Diario Oficial de Galicia
venres, 23 de novembro de 2007
IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
Número do Dog:
227
Páxina do Dog:18.733
Data da Disposición:16 de novembro de 2007
Sección:IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
Organismo:SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango:
Resolución
Título:
Resolución do 16 de novembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fai público o lugar e a data de realización do segundo exercicio da fase de oposición das categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario deste organismo.
Resolución do 16 de novembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fai público o lugar e a data de realización do segundo exercicio da fase de oposición das categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario deste organismo.
O número 4 da base sexta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de oposición da fase de selección se realizaran nun lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación.
Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, polo que este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo das categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) para a realización do segundo exercicio consonte a seguinte distribución:
Grupo técnico da función administrativa, día 30 de novembro de 2007, ás 12.00 horas.
Grupo de xestión da función administrativa, día 30 de novembro de 2007, ás 16.00 horas.
Segundo.-O exercicio realizarase na Escola Galega de Administración Sanitaria, avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37. Edificio CNL. Portal A-B. 1º andar, San Lázaro, Santiago de Compostela.
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.
O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2007.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es