieves Doménech García, doutora en ciencias biolóxicas.
-Ángeles Freire Fojo, licenciada en farmacia.
-José Noval Cinza, diplomado en enfermaría e licenciado en dereito.
-Elisardo Becoña Iglesias, doutor en psicoloxía.
-Elena Monteoliva Díaz, diplomada en enfermaría coa especialidade de obstetricia y xinecoloxía.
-Roberto Pérez López, licenciado en dereito.
-Isaac Arias Santos, doutor en Farmacia.
-Secretaria: Celsa Gómez Pombo, funcionaria da Consellería de Sanidade.
O secretario será o responsable da Secretaría Técnica.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a orde da Consellería de Sanidade do 3 de setembro de 2001.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2005.
José Manuel González Álvarez
Conselleiro de Sanidade
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es