Constitúen actividades propias dos rexistros:
- A recepción de solicitudes, escritos e comunicacións presentadas polos/as cidadáns/ás, así como dos documentos que os acompañen dirixidos ás administracións públicas.
- A expedición de recibos de presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
- A anotación de asentos de entrada e saída das solicitudes, escritos e comunicacións.
- A remisión de solicitudes, escritos e comunicacións aos órganos, servizos ou unidades destinatarias.
- A emisión de certificacións das solicitudes, escritos e comunicacións que se presentasen.
- Calquera outra que se lle atribúa legal ou regulamentariamente.