Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se clasifica de interese docente a Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales de A Coruña.
Orde do 5 de xullo de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Refuxio de Animais.
Resolución do 3 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2006.
Resolución do 3 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2006.
Orde do 30 de xuño de 2006 pola que se anuncia convocatoria pública de axudas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.
Orde do 5 de xullo de 2006 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de actividades formativas de inglés, francés e alemán para o curso 2006-2007 destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios.
Corrección de erros.-Orde do 29 de maio de 2006 pola que se convocan axudas a entidades de interese colectivo de ámbito provincial ou autonómico para o exercicio 2006.
Orde do 30 de maio de 2006 pola que se declara de interese galego a Fundación Mundonatura e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.
Resolución do 4 de xullo de 2006, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se autorizan e publican seis acordos adoptados pola comisión central de seguimento do pacto de selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia número 104, do 1 de xuño de 2004) en reunións mantidas o 16 de novembro de 2005; o 27 de xaneiro e o 4 de abril de 2006.© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es