Diario Oficial de Galicia
xoves, 28 de febreiro de 2008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

42


Páxina do Dog:

3.401


Data da Disposición:

14 de decembro de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:

Resolución


Título:

Resolución do 14 de decembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se lle dá publicidade ao acordo do conselleiro do Medio Rural en que se determina o inicio da actividade do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).



Resolución do 14 de decembro de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural, pola que se lle dá publicidade ao acordo do conselleiro do Medio Rural en que se determina o inicio da actividade do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

A Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, crea no artigo 31 o Instituto Galego da Calidade Alimentaria. (Ingacal), configurándoo como un ente de dereito público dos previstos no artigo 12.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e adscrito á consellería competente en materia de agricultura.

Na lei defínense os seus obxectivos e funcións, as súas facultades, o seu réxime xurídico e mais os seus órganos de goberno, e establécense as liñas xerais do seu réxime económico, patrimonial e de persoal, aspectos que foron obxecto de desenvolvemento regulamentario posterior, mediante a aprobación do Decreto 259/2006, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, o cal na súa disposición adicional segunda establece que o Ingacal comezará a desenvolver as súas actividades, unha vez aprobado o seu orzamento e na data que dispoña o titular da Consellería do Medio Rural, logo da entrada en vigor do decreto.

De conformidade co exposto, o conselleiro do Medio Rural con data do 10 de decembro de 2007, acordou que o inicio do desenvolvemento das actividades do Instituto Galego de Calidade Alimentaria comezará o día 12 de decembro de 2007.

RESOLVO:
Facer público o acordo do conselleiro do Medio Rural polo que se determina que o inicio da actividade do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) comece o día 12 de decembro de 2007.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2007.
Alberte Souto Souto
Secretario xeral da Consellería do Medio Rural



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es