Diario Oficial de Galicia
venres, 7 de maio de 2010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

86


Páxina do Dog:

8.125


Data da Disposición:

30 de abril de 2010


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:

Orde


Título:

Orde do 30 de abril de 2010 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.



Orde do 30 de abril de 2010 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Por orde da Consellería do Medio Rural, do 23 de decembro de 2009, aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisional.


En reunión do Pleno do Consello Regulador do 12 de marzo de 2010, aceptouse a renuncia, por motivos persoais, de Enrique Costas Rodríguez como vogal dese consello regulador, así como a súa substitución por Marcos Cid Cid.


Na súa virtude, por proposta do Pleno do Consello Regulador, tendo en conta as consideracións expostas e o disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,


DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 2 da Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, que queda redactado da seguinte maneira:


«Artigo 2º.-Nomeamento do Consello Regulador provisional.

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.


Queda formado polos membros seguintes:

-Presidente: José Luis Dadín Rivadas.

-Vogais polo sector produtor:

Begoña Gaute Verdes.

Adalia Fraga Fraga.

Secundino Oural Sanjurjo.

Alejandro Dafonte Liste.

Mª Teresa Santamarina Alonso.

-Vogais polo sector de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:

Javier Alvela Edreira.

José Manuel Fraga Prieto.

Álvaro Lis Fernández.

Lorena López Rocha.

Santiago Galego Castro.

-Vogais polo sector das industrias de procesamento:

Divina Castelo Rey.

Verónica Núñez López.

Marcos Cid Cid.

José Posada González.

Guillermo Díez Iglesias».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Santiago de Compostela, 30 de abril de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural


[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es