Diario Oficial de Galicia
luns, 25 de outubro de 2010
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
205
Páxina do Dog:17.629
Data da Disposición:19 de outubro de 2010
Sección:III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango:
Orde
Título:
Orde do 19 de outubro de 2010 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.
Orde do 19 de outubro de 2010 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.
Por orde da Consellería do Medio Rural, do 23 de decembro de 2009, aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e nomeouse o Consello Regulador provisional.
En reunión do Pleno do Consello Regulador do 16 de xuño de 2010, aceptouse a renuncia, por motivos persoais, de Mª Teresa Santamarina Alonso como vogal dese Consello Regulador, así como a súa substitución por Soledad Agra Fernández.
Na súa virtude, por proposta do Pleno do Consello Regulador, tendo en conta as consideracións expostas e o disposto no artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,
DISPOÑO:
Artigo único.-Modifícase o artigo 2 da Orde do 23 de decembro de 2009, da Consellería do Medio Rural, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador provisional, que queda redactado da seguinte maneira:
«Artigo 2º.-Nomeamento do Consello Regulador provisional.
Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.
Queda formado polos membros seguintes:
Presidente: José Luis Dadín Rivadas.
Vogais polo sector produtor:
-Begoña Gaute Verdes.
-Adalia Fraga Fraga.
-Secundino Oural Sanjurjo.
-Alejandro Dafonte Liste.
-Soledad Agra Fernández.
Vogais polo sector de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco:
-Javier Alvela Edreira.
-José Manuel Fraga Prieto.
-Álvaro Lis Fernández.
-Lorena López Rocha.
-Santiago Galego Castro.
Vogais polo sector das industrias de procesamento:
-Divina Castelo Rey.
-Verónica Núñez López.
-Marcos Cid Cid.
-José Posada González.
-Guillermo Díez Iglesias».
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2010.
Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es