Diario Oficial de Galicia
luns, 9 de novembro de 2009
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
219
Páxina do Dog:17.358
Data da Disposición:2 de novembro de 2009
Sección:III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango:
Resolución
Título:
Resolución do 2 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 27 de maio de 2009, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.
Resolución do 2 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 27 de maio de 2009, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.
Con data do 2 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 2 de xuño) publicouse a Resolución do 27 de maio de 2009 pola que regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009.
No artigo 14.9º da resolución citada establecíase que os beneficiarios deberán presentar, en data límite do 16 de novembro de 2009, a xustificación e entrega da totalidade da documentación xustificativa das subvencións concedidas.
Por causas sobrevidas, esencialmente debidas ás reorganizacións administrativas internas e en atención ao importante número de solicitudes presentadas, produciuse un significativo atraso na resolución dos expedientes de subvencións, de tal forma que o prazo establecido para a xustificación da realización das accións subvencionadas resulta de difícil cumprimento por parte dos beneficarios. Con base no exposto, considérase necesario para facer viable o proceso de xestión e garantir a maior eficacia posible da convocatoria de subvencións, e toda vez que non causa prexuízos a terceiros, en aplicación do artigo 45 do Regulamento da Lei galega de subvencións (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro) proceder á ampliación do dito prazo.
En virtude do exposto e vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Ampliación do prazo.
Modifícase o artigo 14.9º da Resolución do 27 de maio de 2009 pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2009, e procédese a súa convocatoria, que queda co seguinte teor literal:
«O prazo de xustificación e entrega da totalidade da documentación será ata o 30 de novembro de 2009, excepto no suposto de prazas de aloxamento, en que o prazo de xustificación e entrega da documentación, no que respecta a estas, será ata o 1 de decembro de 2009».
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2009.
J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es