Diario Oficial de Galicia
luns, 1 de outubro de 2007
VI. ANUNCIOS
Número do Dog:
190
Páxina do Dog:16.110
Data da Disposición:24 de setembro de 2007
Sección:VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
Organismo:VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango:
Resolución
Título:
Resolución do 24 de setembro de 2007 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite urxente, para a adxudicación das obras de adaptación da planta baixa da ala esquerda da Casa do Mar de Celeiro-Viveiro (Lugo), para dedicala a centro de día.
Resolución do 24 de setembro de 2007 pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite urxente, para a adxudicación das obras de adaptación da planta baixa da ala esquerda da Casa do Mar de Celeiro-Viveiro (Lugo), para dedicala a centro de día.
Esta Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.
c) Número de expediente: 87/2007.
2. Obxecto do contrato:
Descrición do obxecto: obras de adaptación da planta baixa da ala esquerda da Casa do Mar de Celeiro-Viveiro (Lugo), para dedicala a centro de día, coas especificacións técnicas que se describen no prego de prescricións técnicas (CPA 45.21.1).
a) Lugar de execución: Casa do Mar de Celeiro-Viveiro (Lugo).
b) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 163.185,11€ (IVE incluído).
2007: 100.000 €.
2008: 63.185,11 €.
5. Garantías:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: si. (4% do orzamento da adxudicación).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: rexistro xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: Información de índole administrativa: 981 54 46 80 (Fernando Pedrosa).
Información de índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López).
e) Telefax: 981 54 56 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8787
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría D.
b) Outros requisitos: acreditación da solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional segundo o establecido na cláusula III.2.1.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8) Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula III.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no rexistro de contratistas, se xuntará grampado no exterior do sobre «A» o certificado do devandito rexistro.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
2. Rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no suposto de que o derradeiro día de presentación das proposicións coincida en sábado.
3. Domicilio: edificio administrativo San Caetano.
4. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: o décimo día hábil seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.
e) Hora: 10.00 horas.
10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos.
http://www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=8787
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2007
P.D. (Orde 19-9-2005)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Secretario xeral e de Relacións Institucionais
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es