Diario Oficial de Galicia
luns, 20 de outubro de 2008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

203


Páxina do Dog:

19.112


Data da Disposición:

14 de outubro de 2008


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:

Orde


Título:

Orde do 14 de outubro de 2008 pola que se homologa o contrato-tipo para a compravenda de castañas galegas.



Orde do 14 de outubro de 2008 pola que se homologa o contrato-tipo para a compravenda de castañas galegas.

Consonte coa proposta elevada pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, relativa á solicitude de homologación dun contrato-tipo para a compravenda de castañas galegas, formulada polos representantes de Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Asociación Proagrosilga.

De conformidade co disposto na Lei 2/2000, do 7 de xaneiro, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios, e de acordo cos requisitos previstos no Real decreto 686/2000, do 12 de maio, polo que se aproba o seu regulamento e a fin de que os solicitantes poidan dispoñer dun documento acreditativo da contratación de materia prima.

Tendo en conta que o ámbito de aplicación do contrato proposto non supera o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do artigo 149.3º da Constitución, que establece a supletoriedade do dereito estatal,

DISPOÑO:
Artigo 1º
Homologar o contrato-tipo para a compravenda de castañas galegas, cuxo texto figura no anexo desta disposición.

Artigo 2º
O período de vixencia da homologación deste contrato-tipo será de tres anos a partir da entrada en vigor desta orde, podendo ser prorrogado por acordo das partes.

Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2008.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Ver referencia pdf "20300D008P020.PDF"



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es