Diario Oficial de Galicia
mércores, 30 de xullo de 2008

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS


Número do Dog:

146


Páxina do Dog:

14.663


Data da Disposición:

17 de xullo de 2008


Sección:

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS


Organismo:

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE


Rango:

Resolución


Título:

Resolución do 17 de xullo de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.



Resolución do 17 de xullo de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

O número 5 da base sexta B) das resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), do 19 e 22 de decembro de 2006 (DOG nº 246 e 247, do 26 e 27 de decembro), polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará esta no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por apartados, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto este centro directivo

RESOLVE:
Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías do grupo técnico da función administrativa e médico de familia nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es., relativas á baremación da fase de concurso, nas diversas epígrafes, e á valoración total, indicando ademais, se é o caso, a relación de aspirantes excluídos da fase de concurso por non achegaren a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.

Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2008.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es