Diario Oficial de Galicia
venres, 25 de setembro de 2009
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
189
Páxina do Dog:15.292
Data da Disposición:24 de setembro de 2009
Sección:III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango:
Orde
Título:
Orde do 24 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.
Orde do 24 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2009, e se procede á súa convocatoria.
A Constitución española, no seu artigo 44.2º, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1º.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.
O Estatuto de Galicia recolle no seu artigo 27.19º que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2º da Constitución.
A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de setembro de 2006, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).
De acordo coa referida Lei 12/1993, do 6 de agosto, o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (en diante, PGIDIT-Incite) está integrado por tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais. Dentro dos programas horizontais, o PIGIDIT-Incite (2006-2010) conta con tres programas: o de recursos humanos (RHS), o de articulación do sistema galego de innovación (ART) e o de comunicación e sensibilización social (CSS). Estes programas tratan de contribuír á mellora do sistema galego de innovación incidindo na cooperación entre todos os axentes. Constitúen o corazón do PGIDIT-Incite, e por tanto os alicerces en que deben pivotar todas as actuacións que selectivamente deben incidir no desenvolvemento dos sectores económicos en que se deben focalizar as prioridades.
Pola súa banda, o Programa de recursos humanos (RHS) ten o propósito de definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras, e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+i. Entre os seus obxectivos están:
-Incrementar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+i, tanto en número como en especialización, nas áreas de maior interese.
-Fomentar a formación de doutores e consolidar a formación posdoutoral.
-Fomentar a formación de tecnólogos e axentes de innovación.
-Formar técnicos de apoio á investigación, así como incorporar xestores de innovación e técnicos de apoio ao sistema de I+D+i.
-Incrementar as estadías de investigadores e investigadoras de Galicia en centros de investigación de fóra da comunidade autónoma para a súa formación e desenvolvemento da carreira científica.
O Programa de recursos humanos (RHS) basea as súas actuacións e instrumentos:
-No desenvolvemento da carreira investigadora en todas as etapas, definindo un itinerario lineal desde a formación dos investigadores e investigadoras ata a súa consolidación no sistema, e dotando de instrumentos de axuda cada unha das etapas (predoutoral, posdoutoral, incorporación e consolidación).
-No desenvolvemento dunha liña de apoio á investigación mediante a formación e incorporación de tecnólogos e axentes de innovación, definindo un itinerario lineal desde a súa etapa de formación ata a súa consolidación no sistema, e dotando de instrumentos de axuda cada unha das etapas (formación, incorporación e consolidación).
-Favorecer a mobilidade do persoal de I+D+i tanto entre sectores como entre institucións.
Ben que nos decretos de estrutura orgánica de diferentes consellerías se lles outorga a estas a participación en diferentes aspectos sobre competencias no fomento da investigación sectorial, por mor da necesidade de coordinación, vertebración e transversalidade que ten a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, nace a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, CICETGA, creada na Lei 12/1993, no seu artigo 11.1º e regulada polo Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro.
No artigo 15º do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, indícase que á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación lle corresponde a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica, e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; así como a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
Polo que antecede, esta consellería
DISPÓN:
Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria correspondentes a diversas accións de formación de investigadores e tecnólogos, do Programa de recursos humanos (RHS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010).
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse en réxime de concorrencia competitiva, conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación, as axudas que a continuación se indican, que constitúen o réxime de subvencións dirixidas aos centros de investigación das administracións públicas e aos centros tecnolóxicos descritos na Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia que, sen ánimo de lucro, levan a cabo actividades de investigación de natureza non económica para os efectos do disposto no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2006/C 323/01), nas accións formativas de investigadores, encadradas no Programa de recursos humanos (RHS), que se rexerán polas seguintes bases xerais, así como por aquelas específicas que se inclúen como anexos a esta orde:
1.-Programa María Barbeito de axudas a contratos predoutorais de formación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).
2.-Programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II).
3.-Programa Isidro Parga Pondal de axudas á incorporación de doutores cunha formación posdoutoral contrastada, en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo III).
4.-Programa Lucas Labrada de axudas ao fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo IV).
5.-Programa Isabel Barreto de axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo V).
3. As devanditas modalidades de axuda teñen os códigos de procedemento que se indican no seguinte cadro:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios e presentación de solicitudes.
1. Para poder ser beneficiario das axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao/s modelo/s normalizado/s que figuran nos anexos correspondentes segundo o indicado no punto 2 deste artigo.
Os beneficiarios das axudas convocadas nesta orde non poderán estar incursos nas causas de prohibicións para obter a condición de beneficiarios previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán cumprir as obrigas para ser beneficiario do artigo 11 desta lei, así como os requisitos que se establezan para cada tipo de axuda no anexo correspondente.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
3. Os formularios, debidamente cubertos e asinados polos interesados, deberán enviarse acompañados, ademais da documentación adicional que para cada un dos programas se indica no correspondente anexo, das seguintes declaracións:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as solicitudes efectuadas e concedidas para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos ou sociedades.
b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da axuda recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais, coa Comunidade Autónoma de Galicia e a Seguridade Social.
d) Declaración opcional do interesado do compromiso de utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.
Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes, dirixidas ao director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Artigo 4º.-Información aos/ás interesados/as.
1. Sobre estes procedementos administrativos, que teñen os códigos indicados no punto 2 do artigo 2º destas bases xerais, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presencialmente ou a través dos seguintes medios:
a) Na epígrafe de axudas e na oficina virtual da páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
b) Nos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: 981 54 10 75, 981 54 10 76 e 981 54 39 91.
c) No enderezo electrónico: info.rhs@xunta.es
2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde Galicia) e 902 12 00 12 (desde o resto de Estado).
Artigo 5º.-Financiamento e concorrencia.
1. Para a concesión das axudas convocadas nesta orde, destinaranse os créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se indican para cada acción e de acordo coas seguintes anualidades:
As aplicacións orzamentarias sinaladas cun asterisco (*) están cofinanciadas con fondos FSE nunha porcentaxe máxima do 80 %. Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006).
Segundo as dispoñibilidades orzamentarias e distribución dos fondos FSE, todas as aplicacións orzamentarias poderán estar cofinanciadas con este fondo na porcentaxe máxima regulamentaria nas anualidades correspondentes aos anos 2010, 2011 e 2012.
2. O concepto, contías e forma de pagamento de cada tipo de axuda establécense no anexo correspondente.
Artigo 6º.-Consentimentos e autorizacións.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
2. Segundo o artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión das axudas e subvencións polo/a interesado/a comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; nese caso, o órgano xestor requirirá, con anterioridade á proposta de resolución da concesión, a presentación, nun prazo non superior a quince días, da documentación que acredite que se está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda tributaria da comunidade autónoma.
3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.
4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.
5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal, que serán obxecto de tratamento, e para estes efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, de protección de datos, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como administrativas.
A finalidade da recollida dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.
Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros, non obstante, a Consellería de Economía e Industria revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente.
Artigo 7º.-Órganos competentes.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da/s axuda/s establecida/s nesta convocatoria, correspondéndolle ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución de concesión.
Artigo 8º.-Instrución do/s procedemento/s e tramitación.
1. Os servizos da dita dirección xeral comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde.
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou no correspondente anexo da convocatoria, requirirase mediante anuncio na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi) para que:
a) Os interesados e interesadas poidan emendar os erros e a falta de documentos indicados, ante a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, achegando, de ser o caso, a documentación necesaria no prazo de 10 días.
b) Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de selección, de acordo co establecido no artigo seguinte.
5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria ou que esta non cumpra os requisitos establecidos, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non-admisión, na cal se indicarán as causas desta.
6. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 9º.-Avaliación e selección das solicitudes.
1. Os principios xerais aplicados na avaliación e selección das solicitudes de todas as axudas convocadas nesta orde serán os de obxectividade, independencia e calidade das avaliacións. Os criterios e mecanismos de avaliación e selección para cada unha das accións especificaranse no anexo correspondente.
2. A selección das solicitudes admitidas correspóndelle a unha comisión de selección nomeada para tal efecto, que será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes avaliadas positivamente de acordo cos criterios obxectivos fixados no/s anexo/s correspondente/s, así como de propoñer a concesión ou denegación da axuda aos interesados. A comisión de selección poderá contar co asesoramento de órganos avaliadores ou expertos externos.
3. A comisión de selección estará composta polos seguintes membros (todos eles con voz e voto):
a) Presidente: o/a subdirector/a xeral de xestión do PGIDIT ou persoa en quen delegue.
b) Secretario: un funcionario ou funcionaria da Dirección Xeral de I+D+i.
c) Vogais: sete vogais, entre os que figurarán un representante da Subdirección Xeral de Innovación Empresarial e o xestor ou xestora do programa de RHS. Os cinco restantes serán designados polo director xeral de I+D+i entre expertos dos distintos ámbitos de coñecemento (como mínimo, un por ámbito) pertencentes ás tres universidades do SUG e outros centros de investigación de Galicia.
4. A comisión levantará acta das súas deliberacións e elevará a súa proposta de resolución ao conselleiro de Economía e Industria a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
5. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a axuda, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no anexo correspondente. Así mesmo, indicarase, de ser o caso, o importe da axuda para cada un deles. Para cada un dos programas incluídos nesta orde, a comisión de selección poderá elaborar unha lista de espera, de ser o caso, entre os solicitantes que non resultasen beneficiarios co fin de determinar posibles substitucións.
6. A proposta de concesión formulada pola comisión así como, de ser o caso, a lista de espera correspondente publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación só terá efectos informativos.
Artigo 10º.-Resolución e notificación.
1. A comisión de selección formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro de Economía e Industria, quen ten a competencia para resolver estas axudas, sen prexuízo da súa posible delegación noutros órganos da Consellería de Economía e Industria. Esta resolución publicarase no DOG.
2. Á vista da proposta formulada pola comisión de selección a través do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e segundo o que dispón o artigo 21.4º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se non son tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados nas súas solicitudes, poderase prescindir do trámite de audiencia, e o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución definitiva de concesión, que será motivada, de acordo aos criterios de valoración establecidos en cada anexo.
3. A/s dita/s resolución/s expresará/n, cando menos:
a) As entidades beneficiarias da axuda e os candidatos seleccionados ou as persoas físicas beneficiarias, segundo corresponda.
b) O importe global da axuda para cada entidade ou persoa física beneficiaria, segundo corresponda.
c) A relación de posibles suplentes, a cal estará vixente un prazo máximo de nove meses despois da súa publicación.
d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.
4. En ningún caso o importe da axuda ou subvención poderá superar o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario, ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.
5. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de seis meses, contados desde a apertura do prazo anual de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no DOG, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
6. Todas as solicitudes serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da devandita lei, a notificación individual de concesión da axuda substituirase pola publicación no DOG, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada.
Artigo 11º.-Réxime de recursos.
As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñerse os seguintes recursos:
a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación da resolución no DOG. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Artigo 12º.-Modificación da resolución.
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Unha vez recaída a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorreren as circunstancias previstas para tales efectos nestas bases reguladoras, de conformidade co previsto no artigo 14.1º m) da Lei de subvencións de Galicia.
3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria, logo da instrución do correspondente expediente que deberá recoller os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o novo Regulamento autonómico que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, para que poida operar a modificación.
Artigo 13º.-Obrigas dos beneficiarios, gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.
Sen prexuízo das demais obrigas que resulten da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento de desenvolvemento, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos correspondentes anexos desta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro do disposto nesta orde, quedan obrigados a:
a) Cumprir cos obxectivos das axudas que se concedan, así como cos compromisos asumidos. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobro, e/ou, se é o caso, procederá ao reintegro da subvención.
Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida a aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no título V do Decreto 11/2009.
b) O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou reintegro total da axuda. O incumprimento parcial, determinado polos ditos mecanismos dará lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda ou ao reintegro parcial na porcentaxe correspondente á acción non efectuada ou xustificada.
Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.
c) Facilitar toda información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
d) Comunicar á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación calquera axuda, o seu importe e duración, concedida para a execución dun mesmo investimento, no momento en que sexan beneficiarios.
e) Incluír no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
Artigo 14º.-Comprobación das axudas concedidas.
O órgano concedente poderá comprobar a axeitada xustificación da axuda, así como a realización da actividade e cumprimento da finalidade que determinen a concesión e aproveitamento da axuda.
Artigo 15º.-Remisión normativa.
Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 12/1993, do 6 de agosto, do fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2006/C 323/01, DOUE do 30-12-2006), no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo o que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999, e no resto de normativa que resulte de aplicación.
Disposición adicional
As bases que rexen a concesión das axudas e todos cantos actos administrativos deriven da súa aplicación poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición transitoria
Convocatorias en fase de execución.
As convocatorias de axudas que no momento da entrada en vigor desta orde estean en fase de execución, seguiranse observando nos seus propios termos e rexeranse de acordo coas normas conforme as que foron ditadas.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.
Facúltase o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para levar a cabo as actuacións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.
Segunda.-Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2009.
Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria
Anexo I
Programa María Barbeito de axudas para contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)
Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.
O obxectivo do Programa María Barbeito é o de outorgar axudas ás universidades do SUG, organismos públicos de investigación con sede en Galicia (OPI) e entes e centros públicos de investigación de Galicia (Cepiga) que fomenten a contratación de titulados superiores predoutorais co obxectivo de formar doutores/as en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade principal destas axudas é o apoio á formación en investigación básica e aplicada daqueles titulados superiores universitarios que desexen realizar a súa tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
1.1. As actividades que constitúen o obxecto desta convocatoria son axudas ás universidades do SUG, organismos públicos de investigación con sede en Galicia (OPI) e entes e centros públicos de investigación de Galicia (Cepiga) que fomenten a contratación de titulados superiores predoutorais co obxectivo de formar doutores/as en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.
1.2. O número máximo de axudas que poderán outorgarse será de 74.
Artigo 2º.-Beneficiarios das axudas.
Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa María Barbeito, as universidades do SUG, organismos públicos de investigación con sede en Galicia (OPI) e entes e centros públicos de investigación de Galicia (Cepiga) que contraten os candidatos e candidatas seleccionados, a través dun contrato de traballo en prácticas ou, na súa falta, un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva a súa tese de doutoramento, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.
Os solicitantes e candidatos seleccionados das axudas correspondentes ao Programa María Barbeito deberán cumprir, con data límite en que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
1. Non se exixe requisito de nacionalidade.
2. Estar en posesión dun título universitario superior (licenciado ou equivalente) recoñecido oficialmente. A data de finalización dos estudos que dean acceso ao título universitario superior debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2004. Enténdese como data de finalización dos estudos a de superación da última materia para os completar.
a) Tamén poderán presentar a súa solicitude:
-Os licenciados en medicina, farmacia, bioloxía, química ou psicoloxía posteriores ao 1 de xaneiro de 2002 que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).
-Titulados posteriores ao 1 de xaneiro de 2002 que acrediten fidedignamente algunha das seguintes circunstancias entre esta data e o 1 de xaneiro de 2004: baixa maternal, que teñan a cargo menores de tres anos, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.
b) Para os efectos de solicitar unha axuda do Programa María Barbeito, considérase que os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros universitarios privados españois están recoñecidos oficialmente cando o solicitante acredite ter sido admitido nun programa de doutoramento dunha universidade española mediante certificación da universidade correspondente.
3. Posuír unha media simple de expediente académico (segundo Resolución do 15 de marzo de 2005, DOG nº 57, do 23 de marzo) igual ou superior a:
-1,50 para os/as licenciados/as e,
-1,00 para os/as titulados/as en estudos técnicos superiores.
No caso de titulados/as en universidades non pertencentes ao SUG (Sistema Universitario de Galicia), a media simple de expediente académico será determinada polos servizos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación seguindo o establecido no protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos, publicado pola Resolución do 15 de marzo de 2005 (DOG nº 57, do 23 de marzo).
4. Estar oficialmente matriculado nun doutoramento ou terceiro ciclo de estudos universitarios oficiais e non ter transcorrido máis de dous anos desde a data de finalización dos estudos do programa oficial de posgrao (POP) que dean acceso ao doutoramento, ou, no caso de alumnos de 3º ciclo regulados polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril, desde a data de finalización dos cursos académicos do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante.
-O límite de dous anos ampliarase a tres, se durante ese período se xustifica fidedignamente algunha das seguintes circunstancias: baixa maternal, que se teñan a cargo menores de tres anos, que se teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos e ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.
-A data de finalización dos cursos académicos do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante contabilizarase ata o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
5. No caso de alumnos de 3º ciclo regulados polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril, posuír o certificado de estudos avanzados ou estar en disposición de obtelo, antes do 1 de outubro do ano desta convocatoria.
6. Realizar a tese de doutoramento nun centro de investigación situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
7. Ter aprobado polo consello de departamento ou órgano colexiado correspondente o proxecto de tese. Esta aprobación terá que producirse en data anterior ao 1 de outubro do ano desta convocatoria.
8. Non ter sido beneficiario destas axudas ou outras homologadas (bolsas predoutorais ou equivalentes) en anteriores convocatorias, durante un período igual ou superior a nove meses.
9. Non ter vixente un contrato do Programa María Barbeito.
Artigo 4º.-Duración das axudas.
1. A duración das axudas será dun máximo de dous anos, que se desenvolverá nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, que terán que ser entre o 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2011. Os contratos establecidos ao abeiro das axudas do Programa María Barbeito terán a mesma duración máxima de dous anos.
2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no DOG dunha convocatoria en que se recollan os requisitos e características desta.
Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.
1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados.
2. A axuda concedida para cada contrato será de 20.440 € anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais.
2.1. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 20.440 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.
2.2. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.
3. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 74, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.02.561B.444.0 e 44.02.561A.440.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010 e 2011, de acordo coa seguinte distribución:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.
5. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 28 de decembro de 2009.
Artigo 6º.-Formalización das solicitudes.
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado RHS.MB-09/00 do que a cara externa se publica como anexo IX a esta orde, no prazo e forma sinalada nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta convocatoria, xunto coa seguinte documentación:
1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países (só no caso de que o interesado non outorgue consentimento expreso para que a Administración verifique os seus datos a partir do número do documento de identificación).
2. Certificación académica detallada (orixinal ou fotocopia compulsada) na cal conste expresamente:
a) As cualificacións obtidas, as datas de obtención destas, o número de créditos e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia. Naqueles casos en que no correspondente sistema de educación superior non existan convocatorias, deberase acreditar fidedignamente tal extremo.
b) A media simple segundo protocolo de colaboración do SUG (resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, DOG nº 57, do 23 de marzo), para os/as titulados/as en universidades do SUG. No caso de titulados por universidades non pertencentes ao SUG a media simple será determinada polos servizos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación seguindo o establecido no devandito protocolo de colaboración do SUG.
c) A data en que se finalizaron os estudos e constancia expresa de que as materias relacionadas constitúen o programa completo da titulación correspondente.
2.1. Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.
2.2. No caso de estudos validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica para os estudos de orixe, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas a), b) e c) do punto 2 deste artigo.
2.3. Para os efectos de determinar a media do expediente académico, os que acceden ao 2º ciclo dunha titulación superior a través do curso de adaptación correspondente, por estar en posesión dun título de só 1º ciclo ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso ao 2º ciclo, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á titulación de 1º ciclo ou aos estudos de 1º ciclo realizados, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas a), b) e c) do punto 2 deste artigo.
2.4. Os solicitantes que cursasen os seus estudos no estranxeiro e posúan certificación académica expedida en idioma distinto do español deberanlle xuntar a correspondente tradución oficial. En tales casos, ademais dos detalles xerais indicados nas alíneas a), b) e c) no punto 2 deste artigo, a certificación indicará cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente e cal é a cualificación mínima para aprobar.
3. As persoas que se acollan aos supostos previstos nas alíneas a) e b) do punto 2 e no punto 4 do artigo 3º deste anexo, deberán acreditalo documentalmente.
4. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor, cunha extensión entre 2 e 4 folios, e no cal consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Obxectivos e contidos básicos do traballo.
b) Estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar.
c) Sinatura do interesado e visto e prace do/a seu director/a.
5. Certificación, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, en que conste:
a) A admisión do proxecto de traballo de investigación por parte do consello de departamento e a súa data.
b) Os datos relativos ao director do proxecto de tese e os relativos ao titor, no caso de que este non sexa o director da tese.
c) No caso específico de que o director do proxecto de tese pertenza a CSIC, IEO ou ao Ingacal, na certificación emitida polo departamento deberase facer constar expresamente se o beneficiario da axuda, e responsable de establecer o correspondente contrato co solicitante, será o CSIC, IEO ou o Ingacal. De non especificarse expresamente, entenderase que o beneficiario da axuda, e responsable de establecer o correspondente contrato co solicitante, será a universidade correspondente.
d) En calquera caso, sempre que o solicitante vaia desenvolver a súa investigación nun centro de investigación diferente do departamento universitario que certifique a admisión do proxecto, na antedita certificación de admisión do proxecto deberá constar a autorización expresa de tal circunstancia. Ademais, a certificación do departamento deberá vir acompañada do correspondente escrito de aceptación do centro en que se vai desenvolver a investigación, asinada polo/a seu/súa responsable e na cal consten os seguintes datos: nome do centro, enderezo e institucións a que pertence.
Se ao finalizar o prazo de presentación da documentación o interesado aínda non dispón do certificado de admisión do proxecto de tese por parte do consello de departamento, presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro do ano da correspondente convocatoria.
6. Certificación académica detallada, orixinal ou fotocopia compulsada, en que conste, segundo corresponda:
a) A superación do mínimo de 60 créditos dun programas oficial de posgrao necesario para a admisión no doutoramento, segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro de 2005 (BOE do 21 de xaneiro). Na dita certificación deben constar as cualificacións correspondentes e a súa data de finalización.
b) A superación dos cursos académicos correspondentes ao primeiro ano do programa de doutoramento a que estea adscrito o/a solicitante, coas cualificacións correspondentes e a súa data de finalización.
7. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º das bases xerais:
a) Declaración responsable do solicitante de non ter sido beneficiario destas axudas ou doutras homologadas por un período igual ou superior a nove meses.
b) Declaración responsable do solicitante de non ter en vigor un contrato do Programa María Barbeito.
Artigo 7º.-Tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8º (instrución dos procedementos e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.
Artigo 8º.-Avaliación e selección de candidatos.
1. Comisión de selección: a selección de candidatos será efectuada pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais desta convocatoria.
2. Criterios xerais de selección: a selección farase en función dos méritos acreditados nos puntos 2 e 6 do artigo 6º deste anexo I, empregando o baremo establecido no punto 3 deste artigo. As solicitudes recibidas agruparanse no correspondente ámbito de coñecemento dos cinco recoñecidos polo Consello de Coordinación Universitaria do Ministerio de Educación e Ciencia. A adscrición dos diferentes títulos universitarios oficiais e de validez en todo o territorio do Estado español a estes ámbitos de coñecemento, aparece recollida no anexo VI desta orde.
3. Baremo:
3.1. Expediente académico de 1º e 2º ciclo: media simple da titulación segundo protocolo de colaboración do SUG (resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, DOG nº 57, do 23 de marzo), para os/as titulados/as en universidades do SUG.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
3.3. A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da seguinte fórmula:
Media final=Media da titulación ×Media cursos doutoramento ou POP + C
MT METER ou MPOP
Onde: MT representa a media das titulacións, MTER ou MPOP a media do 1º ano do 3º ciclo ou, segundo corresponda, do programa oficial de posgrao, respectivamente, de cada un dos cinco ámbitos de coñecemento arriba indicados, obtidas a partir dos datos estatísticos existentes na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación correspondentes aos solicitantes admitidos nas últimas tres convocatorias das antigas bolsas predoutorais e/ou do Programa María Barbeito. C, cun valor de 0,2 puntos polo compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, o interesado manteña coa Administración autonómica:
4. Selección: os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa María Barbeito ordenaranse por orde decrecente de media final e as axudas adxudicaranse comezando polo candidato de maior puntuación. A comisión de selección elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, en que figurarán os solicitantes admitidos definitivamente que, non acadando puntuación suficiente para ser adxudicatario de axuda, teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.
5. A proposta de concesión formulada pola comisión, así como, de ser o caso, a lista de espera para posibles substitucións, publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación terá só efectos informativos.
Artigo 9º.-Resolución e notificación.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.
Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.
1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos de traballo en prácticas ou, na súa falta, de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa María Barbeito da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.
b) Á data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.
3. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:
-Un único pagamento do período do ano 2009, logo da xustificación do gasto realizado e unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos, xunto unha copia compulsada destes. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.
-Dous pagamentos de periodicidade semestral correspondentes ao ano 2010 e outro correspondente ao 1º semestre do ano 2011, logo de xustificación do gasto realizado.
-O pagamento do último período correspondente ao ano 2011, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na letra d) do artigo 13º (Obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.
Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.
Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación), así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).
No momento, en que algún dos beneficiarios destas axudas realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; se o escrito vén acompañado dun informe do director da tese, dando conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo, poderase autorizar, por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate do período para o que se lle concedeu, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.
Artigo 12º.-Renuncias e substitucións dos candidatos seleccionados e contratados.
1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:
-Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.
-Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.
-Ao representante legal no caso dos organismos da Administración beneficiarios.
2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos nove meses a partir da data de resolución. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar máis alá da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.
Artigo 13º.-Interrupcións.
O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa María Barbeito estará suxeito ao establecido na lexislación vixente.
Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos seleccionados e contratados.
Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente e a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como os relativos aos da seguridade social, que se deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición.
Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos seleccionados e contratados.
Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa María Barbeito teñen as seguintes obrigas:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Levar a cabo as actividades previstas nos seus programas de formación e especialización na investigación.
c) Cumprir os obxectivos do programa de formación e especialización con aproveitamento.
d) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.
e) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.
f) Notificarlle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificarllo igualmente á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.
g) O persoal investigador do Programa María Barbeito adscrito á universidade poderá, por petición propia, dedicar ata un máximo de 60 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias non superiores neste caso a 5 horas, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo beneficiario das axudas das responsabilidades que corresponden ao profesorado.
Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.
Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador en formación, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.
c) Designar un titor, co grao de doutor, para a coordinación e orientación da actividade dos beneficiarios.
d) Velar polo adecuado desenvolvemento do programa de formación do beneficiario, sen que se lle poida exixir a realización de calquera outra actividade que non estea relacionada co desenvolvemento da súa investigación ou da formación específica requirida por esta, durante o seu transcurso.
e) O persoal investigador en formación do Programa María Barbeito que desenvolvan a súa actividade nunha universidade, poderá colaborar en tarefas docentes, dentro dos límites establecidos nestas bases, sen que en ningún caso se poida desvirtuar a finalidade investigadora e formativa das axudas. En todo caso, non se lle poderán atribuír obrigas docentes superiores a 60 horas anuais.
f) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos María Barbeito estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións de que desfruta o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Anexo II
Programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes para a súa incorporación en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)
Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.
O programa Ángeles Alvariño de axudas á especialización de doutores recentes para a súa incorporación en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia ten como obxectivo potenciar a acción de inserción de doutores recentes nas universidades do SUG, nas institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas ou das súas entidades dependentes e nos centros tecnolóxicos que permitan o perfeccionamento da súa formación nos termos establecidos nesta convocatoria, entre os que se inclúe que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a.
Esta convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, a concesión de axudas para a realización de contratos laborais de duración determinada destinados á incorporación en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, de investigadores doutores recentes, coa finalidade de potenciar a súa especialización mediante a súa incorporación a algún dos proxectos ou liñas de investigación que figuran no anexo VII desta convocatoria.
Artigo 2º.-Beneficiarios das axudas.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño as universidades do SUG, as institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas ou das súas entidades dependentes e centros tecnolóxicos, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e que:
a) Oferten, nesta convocatoria, algún proxecto ou liña de investigación que se relacionan no anexo VII desta orde, destinadas á contratación de persoal investigador doutor do Programa Ángeles Alvariño seleccionados segundo o proceso establecido neste anexo.
b) Fomenten a contratación de persoal investigador doutor recente a través dun contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva o seu labor de investigación, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
c) Permitan que, de ser o caso, parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para que ao final dos tres anos de duración dos contratos poidan cumprir o requisito de 24 meses de estadía en centros de investigación.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
Artigo 3º.-Requisitos dos investigadores solicitantes.
Os investigadores candidatos á obtención dalgún dos contratos correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño deberán acreditar, con data límite que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, o cumprimento dos seguintes requisitos:
1. Non se exixe requisito de nacionalidade.
2. Estar en posesión do grao de doutor:
a) A data de obtención do grao de doutor debe ser posterior ao 1 de xaneiro do ano 2006. O prazo de 1 de xaneiro de 2006 ampliarase ao de 1 de xaneiro de 2005 naqueles casos en que se acredite fidedignamente algunha das seguintes circunstancias entre esta data e o 1 de xaneiro de 2006: baixa maternal, que teñan a cargo menores de tres anos, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, con persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.
b) No caso de que o grao de doutor fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior. Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do grao de doutor, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada a que a dita homologación se conceda antes do prazo de inicio dos contratos establecido de forma xenérica na resolución de adxudicación das axudas do Programa Ángeles Alvariño.
c) No caso de solicitantes que estean en posesión de máis dun doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.
3. Contar coa aceptación do departamento das universidades do SUG, dunha institución non universitaria sen ánimo de lucro, e/ou organismo das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, responsable de cada unha das prazas a que opte o solicitante. A dita aceptación farase mediante certificado (orixinal ou copia compulsada) emitido polo/a secretario/a do departamento universitario ou o responsable da institución non universitaria sen ánimo de lucro ou do organismo da Administración pública ou entidade dependente.
4. Contar co compromiso do organismo público ou privado que avala a súa aceptación, de aceptación de que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que se obtivese o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para que ao final dos tres anos de duración dos contratos poidan cumprir o requisito mínimo de 24 meses de estadía en centros de investigación. Aqueles períodos de estadías posdoutorais en centros de investigación de fóra de Galicia distintos daquel en que se obtivese o grao de doutor/a, levados a cabo con antelación á sinatura do correspondente contrato, serán contabilizados para o mínimo establecido de 24 meses.
5. Comprometerse a solicitar anualmente as axudas para a realización dos períodos de estadías en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos daquel en que se obtivese o grao de doutor/a, necesarios para que ao final dos tres anos de contrato do Programa Ángeles Alvariño poidan cumprir o mínimo de 24 meses establecido como requisito. Estarán exentos do dito compromiso aqueles que acrediten fidedignamente:
a) Ter completado o devandito período mínimo de 24 meses de estadías en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos daquel en que se obtivese o grao de doutor/a.
b) Ter cursado integramente o doutoramento e obter o grao de doutor nunha universidade estranxeira.
c) Un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
Artigo 4º.-Duración das axudas.
A duración das axudas para a contratación de doutores recentes do Programa Ángeles Alvariño será dun máximo de tres anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración máxima e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, que terán que ser entre o 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012.
Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.
1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados.
2. A axuda concedida para cada contrato será de 28.000 € por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais.
a) Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 28.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.
b) En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.
3. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 43, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010, 2011 e 2012 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
As aplicacións orzamentarias sinaladas cun asterisco (*) están cofinanciadas con fondos FSE nunha porcentaxe máxima do 80 %.
4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.
5. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 28 de decembro de 2009.
Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e documentación requirida.
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado RHS.AA-09/00 cuxa portada se publica como anexo X a esta orde, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º da bases xerais desta convocatoria.
Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de preferencia, o código do/s proxecto/s ou liña/s a que opta, entre aquelas que figuran no anexo VII a esta orde, tendo en conta que como máximo poderá solicitar tres prazas e que estas deben corresponder a unha única área temática ANEP.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
1. Para cada unha das prazas solicitadas, orixinal ou copia cotexada do certificado de aceptación polo departamento das universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro, organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, responsable de cada praza solicitada. O dito certificado deberá estar asinado polo/a secretario/a do departamento universitario correspondente ou polo responsable da institución non universitaria sen ánimo de lucro, organismo das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, responsable da/s praza/s solicitada/s, e nel deben constar os seguintes datos:
a) Datos persoais do candidato (nome e apelidos e número do DNI).
b) Data de aprobación da proposta de aceptación polo órgano colexiado correspondente.
c) Datos do destino/praza ofertada para a que se propón ao candidato ou candidata a unha axuda do Programa Ángeles Alvariño. Os datos da praza deben coincidir cos que figuran no anexo VII a esta convocatoria relativo ás prazas do Programa Ángeles Alvariño e corresponderse cunha das prazas ofertadas polo departamento, institución ou organismo que avala a aceptación do candidato.
d) Datos do/a doutor/a ou especialista que actuará como titor/a do plan de formación especializada, que corresponda ao destino/praza ofertada para a que se propón ao candidato ou candidata, nos termos establecidos nesta convocatoria.
e) Constancia expresa do compromiso do departamento (no caso das universidades) ou da institución non universitaria correspondente, da aceptación de que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que se obtivese o grao de doutor/a, polos períodos necesarios para alcanzar, ao final dos tres anos de duración do contrato, o mínimo de 24 meses de estadía en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que se obtivese o grao de doutor/a.
f) No caso de departamentos das universidades, compromiso de inclusión no POD correspondente para, por petición do interesado, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais.
2. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países (só no caso de que o interesado non outorgue consentimento expreso para que a Administración verifique os seus datos a partir do número do documento de identificación).
3. Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro acreditativo de ter alcanzado o dito grao e a data da súa obtención. No caso de título de doutor obtido no estranxeiro, fotocopia compulsada da homologación, ou da solicitude de homologación presentada ante o órgano competente.
4. Currículo do candidato cuberto nalgún dos modelos normalizados que figuran na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria no enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Unha vez cuberto deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación:
a) Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo interesado.
b) Unha copia do currículo en CD, que debe coincidir exactamente coa copia impresa.
c) Fotocopia simple das publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc., alegadas no currículo.
d) Documentos xustificativos (orixinal ou copia cotexada) dos méritos alegados no currículo: participación en proxectos de I+D, contratos de I+D, patentes ou modelos de utilidade, etc.
e) De ser o caso, orixinal ou copia cotexada dos documentos que acrediten a realización de estadías de investigación en universidades ou centros de investigación estranxeiros distintos a aquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor. A acreditación da/s estadía/s de investigación farase mediante certificado/s do/s centro/s ou institución/s en que se levou a cabo cada un dos períodos de estadía de investigación, debidamente asinado polo responsable do/s dito/s centro/s ou institución/s e no cal consten os seguintes datos:
-Centro e institución en que se levou a cabo cada un dos períodos de estadía.
-Data (dd/mm/aa) de inicio e finalización do/s período/s de estadía/s.
-Breve descrición da/s actividade/s de investigación levadas a cabo no período.
Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.
5. Memoria sobre o plan de investigación que vai desenvolver o candidato, que deberá incluír o programa de formación teórico e experimental proposto co cronograma de actuacións ao longo dos tres anos de duración das axudas. A devandita memoria, dun mínimo de 5 folios e máximo de 10, deberá estar asinada polo interesado e co visto e prace do/a doutor/a que actuará como titor/a e do responsable do centro, departamento, etc. a que está/n adscrita/s a/s praza/s solicitada/s.
6. Declaración expresa do candidato do compromiso de solicitar nas correspondentes convocatorias anuais de estadías e levar a cabo os períodos de estadía en centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquel en que obtivese o grao de doutor/a, necesarios para alcanzar o mínimo de 24 meses ao longo do período de tres anos de contrato, que se lle concedan. Estarán exentos de presentar a dita declaración aqueles que:
a) Teñan completado o devandito período mínimo de 24 meses de estadías en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos daquel en que obtivese o grao de doutor/a.
b) Cursasen integramente o doutoramento e obtivesen o grao de doutor nunha universidade estranxeira.
c) Acrediten fidedignamente un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
7. As persoas que se acollan ao suposto establecido no punto 2 a) do artigo 3º deste anexo, deberán acreditalo documentalmente.
8. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º das bases xerais, as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable de non ter en vigor un contrato do Programa Ángeles Alvariño, Juan de la Cierva ou equivalente.
b) Declaración responsable de non ter sido beneficiario dunha axuda do Programa Ángeles Alvariño, Juan de la Cierva ou equivalente, por un período igual ou superior a nove meses.
Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.
Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.
1.-Avaliación: a avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités, que abranguerán unha ou máis áreas ANEP, constituídos por expertos externos e designados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para os efectos da súa avaliación e tendo en conta a/s área/s ANEP e perfil/ís da/s praza/s solicitada/s, as solicitudes recibidas agruparanse en comités que abranguerán unha ou mais áreas ANEP.
No proceso de avaliación das solicitudes os comités de expertos externos deberán ter en conta as seguintes consideracións:
1ª Puntuar os méritos alegados e debidamente xustificados polos candidatos en cada unha das epígrafes do currículo obxecto da avaliación segundo os aspectos indicados no punto seguinte, dándolle especial relevancia ás contribucións feitas nos anos posteriores a alcanzar o grao de doutor/a.
2ª Os comités valorarán, ata un máximo de 85 puntos, os seguintes aspectos:
1. Publicacións de carácter científico: máximo 50 puntos.
1.1. Libros (con ISBN): ata un máximo de 50 puntos. A avaliación de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.
1.2. Capítulos de libro (con ISBN): ata un máximo de 10 puntos. A avaliación de capítulos de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.
1.3. Publicacións en revistas científicas: ata un máximo 50 puntos.
-Tipo A (revistas que aparecen no Sciencie Citation Index, no Social Sciences Citation Index (SSCI), no Arts & Humanities Citation Index (AHCI) ou index equivalente no ámbito científico correspondente: máximo 50 puntos.
-Tipo B (revistas de prestixio non catalogadas como tipo A, que empregan un proceso de revisión de artigos, a través de censores externos): máximo 5 puntos.
-Tipo C (revistas de investigación non incluídas nas epígrafes anteriores): máximo 1 punto.
2. Proxectos de I+D, contratos de investigación e patentes: máximo de 20 puntos.
2.1. Participación en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e internacionais: máximo 20 puntos.
-Proxectos internacionais: máximo 20 puntos.
-Proxectos nacionais: máximo 10 puntos.
-Proxectos autonómicos: máximo 5 puntos.
2.2. Participación en contratos de investigación: máximo 20 puntos.
-Contratos con empresas: máximo 20 puntos.
-Contratos coa administración: máximo 5 puntos.
-Informes técnicos e outros: máximo 2,5 puntos.
2.3. Patentes rexistradas ou en explotación: máximo 10 puntos.
-En explotación: máximo 10 puntos.
-Rexistradas: máximo 5 puntos.
3. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 15 puntos.
3.1. Estadías de investigación posdoutorais (continuadas, superiores a un mes) en universidades ou centros de investigación de fóra de Galicia, distintos a aquel en que se levou a cabo o doutoramento e se alcanzou o grao de doutor: máximo 5 puntos.
3.2. Relatorios e comunicacións a congresos ou reunións científicas: máximo 5 puntos.
-Relatorios en congresos internacionais: máximo 5 puntos.
-Relatorios en congresos nacionais: máximo 2,5 puntos.
-Comunicacións en congresos internacionais: máximo 1 punto.
-Comunicacións en congresos nacionais: máximo 0,5 puntos.
3.3. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 5 puntos. Valoraranse aqueloutros méritos académico-científicos relacionados coa súa área temática e área de coñecemento, do máximo de 5 méritos desta epígrafe do currículo sinalados polo solicitante.
2.-Selección dos candidatos: realizada a avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos polos comités de expertos externos, a selección dos candidatos efectuaraa a comisión de selección establecida no artigo 9º da bases xerais desta convocatoria, consonte o baremo seguinte:
1. Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 85 puntos.
2. A avaliación por parte da comisión de selección (máximo 15 puntos):
-Por períodos de estadías de investigación predoutorais, posteriores a alcanzar o título de licenciado ou equivalente, en centros de fóra de Galicia distintos daquel en que se levou a cabo o doutoramento e se alcanzou o grao de doutor: ata 5 puntos.
-Polo compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, o interesado manteña coa Administración autonómica: 1 puntos.
-Pola adecuación do currículo do candidato ao perfil de cada unha da/s praza/s solicitada/s segundo o indicado na táboa seguinte: ata un máximo de 9 puntos.
Adecuación Puntuación
Discutible 1
Aceptable 3
Boa 5
Notable 7
Excelente 9
Para a valoración da adecuación do currículo do candidato ao perfil de cada unha da/s praza/s solicitada/s, a comisión de selección poderá contar, se o considera necesario, co asesoramento de expertos externos.
3.-Os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño ordenaranse por orde decrecente de puntos e adxudicaranse as axudas comezando polo candidato e praza de maior puntuación.
4.-A comisión elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán os solicitantes admitidos definitivamente cunha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección que non alcanzaron puntuación suficiente para ser adxudicatarios de axuda.
5.-A proposta de concesión formulada pola comisión, así como a lista de espera para posibles substitucións, publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. A dita publicación terá só efectos informativos.
Artigo 9º.-Resolución e notificación.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.
Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.
1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
2. Os contratos terán unha duración máxima de tres anos e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación.
3. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Ángeles Alvariño da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.
b) Á data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizos do beneficiario e á duración do contrato.
4. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:
-Un único pagamento do período do ano 2009 logo da xustificación do gasto realizado e unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos, xunto cunha copia compulsada destes. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.
-Catro pagamentos de periodicidade semestral correspondentes aos anos 2010, 2011 e un pagamento correspondente ao 1º semestre do ano 2012, logo da xustificación do gasto realizado.
-O pagamento do último período correspondente ao ano 2012, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.
Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.
Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como, cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).
Artigo 12º.-Renuncias, substitucións e cambios de destino/praza dos candidatos seleccionados e contratados.
1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:
-Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.
-Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.
-Ao representante legal no caso dos organismos da Administración beneficiarios.
2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos nove meses a partir da data de resolución destas axudas. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar máis alá da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.
3. Os cambios de destino/praza con respecto aos adxudicados a cada investigador seleccionado na resolución de concesión, deberán ser autorizados previamente pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para estes efectos, o adxudicatario deberá solicitar o cambio en escrito motivado dirixido ao director xeral de I+D+i. Para a autorización de cambios terase en conta a relación de prazas ofertadas na convocatoria para cada institución e entidade beneficiaria.
Artigo 13º.-Interrupcións.
O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa Ángeles Alvariño estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.
Os beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da seguridade social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.
Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Ángeles Alvariño teñen as seguintes obrigas:
a) Cumprir as condicións e obrigacións establecidas nesta convocatoria.
b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se autorice.
d) Solicitar anualmente bolsas para estadías de investigación fóra de Galicia e levar a cabo, ao longo do período de duración do contrato, os períodos de estadías de investigación necesarios para alcanzar o mínimo establecido de 24 meses. Estarán exentos do dito compromiso aqueles que acrediten fidedignamente:
1. Ter completado o devandito período mínimo de 24 meses de estadías en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos daquel en que obtivesen o grao de doutor/a.
2. Ter cursado integramente o doutoramento e obter o grao de doutor nunha universidade estranxeira.
3. Un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
e) Informar a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación de cada un dos períodos de estadía que se leven a cabo.
f) Os investigadores contratados ao abeiro do disposto nesta orde que desenvolvan a súa actividade nunha universidade poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes; neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais. O departamento implicado, se é o caso, documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso respectando a normativa vixente de incompatibilidades.
Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.
Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador do Programa Ángeles Alvariño, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Proporcionarlles o apoio necesario e facilitarlles a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.
c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Ángeles Alvariño estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
d) Permitirlle levar a cabo os períodos de estadía de investigación que se indican na alínea d) do artigo 15º deste anexo.
e) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde, que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar, por petición propia, colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 90 horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.
Anexo III
Programa Isidro Parga Pondal de axudas a contratación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)
Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.
O obxectivo do Programa Isidro Parga Pondal é contribuír a superar o déficit de recursos humanos que ten o sistema de I+D en Galicia a través do apoio a inserción, en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, de doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros.
Esta convocatoria establece as bases que regulan, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, a concesión de axudas para a realización de contratos laborais de duración determinada destinados á incorporación, en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, de investigadores doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros.
Artigo 2º.-Beneficiarios das axudas.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal as universidades do SUG, as institucións non universitarias sen ánimo de lucro, organismos das administracións públicas, ou das súas entidades dependentes, e os centros tecnolóxicos, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación de natureza non económica, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, e que:
a) Oferten, nesta convocatoria, algún dos proxectos ou liñas de investigación que se relacionan no anexo VIII desta orde, destinadas a contratos de persoal investigador doutor do Programa Isidro Parga Pondal seleccionados segundo o proceso establecido nesta anexo.
b) Fomenten a contratación de persoal investigador doutor seleccionado a través desta convocatoria do Programa Isidro Parga Pondal mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o investigador ou investigadora seleccionado/a quedará vinculado/a ao centro de formación onde desenvolva o seu labor de investigación, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
Artigo 3º.-Requisitos dos solicitantes.
Os candidatos á obtención dalgún dos contratos correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal deberán acreditar, con data límite que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, o cumprimento dos seguintes requisitos:
1. Non se exixe requisito de nacionalidade.
2. Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 1999 e anterior ao 1 de xaneiro de 2007.
a) Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
b) No caso de que fose obtido no estranxeiro, deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior.
3. Ter realizado estadías de investigación posdoutorais en universidades ou en centros de investigación de fóra de Galicia, distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor, durante un período mínimo de 24 meses despois de ter alcanzado o grao de doutor.
a) No caso de OPI, requirirase que a estadía se levase a cabo nun centro distinto daquel en que se realizou a tese de doutoramento.
b) O devandito requisito de mobilidade non será obrigatorio para aqueles candidatos e candidatas que:
-Cursasen integramente o doutoramento e obtivesen o grao de doutor nunha universidade estranxeira.
-Acrediten fidedignamente un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
4. No caso de solicitantes que estean en posesión de máis dun doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.
5. Non ter sido beneficiario, por un período igual ou superior a nove meses, dun contrato do Programa Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilable como consecuencia de anteriores convocatorias.
6. Non ter en vigor un contrato do Programa Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilable.
Artigo 4º.-Duración das axudas.
1. A duración das axudas do Programa Isidro Parga Pondal será dun máximo de tres anos. Os contratos establecidos ao abeiro das ditas axudas terán a mesma duración máxima e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, que terán que ser entre o 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro do 2012.
2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, as axudas e correspondentes contratos do Programa Isidro Parga Pondal poderán ser obxecto dunha prórroga de un máximo de dous anos de duración, tras a publicación no DOG dunha convocatoria en que se recollan os requisitos e características desta. Os beneficiarios da dita prórroga deberán someterse, no segundo ano, ao proceso de avaliación por comités externos de avaliación para os efectos de obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada para os efectos do Programa Manuel Colmeiro.
Artigo 5º.-Dotación e número das axudas.
1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos seleccionados.
2. A axuda concedida para cada contrato será de 36.000 € por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais.
a) Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta a 36.000 € anuais, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.
b) En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.
3. O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 32, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010, 2011 e 2012 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
As aplicacións orzamentarias sinaladas cun asterisco (*) están cofinanciadas con fondos FSE nunha porcentaxe máxima do 80%.
4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.
5. A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 28 de decembro de 2009.
Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.
Os investigadores presentarán a súa solicitude no modelo normalizado RHS.IPP-09/00 cuxa portada externa se publica como anexo XI a esta orde, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta convocatoria.
Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de prioridade descendente, o código das prazas ás cales opta, entre aquelas que figuran no anexo VIII a esta orde.
Cada solicitante poderá solicitar un máximo de tres prazas, que non poderán corresponder a máis de dúas áreas temáticas ANEP.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países (só no caso de que o interesado non outorgue consentimento expreso para que a Administración verifique os seus datos a partir do número do documento de identificación).
2. Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro acreditativo de ter alcanzado o dito grao e a data da súa obtención. No caso de título de doutor obtido no estranxeiro, fotocopia compulsada da homologación, ou da solicitude de homologación presentada ante o órgano competente.
3. Fotocopia compulsada dos documentos que acrediten fidedignamente, segundo os casos, o cumprimento do requisito de mobilidade establecido no número 3 do artigo 3º deste anexo:
a) Ter cursado integramente e obtido o doutoramento nunha universidade estranxeira.
b) Grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.
c) A realización do mínimo de 24 meses de estadías de investigación en universidades ou centros de investigación de fóra de Galicia distintos a aquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor.
A acreditación da/s estadía/s de investigación farase mediante certificado/s (orixinal ou copia cotexada) do/s centro/s ou institución/s en que se levaron a cabo cada un dos períodos de estadía de investigación. O dito certificado deberá estar debidamente asinado polo responsable do/s dito/s centro/s ou institución/s e nel deberán constar os seguintes datos:
-Centro e institución en que se levou a cabo cada un dos períodos de estadía.
-Data de inicio e finalización do/s período/s de estadía/s, indicando día, mes e ano (dd/mm/aa).
-Breve descrición da/s actividade/s de investigación levadas a cabo no período.
4. Currículo do candidato cuberto nalgún dos modelos normalizados que figuran na páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e da Consellería de Economía e Industria no enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Unha vez cuberta debidamente, deberá enviarse á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria:
a) Unha copia impresa do currículo, debidamente asinada polo interesado.
b) Unha copia do currículo en CD, que deberá coincidir exactamente coa copia impresa.
c) Fotocopia simple das publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc., alegadas no currículo.
d) Documentos xustificativos (orixinal ou copia cotexada) dos méritos alegados no currículo: participación en proxectos de I+D, contratos de I+D, patentes ou modelos de utilidade, etc.
Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.
5. Ademais das declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º da bases xerais, as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable do solicitante de non ter sido beneficiario dun contrato establecido ao abeiro das axudas do Programa Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou doutras homologadas, por un período igual ou superior a nove meses.
b) Declaración responsable do solicitante de non ter en vigor un contrato do Programa Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal ou asimilable.
Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.
Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.
1.-Avaliación: a avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités, que abranguerán unha ou mais áreas ANEP, constituídos por expertos externos e designados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para os efectos da súa avaliación e tendo en conta a/s área/s ANEP, as solicitudes recibidas agruparanse en comités que abranguerán unha ou máis áreas ANEP.
No proceso de avaliación das solicitudes os comités de expertos externos deberán ter en conta as seguintes consideracións:
1ª Puntuar os méritos alegados e debidamente xustificados polos candidatos en cada unha das epígrafes do currículo obxecto da avaliación, dándolles especial relevancia ás contribucións feitas nos últimos tres anos.
2ª Os comités valorarán, ata un máximo de 90 puntos, os seguintes aspectos:
1. Publicacións de carácter científico: máximo 50 puntos.
1.1. Libros (con ISBN): máximo 50 puntos. A avaliación dos libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.
1.2. Capítulos de libro (con ISBN): máximo 10 puntos. A avaliación de capítulos de libros farase tendo en conta a calidade da editorial segundo o seu prestixio nacional ou internacional e o grao de exixencia e rigor científico nos procesos de selección dos traballos publicados.
1.3. Publicacións en revistas científicas: máximo 50 puntos.
-Tipo A (revistas que aparecen no Sciencie Citation Index, no Social Sciences Citation Index (SSCI), no Arts & Humanities Citation Index (AHCI) ou index equivalente no ámbito científico correspondente: máximo 50 puntos.
-Tipo B (revistas de prestixio non catalogadas como tipo A, que empregan un proceso de revisión de artigos, a través de censores externos): máximo 5 puntos.
-Tipo C (revistas de investigación non incluídas nas epígrafes anteriores): máximo 1 punto.
2. Participación en proxectos, contratos de investigación e patentes: máximo 20 puntos.
2.1. Participación en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos: máximo 20 puntos.
-Proxectos europeos ou internacionais: máximo 20 puntos.
-Proxectos nacionais: máximo 10 puntos.
-Proxectos autonómicos: máximo 5 puntos.
2.2. Participación en contratos de investigación: máximo 20 puntos.
-Contratos con empresas: máximo 20 puntos.
-Contratos coa Administración: máximo 5 puntos.
-Informes técnicos e outros: máximo 2,5 puntos.
2.3. Patentes rexistradas ou en explotación: máximo 10 puntos.
-En explotación: máximo 10 puntos.
-Rexistradas: máximo 5 puntos.
3. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 20 puntos.
3.1. Estadías posdoutorais en universidades ou centros de investigación distintos daquela universidade ou institución en que se expediu o seu título de doutor/a: máximo 5 puntos.
-Os comités de expertos só deberán ter en consideración a relevancia científica da/s actividade/s investigadora/s, relacionadas coa área temática e coa área de coñecemento, levada/s a cabo durante os períodos de estadía.
3.2. Relatorios e comunicacións en congresos ou reunións científicas: máximo 2,5 puntos.
-Relatorios en congresos internacionais: máximo 2,5 puntos.
-Relatorios en congresos nacionais: máximo 1,5 puntos.
-Comunicacións en congresos internacionais: máximo 1 punto.
-Comunicacións en congresos nacionais: máximo 0,5 puntos.
3.3. Teses de doutoramento dirixidas: máximo 10 puntos.
-Teses dirixidas: máximo 10 puntos.
-Teses codirixidas: máximo 5 puntos.
3.4. Outros méritos académico-científicos dos candidatos: máximo 2,5 puntos. Valoraranse aqueloutros méritos académico-científicos relacionados coa súa área temática e área de coñecemento, do máximo de 5 méritos desta epígrafe do currículo sinalados polo solicitante.
2.-Selección dos candidatos: realizada a avaliación polos comités de expertos externos, a selección dos candidatos efectuaraa a comisión de selección establecida no artigo 9º das bases xerais desta convocatoria, consonte o baremo seguinte:
1. Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 90 puntos.
2. A avaliación por parte da comisión de selección (máximo 10 puntos):
-Polo compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, o interesado manteña coa Administración autonómica: 1 punto.
-Pola adecuación do currículo do candidato ao perfil de cada unha da/s praza/s solicitada/s segundo o indicado na táboa seguinte: ata un máximo de 9 puntos.
Adecuación Puntuación
Discutible 1
Aceptable 3
Boa 5
Notable 7
Excelente 9
Para a valoración da adecuación do currículo do candidato ao perfil de cada unha da/s praza/s solicitada/s, a comisión de selección poderá contar, se o considera necesario, co asesoramento de expertos externos.
3.-Os solicitantes de axudas de nova adxudicación correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal ordenaranse por orde decrecente de puntos e adxudicaranse as axudas comezando polo candidato e praza de maior puntuación.
4.-A comisión elaborará unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non alcanzaron puntuación suficiente para seren adxudicatarios de axuda pero teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.
5.-A proposta de concesión formulada pola comisión, así como a lista de espera para posibles substitucións, publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación terá só efectos informativos.
Artigo 9º.-Resolución e notificación.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.
Artigo 10º.-Formalización dos contratos e pagamento das axudas.
1. Publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos mediante a formalización de contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
2. Os contratos terán unha duración máxima de tres anos e desenvolveranse nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación.
3. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Isidro Parga Pondal da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e, se é o caso, o seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.
b) Á data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e á duración do contrato.
4. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:
-Un único pagamento do período do ano 2009 logo da xustificación do gasto realizado e unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos, xunto cunha copia compulsada destes. O devandito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.
-Catro pagamentos de periodicidade semestral correspondentes aos anos 2010 e 2011 e un pagamento correspondente ao 1º semestre do ano 2012, logo da xustificación do gasto realizado.
-O pagamento do último período correspondente ao ano 2012, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.
Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.
Estas axudas son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).
Artigo 12º.-Renuncias, substitucións e cambios de destino/praza dos candidatos seleccionados e contratados.
1. A renuncia deberá comunicarse, mediante escrito motivado do candidato seleccionado, dirixido ao director xeral de I+D+i, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza. O candidato seleccionado deberá trasladar copia da antedita comunicación, segundo corresponda:
-Ao vicerreitor ou vicerreitora de investigación, ou cargo equivalente, no caso das universidades.
-Ao director do centro, no caso das institucións non universitarias.
-Ao representante legal no caso dos organismos da Administración beneficiarios.
2. En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda aos solicitantes da lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo dos nove meses a partir da data de resolución destas axudas. O substituto quedará suxeito ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar máis alá da data xeral de finalización indicada para os contratos na correspondente resolución.
3. Os cambios de destino/praza con respecto aos adxudicados a cada investigador seleccionado na resolución de concesión deberán ser autorizados previamente pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Para estes efectos, o adxudicatario deberá solicitar o cambio en escrito motivado dirixido ao director xeral de I+D+i. Para a autorización de cambios terase en conta a relación de prazas ofertadas na convocatoria para cada institución e entidade beneficiaria.
Artigo 13º.-Interrupcións.
O persoal investigador contratado ao abeiro das axudas do Programa Isidro Parga Pondal estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.
Os beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.
Os candidatos seleccionados e contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal teñen as seguintes obrigas:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.
d) Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectará a normativa vixente de incompatibilidades.
Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.
Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal investigador contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Proporcionarlles o apoio necesario e facilitarlles a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.
c) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leve a cabo a súa investigación. Os centros onde se integren os contratos Isidro Parga Pondal estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
d) No caso do persoal investigador contratado ao abeiro do disposto nesta orde que desenvolva a súa actividade nunha universidade, permitirlle prestar, por petición propia, colaboracións complementarias, tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de 120 horas anuais. O departamento implicado documentará debidamente a devandita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.
Anexo IV
Programa Lucas Labrada de axudas ao fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)
Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.
O obxectivo do Programa Lucas Labrada é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, mediante o apoio á formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta convocatoria establece as bases que regulan, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, a concesión de axudas ás universidades do SUG, organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos, destinadas á contratación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i. As ditas axudas teñen como finalidade fortalecer a súa formación e especialización nos organismos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.
1. Poderán ser solicitantes e beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada os centros de I+D que se indican no punto seguinte, que fomenten a contratación de titulados de FP de grao superior, titulados universitarios de só 1º ciclo ou titulados universitarios de 1º e 2º ciclo, mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o persoal seleccionado quedará vinculado ao centro de formación onde desenvolva o seu labor como tecnólogo ou axente de innovación e xestión de proxectos de I+D+i, asumindo ambas as dúas partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
2. Para os efectos das axudas previstas neste anexo, enténdese por centros de I+D:
a) As universidades do SUG, a través dos seus servizos centrais de investigación e dos seus equipos de investigación que na data de publicación da orde de convocatoria estean recoñecidos como tales pola súa universidade e non teñan vixente unha axuda do Programa Lucas Labrada de nova adxudicación correspondente ao ano 2008. Tales grupos deben ter unha composición mínima de 3 doutores, dos cales un deles debe ter vinculación permanente coa universidade.
b) Os organismos públicos de investigación (OPI), a través dos seus equipos de investigación, que deberán cumprir os requisitos sinalados na alínea anterior para os grupos de investigación das universidades.
c) Os entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Cepiga).
d) Os centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia sinalados no artigo 1º.2 das bases xerais desta orde, que a seguir se indican:
* Centros tecnolóxicos (centros xa consolidados):
-Centro Tecnolóxico Aimen.
-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca).
-Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga).
-Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
-Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec).
-Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga).
* Pre-centros tecnolóxicos (centros de recente creación ou en proceso de transformación):
-Centro de Innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía (CIS Galicia).
-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira).
-Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).
-Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).
-Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).
-Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT).
-Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
-Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Galicia (Cetega).
-Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar.
-Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (AGG).
-Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia.
-Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
-Centro Tecnolóxico do Naval de Galicia (Cetenaga).
-Centro Galego do Plástico (CGP).
-Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (Energylab).
-Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia (Ctlacteo).
-Centro Tecnolóxico Téxtil.
e) Os organismos autónomos e outros entes públicos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Os centros de investigación vinculados a institucións sen fin de lucro dependentes das administracións públicas: CHUS, CHUVI, CHUAC, Fundación Cabaleiro Goás, Fundación Rof Codina.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
4. Só será admitida unha solicitude de axuda correspondente ao Programa Lucas Labrada por entidade. No caso das universidades do SUG e as OPI admitirase unha solicitude por grupo de investigación.
Na solicitude deberá propoñerse un máximo de tres candidatos, indicando a orde de prelación entre eles.
Artigo 3º.-Requisitos dos tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D propostos.
1. Os candidatos propostos polas entidades solicitantes das axudas do Programa Lucas Labrada deberán cumprir, con data límite que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
1. Non se exixe requisito de nacionalidade.
2. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos e que este fose alcanzado en data posterior ao 1 de xaneiro de 2007:
a) Título de formación profesional de grao superior.
b) Título universitario de só 1º ciclo.
c) Título universitario de 1º e 2º ciclo.
2.1. O prazo do 1 de xaneiro de 2007 ampliarase ao de 1 de xaneiro de 2006 naqueles casos en que no dito período se acredite fidedignamente algún dos seguintes supostos: baixa maternal, que teñan a cargo menores de tres años, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos e/ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.
2.2. No caso de títulos de formación profesional, universitarios de 1º ciclo e de 1º e 2º ciclo obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar recoñecidos oficialmente.
3. Non ter mantido relación contractual coa entidade solicitante en data anterior ao 1 de xaneiro do ano da convocatoria.
Artigo 4º.-Duración das axudas.
As axudas para fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo ao Programa Lucas Labrada terán unha duración máxima de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración, para desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación.
Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.
1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos propostos. A axuda concedida para cada contrato e ano, incluíndo nese importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais, será a seguinte:
a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1º ciclo: 18.000 €/ano.
b) Titulados/as universitarios superiores: 21.000 €/ano.
As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda.
2. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 deste artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.
En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.
3. O número máximo de contratos de custo máis alto que se poderán financiar é de 40, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010 e 2011 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.
5. A primeira anualidade das axudas concedidas comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 28 de decembro de 2009.
Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.
As entidades e os grupos de investigación autorizados polas universidades do SUG e as OPI que desexen participar nesta convocatoria, presentarán, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta orde, unha única solicitude. Para tal efecto, deberán:
1º Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado RHS.LL-09/00 do cal a portada externa se publica como anexo XII a esta orde, que contén os seguintes puntos:
1. Datos de identificación do solicitante e/ou da entidade solicitante e os relativos á notificación.
2. Datos sobre o perfil e características básicas de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D propostos, indicando a orde de prelación entre eles, así como os datos correspondentes ao centro ou centros a que se incorporarán.
3. No caso de grupos de investigación (modalidade A), certificación do organismo correspondente que acredite a data de publicación desta convocatoria, o cumprimento do requisito establecido no punto 2 a) do artigo 2º deste anexo.
4. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º das bases xerais desta orde.
2º Xunto co formulario de solicitude deberán acompañar a memoria descritiva da entidade solicitante, que inclúe, segundo a modalidade de que se trate, os seguintes puntos:
Modalidade A:
1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios) ou compoñente por méritos investigadores, no caso do CSIC, indicando datos persoais e número de tramos de investigación por membro do grupo.
2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, indicando datos do doutorando, data de lectura e aprobación da tese e director desta.
3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais en que os investigadores do grupo fosen investigadores principais (exclúense os proxectos de infraestruturas e adquisición de material científico), e ingresos acadados.
4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems:
4.1. Contratos con empresas e/ou entidades públicas e ingresos alcanzados durante o período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
4.2. Patentes rexistradas e en explotación no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
Modalidade B:
1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal do centro ou empresa.
2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais en que os investigadores do centro fosen investigadores principais (exclúense os proxectos de infraestruturas, adquisición de material científico), e ingresos acadados.
4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida en función das patentes rexistradas e en explotación no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
3º Ademais, presentarán a seguinte documentación adicional:
A. Documentación adicional relativa á/s persoa/s que se contratarán:
1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países (só no caso de que o interesado non outorgue consentimento expreso para que a administración verifique os seus datos a partir do número do documento de identificación).
2. Fotocopia compulsada do título correspondente (FP, universitario) ou doutro acreditativo de ter alcanzado o dito título e, de ser o caso, de que este está recoñecido oficialmente, e a data da súa obtención. As persoas que se acollan ao suposto establecido no número 2.1 do artigo 3º deste anexo, deberán acreditalo documentalmente.
3. Certificado de vida laboral do candidato/s proposto/s, aínda que resulte negativo en tempo contabilizado, emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social (orixinal ou copia compulsada).
4. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que realizará o tecnólogo/axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, indicando as tarefas que vaia desenvolver este. Deberase xuntar unha memoria por cada un dos candidatos propostos.
5. Acordo de incorporación entre o centro de I+D e os tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos. Deberá xuntarse un acordo de incorporación para cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos.
B. Declaración responsable do representante legal da entidade solicitante de que o candidato ou candidatos propostos non mantiveron relación contractual coa dita entidade en data anterior ao 1 de xaneiro de 2009.
Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e os servizos da dita dirección xeral procederán segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.
Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.
Un. O proceso de avaliación e selección das solicitudes será levada a cabo pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais desta convocatoria. No proceso de avaliación das solicitudes a comisión poderá contar, de consideralo necesario, co apoio de expertos externos. No dito proceso valorará, ata un máximo de 100 puntos, os seguintes aspectos:
A. Memoria descritiva da entidade solicitante, (segundo as modalidades que se indican): ata un máximo de 90 puntos.
1. Modalidade A:
A1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora: máximo 25 puntos.
-Por doutor/a sen sexenios: 0,10 puntos.
-Por membro con 1 sexenio: 0,50 puntos.
-Por membro con 2 sexenios: 1,50 puntos.
-Por membro con = 3 sexenios: 3 puntos.
A2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008: máximo 15 puntos.
-Por tese de doutoramento lida e dirixida: 0,50 puntos.
A3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais, en que os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais (exclúense os proxectos de infraestruturas), e ingresos acadados: máximo 25 puntos.
-Por cada proxecto internacional: 3 puntos.
-Por cada proxecto do plan nacional: 1 punto.
-Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.
A4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 25 puntos):
A4.1. Ingresos acadados, durante o período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, por contratos con empresas e/ou entidades públicas: máximo 25 puntos.
-Por cada tramo de 12.000 € (sen IVE): 0,15 puntos.
A4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.
-En explotación: 3 puntos/patente.
-Rexistradas: 1 punto/patente.
2. Modalidade B:
B1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal do centro: máximo 20 puntos.
-Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 puntos/titulado/a.
-Doutores/as: 1,25 puntos/doutor/a.
B2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008: máximo 35 puntos.
*Ingresos I+D+i mediante financiamento privado: máximo 25 puntos.
-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.
*Ingresos I+D+i mediante financiamento público: máximo 10 puntos.
-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.
B3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais, en que os investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais, (exclúense os proxectos de infraestruturas), e ingresos acadados: máximo 25 puntos.
-Por cada proxecto internacional: 3 puntos.
-Por cada proxecto do plan nacional: 1 punto.
-Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.
B4. Patentes rexistradas ou en explotación: (máximo 10 puntos):
-En explotación: 3 puntos/patente.
-Rexistradas: 1 punto/patente.
B. Outros aspectos: ata un máximo de 10 puntos.
1. Por memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que van realizar o/s tecnólogo/s, axente/s de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro: máximo 7 puntos.
2. Pola presentación da memoria e documentación en galego: 2 puntos.
3. Polo compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, o interesado manteña coa Administración autonómica: 1 punto.
Dous. As solicitudes de axudas ordenaranse por orde decrecente de puntuación e adxudicaranse as axudas, comezando pola de maior puntuación. A comisión poderá acordar a adxudicación dun número mínimo e máximo de axudas para cada centro de I+D solicitante. Para adxudicación do resto das axudas seguirase a orde decrecente de puntuación ata esgotar as previsións orzamentarias destinadas ao Programa Lucas Labrada.
Tres. A comisión, en previsión de posibles renuncias e/ou substitucións, poderá elaborar unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, en que figurarán as solicitudes que non sendo adxudicatarias de axuda acadaron a puntuación mínima establecida pola comisión de selección.
Catro. A proposta de concesión formulada pola comisión, así como a lista de espera para posibles substitucións, publicarase na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. Esta publicación terá só efectos informativos.
Artigo 9º.-Resolución e notificación.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.
Artigo 10º.-Pagamento das axudas.
1. Publicada a resolución no DOG, no prazo de 15 días hábiles desde a súa data de publicación, as institucións e entidades beneficiarias deberán remitir á Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria certificación da incorporación do candidato ou candidatos propostos, xunto coa correspondente copia cotexada do contrato laboral dos candidatos propostos para os seus organismos, debidamente asinada por ambas as dúas partes.
2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Lucas Labrada da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, o seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.
b) Á data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.
3. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:
-Un único pagamento do período do ano 2009 logo da xustificación do gasto realizado e unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos, xunto cunha copia cotexada destes. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.
-Dous pagamentos de periodicidade semestral correspondentes ao ano 2010 e outro correspondente ao 1º semestre do ano 2011, logo de xustificación do gasto realizado.
-O pagamento do último período correspondente ao ano 2011, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.
Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.
Os contratos realizados ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou o aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación; así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).
Artigo 12º.-Renuncias e substitucións do persoal contratado.
1. No caso de que a persoa contratada ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada cese na súa vinculación laboral nos termos especificados na resolución de concesión da axuda, a entidade beneficiaria poderá solicitar diante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e de maneira xustificada, a incorporación dun novo candidato ou candidata, nas seguintes condicións:
a) O candidato ou candidata proposto/a deberá cumprir o requisito de ter igual ou inferior nivel de titulación (sempre dentro dos límites fixados no artigo 3º deste anexo) que o candidato seleccionado inicialmente. Para principiar o proceso de substitución, haberá que acudir, en primeiro lugar, á lista de candidatos propostos citada no artigo 2º.4 deste anexo, e propoñer aos candidatos respectando á orde de prelación establecida (sempre que estes teñan unha titulación de igual nivel ou inferior permitida ao candidato a substituír e non fosen excluídos do procedemento).
No caso de que algún dos candidatos da antedita lista renuncien á axuda, deberán comunicalo por escrito e, de non quedar candidatos na lista, poderase acudir a novos candidatos cunha titulación igual ou inferior ao tecnólogo/axente de innovación e xestión de proxectos de I+D+i que se vai substituír e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3º na data límite sinalada no artigo 3º das bases xerais desta orde.
b) O período de tempo transcorrido desde a baixa da persoa contratada inicialmente e a alta da segunda non poderá exceder dun mes.
c) No caso de aceptación do novo candidato ou candidata por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, o novo contrato deberá presentarse no prazo dun mes desde a baixa da persoa contratada inicialmente. Transcorrido o prazo sinalado sen que se presentase o novo contrato procederase á cancelación da axuda pendente de execución.
2. A substitución da persoa contratada inicialmente non implicará unha modificación da duración, contía e condicións iniciais da axuda.
Artigo 13º.-Interrupcións.
O persoal contratado ao abeiro das axudas do Programa Lucas Labrada estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.
Os candidatos e candidatas contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos á da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.
Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Lucas Labrada teñen as seguintes obrigas:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo a condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.
Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.
Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Formalizar ou ter formalizado un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración, como mínimo, igual á do período para o que se concede a axuda establecido na resolución de concesión.
c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.
d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos Lucas Labrada estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Anexo V
Programa Isabel Barreto de axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (nova adxudicación)
Artigo 1º.-Obxectivo e finalidade.
O obxectivo do Programa Isabel Barreto é fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D de Galicia, mediante o apoio á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, a concesión de axudas ás universidades do SUG, organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos, destinadas á incorporación neles de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i coa finalidade de fortalecer a capacidade investigadora dos centros de I+D.
Artigo 2º.-Beneficiarios e modalidade das axudas.
1. Poderán ser solicitantes e beneficiarios das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto os centros de I+D que se indican no punto seguinte, que fomenten a contratación de titulados de FP de grao superior, titulados universitarios de só 1º ciclo, titulados universitarios de 1º e 2º ciclo, e doutores, mediante un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o persoal seleccionado quedará vinculado ao centro de formación onde desenvolva o seu labor como tecnólogo ou axente de innovación e xestión de proxectos de I+D+i, asumindo ambas as dúas partes as obrigas contractuais que deriven del, e que en todo caso se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
2. Para os efectos das axudas previstas neste anexo, enténdese por centros de I+D:
a) Ás universidades do SUG, a traves dos seus servizos centrais de investigación e dos seus equipos de investigación que na data de publicación da orde de convocatoria estean recoñecidos como tales pola súa universidade e non teñan vixente unha axuda do Programa Isabel Barreto de nova adxudicación correspondente ao ano 2008 ou teñan solicitada unha prórroga correspondente á adxudicación do ano 2007. Tales grupos deben ter unha composición mínima de tres doutores, dos cales un deles debe ter vinculación permanente coa universidade.
b) Os organismos públicos de investigación (OPI), a través dos seus equipos de investigación, que deberán cumprir os requisitos sinalados na alínea anterior para os grupos de investigación das universidades.
c) Os entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Cepiga).
d) Os centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia sinalados no artigo 1º.2 das bases xerais desta orde, que a seguir se indican:
-Centros tecnolóxicos (centros xa consolidados):
-Centro Tecnolóxico Aimen.
-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca).
-Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga).
-Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
-Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (Cetpec).
-Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (Cetga).
*Pre-centros tecnolóxicos (centros de recente creación ou en proceso de transformación):
-Centro de Innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía (CIS Galicia).
-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira).
-Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).
-Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).
-Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC).
-Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT).
-Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
-Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Galicia (Cetega).
-Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar.
-Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (AGG).
-Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia.
-Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
-Centro Tecnolóxico do Naval de Galicia (Cetenaga).
-Centro Galego do Plástico (CGP).
-Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (Energylab).
-Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia (Ctlacteo).
-Centro Tecnolóxico Téxtil.
e) Os organismos autónomos e outros entes públicos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Os centros de investigación vinculados a institucións sen fin de lucro dependentes das administracións públicas: CHUS, CHUVI, CHUAC, Fundación Cabaleiro Goás, Fundación Rof Codina.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
4. Só será admitida unha solicitude de axuda correspondentes ao Programa Isabel Barreto por entidade. No caso das universidades do SUG e as OPI admitirase unha solicitude por grupo de investigación.
Na solicitude deberá propoñerse un máximo de tres candidatos, indicando a orde de prelación entre eles.
Artigo 3º.-Requisitos dos tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D.
1. Os candidatos propostos polas entidades solicitantes para a obtención dalgunha das axudas do Programa Isabel Barreto deberán cumprir, coa data límite que coincida coa finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
1. Non se exixe requisito de nacionalidade.
2. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos, e que este fose alcanzado en data anterior ao 1 de xaneiro de 2007 (agás os beneficiarios do programa Lucas Labrada, adxudicación 2007):
a) Título de formación profesional de grao superior.
b) Título universitario de só 1º ciclo.
c) Título universitario de 1º e 2º ciclo.
d) Título de doutor.
2.1. No caso do título de doutor, entenderase como data de obtención do título de doutor, a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
2.2. No caso de que o título de doutor/a fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado segundo o establecido no Real decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior.
2.3. No caso de títulos de formación profesional, universitarios de 1º ciclo e de 1º e 2º ciclo obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar recoñecidos oficialmente.
2.4. Para os tecnólogos que teñan vixente un contrato do programa Lucas Labrada, adxudicación do ano 2007, aceptarase, para efectos de titulación, que a data do título non sexa posterior ao día 14 de setembro de 2007.
3. Contar cunha experiencia profesional mínima de 24 meses de duración como tecnólogo/a, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D. A devandita experiencia acreditarase mediante certificado de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social (orixinal ou copia cotexada) e deberá ir acompañado do certificado de empresa ou copia cotexada dos contratos de traballo, onde se indique a categoría desempeñada.
Para os efectos de experiencia profesional mínima, aceptarase a acadada polos tecnólogos que teñan vixente un contrato do programa Lucas Labrada, adxudicación do ano 2007, cunha antigüidade superior a 12 meses.
4. A experiencia laboral obtida fóra do Estado español acreditarase mediante certificación da autoridade laboral do país de orixe e os respectivos contratos. Esta documentación deberá ser entregada legalizada pola embaixada correspondente ou mediante tradución xurada.
Artigo 4º.-Duración das axudas.
1. As axudas para o fomento da formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i concedidas con cargo ao Programa Isabel Barreto terán unha duración máxima de dous anos. Os contratos establecidos ao abeiro das devanditas axudas terán a mesma duración, para desenvolver nas datas que se indiquen na correspondente resolución de adxudicación, e que terán que ser entre o 28 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2011.
2. Sempre que as disposicións legais e orzamentarias así o permitan, as axudas e contratos correspondentes ao Programa Isabel Barreto poderán ser obxecto de prórroga tras a publicación no DOG dunha convocatoria na cal se recollan os requisitos e as características desta.
Artigo 5º.-Dotación, número e financiamento das axudas.
1. As axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos dos candidatos propostos. A axuda concedida para cada contrato e ano, incluíndo nese importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais, será a seguinte:
a) Titulados/as de formación profesional de grao superior e universitarios de só 1º ciclo: 24.000 €/ano.
b) Titulados/as universitarios superiores: 31.000 €/ano.
c) Doutores/as: 36.000 €/ano.
As contías indicadas serán iguais para todas as anualidades da axuda.
2. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía bruta superior ás indicadas no punto 1 deste artigo, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos, ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.
En ningún caso serán exixibles á Consellería de Economía e Industria outras obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.
3. O número máximo de contratos de custo máis alto que poderán financiarse é de 41, que serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2009, 2010 e 2011 que a seguir se indican, e de acordo coa seguinte distribución:
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
4. As entidades beneficiarias serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos.
5. A primeira anualidade das axudas comezará a computarse na/s data/s que se indique/n na resolución desta convocatoria, que non será anterior ao 28 de decembro de 2009.
Artigo 6º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.
Os centros de I+D e os grupos de investigación autorizados polas universidades do SUG e as OPI que desexen participar nesta convocatoria presentarán, no prazo e forma establecidos nos artigos 2º e 3º das bases xerais desta convocatoria, unha única solicitude correspondente ao Programa Isabel Barreto. Para tal efecto, deberán:
1º Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo normalizado RHS.IB-09/00 do cal a portada externa se publica como anexo XIII a esta orde, que contén os seguintes puntos:
1. Datos de identificación do solicitante e/ou da entidade solicitante e os relativos á notificación.
2. Datos sobre o perfil e características básicas de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou de xestión de proxectos de I+D que se contratarán, indicando os datos correspondentes ao centro ou centros a que se incorporarán, así como a orde de prelación entre os candidatos propostos.
3. No caso de grupos de investigación (modalidade A), certificación do organismo correspondente que acredite a data de publicación desta convocatoria, o cumprimento do requisito establecido no número 2.a) do artigo 2º deste anexo.
4. As declaracións indicadas de xeito xeral no punto 3 do artigo 2º das bases xerais desta orde.
2º Xunto co formulario de solicitude deberán acompañar a memoria descritiva da entidade solicitante, que inclúe, segundo a modalidade de que se trate, os seguintes puntos:
Modalidade A:
1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora (sexenios) ou compoñente por méritos investigadores, no caso do CSIC, indicando datos persoais e número de tramos de investigación por doutor/a.
2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, indicando datos do doutorando, data de lectura e aprobación da tese e director dela.
3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais en que os investigadores do grupo fosen investigadores principais (exclúense os proxectos de infraestruturas e adquisición de material científico) e ingresos acadados.
4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems:
4.1. Contratos con empresas e/ou entidades públicas e ingresos acadados no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
4.2. Patentes rexistradas e en explotación no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
Modalidade B:
1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir do número e tipo de titulados en relación co cadro de persoal do centro.
2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período de referencia, en convocatorias da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais en que os investigadores do centro fosen investigadores principais (exclúense os proxectos de infraestruturas e adquisición de material científico) e ingresos alcanzados.
4. Capacidade de transferencia en I+D+i: medida en función das patentes rexistradas e en explotación no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008.
3º Ademais, presentarán a seguinte documentación adicional:
A. Documentación adicional relativa á persoa que se vai contratar:
1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de nacionais doutros países (só no caso de que o interesado non outorgue consentimento expreso para que a Administración verifique os seus datos a partir do número do documento de identificación).
2. Fotocopia compulsada do título correspondente (FP, universitario ou de doutor/a) ou doutro acreditativo de ter alcanzado o dito título e, de ser o caso, de que este está recoñecido oficialmente ou homologado, e a data da súa obtención.
3. Certificado de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, ademais, certificado de empresa ou copia dos contratos de traballo (onde se indique a categoría desempeñada). Deberán enviarse orixinais ou copias compulsadas.
4. Memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que realizará o tecnólogo/axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro, indicando as tarefas que desenvolva este. Deberase xuntar unha memoria por cada un dos candidatos propostos.
5. Acordo de incorporación entre o centro de I+D e o/s tecnólogo/s, axente/s de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos. Deberá xuntarse un acordo de incorporación para cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i propostos.
Artigo 7º.-Instrución do procedemento e tramitación.
A instrución do procedemento de concesión destas axudas, correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, procedendo por parte dos servizos da dita dirección xeral segundo o establecido no artigo 8º (instrución do/s procedemento/s e tramitación) das bases xerais desta convocatoria.
Artigo 8º.-Avaliación e selección das solicitudes.
Un. O proceso de avaliación e selección das solicitudes será levada a cabo pola comisión de selección indicada no artigo 9º (avaliación e selección das solicitudes) das bases xerais desta convocatoria. No proceso de avaliación das solicitudes a comisión poderá contar, de consideralo necesario, co apoio de expertos externos. No dito proceso valorará, ata un máximo de 100 puntos, os seguintes aspectos:
A. Memoria descritiva da entidade solicitante, (segundo as modalidades que se indican): ata un máximo de 90 puntos.
1. Modalidade A:
A1. Produtividade científica: medida a partir do número de doutores/as e tramos de produtividade investigadora: máximo 25 puntos.
-Por doutor/a sen sexenios: 0,10 puntos.
-Por membro con 1 sexenio/quinquenio: 0,50 puntos.
-Por membro con 2 sexenios/quinquenios: 1,50 puntos.
-Por membro con = 3 sexenios/quinquenios: 3 puntos.
A2. Capacidade de formación: medida a partir do número de teses de doutoramento dirixidas e lidas no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008: máximo 15 puntos.
-Por tese de doutoramento lida e dirixida: 0,50 puntos.
A3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais, en que os/as investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais (exclúense os proxectos de infraestruturas), e ingresos alcanzados: máximo 25 puntos.
-Por cada proxecto internacional: 3 puntos.
-Por cada proxecto do plan nacional: 1 punto.
-Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.
A4. Capacidade de transferencia de tecnoloxía: medida a partir dos seguintes ítems (máximo 25 puntos):
A4.1. Ingresos alcanzados durante o período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, por contratos con empresas e/ou entidades públicas: máximo 25 puntos.
-Por cada tramo de 12.000 € (sen IVE): 0,15 puntos.
A4.2. Patentes rexistradas e/ou en explotación: máximo 10 puntos.
-En explotación: 3 puntos/patente.
-Rexistradas: 1 punto/patente.
2. Modalidade B:
B1. Capacidade de recursos humanos propios: medida a partir dos seguintes indicadores en relación co cadro de persoal do centro: máximo 20 puntos.
-Titulados universitarios superiores (licenciados ou equivalentes): 0,50 puntos/ titulado/a.
-Doutores/as: 1,25 puntos/doutor/a.
B2. Capacidade de captación de recursos económicos en I+D+i: medida a partir dos ingresos por I+D+i no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008: máximo 35 puntos.
*Ingresos I+D+i mediante financiamento privado: máximo 25 puntos.
-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.
*Ingresos I+D+i mediante financiamento público: máximo 10 puntos.
-Por cada tramo de 250.000 €: 0,25 puntos.
B3. Recoñecemento da actividade científica: medida a partir da relación de proxectos de investigación concedidos no período do 1-1-2003 ao 31-12-2008, en convocatorias públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nacionais e/ou internacionais, en que os/as investigadores/as do grupo fosen investigadores/as principais (exclúense os proxectos de infraestruturas), e ingresos acadados: máximo 25 puntos.
-Por cada proxecto internacional: 3 puntos.
-Por cada proxecto do plan nacional: 1 punto.
-Por cada proxecto do PGIDIT-Incite: 0,5 puntos.
B4. Patentes rexistradas ou en explotación: máximo 10 puntos.
-En explotación: 3 puntos/patente.
-Rexistradas: 1 punto/patente.
B. Outros aspectos: ata un máximo de 10 puntos.
1. Por memoria (mínimo 1 folio e máximo 3) da actividade que van realizar o/s tecnólogo/s, axente/s de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do centro: máximo 7 puntos.
2. Pola presentación da memoria e documentación en galego: 2 puntos.
3. Polo compromiso do solicitante, mediante declaración persoal, de utilización da lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, o interesado manteña coa Administración autonómica: 1 punto.
Dous. As solicitudes de axudas ordenaranse por orde decrecente de puntos e adxudicaranse as axudas, comezando pola de maior puntuación. A comisión poderá acordar a adxudicación dun número mínimo e máximo de axudas para cada entidade de I+D solicitante. Para a adxudicación do resto das axudas seguirase a orde decrecente de puntuación ata esgotar as previsións orzamentarias destinadas ao Programa Isabel Barreto.
Tres. A comisión, en previsión de posibles renuncias e/ou substitucións, poderá elaborar unha lista de espera por orde decrecente de puntuación, na cal figurarán as solicitudes que, non sendo adxudicatarias de axuda, alcanzaron a puntuación mínima establecida pola comisión de selección.
Catro. A proposta de concesión formulada pola comisión, así como a lista de espera para posibles substitucións publicarase na internet, na epígrafe axudas do enderezo http://economiaeindustria.xunta.es. A dita publicación terá só efectos informativos.
Artigo 9º.-Resolución e notificación.
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación elevará a proposta de resolución formulada pola comisión de selección ao conselleiro de Economía e Industria para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG, segundo o indicado no artigo 10º das bases xerais desta orde.
Artigo 10º.-Pagamento das axudas.
1. Publicada a resolución no DOG, no prazo de 15 días hábiles desde a data da súa publicación, as institucións e entidades beneficiarias deberán remitir á Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria certificación da incorporación do candidato ou candidatos, xunto coa correspondente copia compulsada do contrato laboral dos candidatos propostos para os seus organismos, debidamente asinada por ambas as dúas partes.
2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:
a) Ao seu financiamento con cargo ao Programa Isabel Barreto da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.
b) Data de incorporación efectiva do beneficiario ao seu posto de traballo.
c) Á retribución bruta anual, lugar de prestación de servizos do beneficiario e a duración do contrato.
3. O pagamento das axudas pola Consellería de Economía e Industria ás institucións ou entidades beneficiarias levarase a cabo do modo seguinte:
-Un único pagamento do período do ano 2009 logo da xustificación do gasto realizado e unha vez que as institucións ou entidades beneficiarias certifiquen a sinatura dos contratos, xunto cunha copia cotexada deles. O dito período empezará a computarse na data de sinatura do/s correspondente/s contrato/s.
-Dous pagamentos de periodicidade semestral, correspondentes ao ano 2010 e outro correspondente ao 1º semestre do ano 2011, logo de xustificación do gasto realizado.
-O pagamento do último período correspondente ao ano 2011, ata a finalización da actividade, quedará pendente, ademais da xustificación do gasto realizado, da achega da declaración complementaria de axudas indicada na alínea d) do artigo 13º (obrigas dos beneficiarios) das bases xerais desta orde.
Artigo 11º.-Condicións de aproveitamento.
Os contratos realizados ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto son incompatibles coa realización doutro traballo remunerado ou co aproveitamento doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, agás co aproveitamento daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das seguintes accións formativas: asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación, así como, cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).
Artigo 12º.-Renuncias e substitucións do persoal contratado.
1. No caso de que a persoa contratada ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto cese na súa vinculación laboral nos termos especificados na resolución de concesión da axuda, a entidade beneficiaria poderá solicitar diante da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e de maneira xustificada, a incorporación dun novo candidato ou candidata, nas seguintes condicións:
a) O candidato ou candidata proposto/a deberá cumprir o requisito de ter igual ou inferior nivel de titulación (sempre dentro dos límites fixados no artigo 3º deste anexo) que o candidato seleccionado inicialmente. Para principiar o proceso de substitución, haberá que acudir, en primeiro lugar, á lista de candidatos propostos citada no artigo 2º.4 deste anexo, e propoñer aos candidatos respectando a orde de prelación establecida (sempre que estes teñan unha titulación de igual nivel ou inferior permitida ao candidato a substituír e non fosen excluídos do procedemento).
No caso de que algún dos candidatos da antedita lista renuncien á axuda, deberán comunicalo por escrito e, de non quedar candidatos na lista, poderase acudir a novos candidatos cunha titulación igual ou inferior ao tecnólogo/axente de innovación e xestión de proxectos de I+D+i que se vai substituír e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3º na data límite sinalada no artigo 3º das bases xerais desta orde.
b) O período de tempo transcorrido desde a baixa da persoa contratada inicialmente e a alta da segunda non poderá exceder dun mes.
c) No caso de aceptación do novo candidato ou candidata por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, o novo contrato deberá presentarse no prazo dun mes desde a baixa da persoa contratada inicialmente. Transcorrido o prazo sinalado sen que se presentase o novo contrato, procederase á cancelación da axuda pendente de execución.
2. A substitución da persoa contratada inicialmente non implicará unha modificación da duración, contía e condicións iniciais da axuda.
Artigo 13º.-Interrupcións.
O persoal contratado ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto estará suxeito ao establecido na lexislación vixente. Calquera interrupción dos seus contratos debe ser previamente comunicada e autorizada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Artigo 14º.-Dereitos dos candidatos contratados.
Os candidatos e candidatas contratados/as ao abeiro das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto teñen dereito a percibir a axuda económica correspondente, a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral e os relativos aos da Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen co organismo, centro ou entidade de adscrición, así como a gozar dos dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Artigo 15º.-Obrigas dos candidatos contratados.
Os candidatos contratados mediante as axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto teñen as seguintes obrigas:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento do organismo ou institución en que desenvolva as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia, agás durante os períodos de formación a que expresamente se lles autorice.
Artigo 16º.-Obrigas dos organismos ou entidades de acollida.
Son obrigas xerais do organismo, centro ou institución de adscrición do persoal contratado ao abeiro das axudas deste anexo, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:
a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
b) Formalizar ou ter formalizado un contrato de traballo co candidato seleccionado, cunha duración, como mínimo, igual á do período para o que se concede a axuda establecido na resolución de concesión.
c) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.
d) Permitir a súa integración nos departamentos, institutos e organismos públicos ou privados en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren os contratos Isabel Barreto estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.
Ver referencia pdf "18900D004P012.PDF"
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es