Xunta de Galicia

Transparencia

A PRESIDENCIA  

Transparencia

Unha vez que entrou en vigor a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na administración pública galega, a Presidencia procede a publicar a través da internet, medio ao que cada vez acceden máis cidadáns e que en si mesmo é unha prioridade da administración, toda a información relacionada coa actividade administrativa no sentido que a propia lei establece.

É importante sinalar que, en xeral, os contidos publicados nestas páxinas son soamente informativos e orientados ao cumprimento dos obxectivos de transparencia. Por iso, para ter acceso aos servizos de xestión asociados, deberán seguirse as indicacións que en cada caso se sinalan.