Buscador avanzado

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 88 novas da área temática Benestar :
A Xunta súmase á campaña das Nacións Unidas para alcanzar os obxectivos do milenio e erradicar a pobreza extrema

09/02/10 | 14:45  | Consellería de Traballo e Benestar

A Xunta súmase á campaña das Nacións Unidas para alcanzar os obxectivos do milenio e erradicar a pobreza extrema

O Goberno galego comprometeuse a traballar e difundir os Obxectivos do Milenio (ODM) co fin de acadalos e erradicar así a pobreza extrema no mundo antes de 2015

Trátase dun labor transversal que se levará a cabo no seo da comisión interdepartamental de cooperación ao desenvolvemento

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe unha xuntanza entre responsables da Administración autonómica e os encargados desta iniciativa en España

08/02/10 | 14:47  | Consellería de Traballo e Benestar

Máis de 250 mozos e mozas xa se inscribiron para participar no voluntariado do Xacobeo

Ao redor de 120 voluntarios apuntáronse para tomar parte no voluntariado local desde que se abrira o prazo o pasado 15 de xaneiro

A cifra complétase cos 30 voluntarios europeos e cos 100 mozos e mozas que constituirán o voluntariado sanitario

07/02/10 | 10:05  | Consellería de Traballo e Benestar

A Xunta pon en marcha o primeiro simulador forestal de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar adquiriu este sistema de última xeración para ofertar unha formación especializada tanto aos futuros operarios forestais como aos traballadores xa incorporados ao mercado laboral e aos interesados no manexo deste tipo de máquinas

O emprego destes equipos na formación é habitual en países como Finlandia, Canadá ou Suecia
 

Os orzamentos do Consorcio para 2010 permitirán a posta en funcionamento de 19 novas escolas infantís e de 20 centros de atención a persoas maiores

05/02/10 | 14:28  | Consellería de Traballo e Benestar

Os orzamentos do Consorcio para 2010 permitirán a posta en funcionamento de 19 novas escolas infantís e de 20 centros de atención a persoas maiores

As contas do 2010, que destinarán ao redor de 30 millóns a novos equipamentos, foron aprobadas hoxe na Asemblea Xeral desta entidade

O proxecto de orzamentos partía dun déficit de 4 millóns de euros

Este ano aforraranse máis de 1,2 millóns de euros en conceptos como publicidade, actos lúdicos e recreativos, atencións protocolarias, reunións e conferencias ou comunicacións telefónicas

Sobre o exercicio 2009, un avance da auditoría do Consorcio apunta a existencia de facturas con conceptos sen aclarar por valor dun millón de euros e de facturas sen localizar por valor doutro medio millón

Mato trasládalle ao Valedor do Pobo os aspectos salientables do Decreto da Dependencia que axilizará a tramitación da Lei en Galicia

05/02/10 | 12:44  | Consellería de Traballo e Benestar

Mato trasládalle ao Valedor do Pobo os aspectos salientables do Decreto da Dependencia que axilizará a tramitación da Lei en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar expuxo a Benigno López a importancia da nova norma, xa que destacou que permitirá acadar unha tramitación máis áxil e eficaz

O Valedor do Pobo resaltou que o documento recolle boa parte das demandas que viña facendo desde hai anos a institución que preside

Feijóo destaca que a Xunta reducirá en dous terzos a tramitación dos expedientes da Lei de dependencia, da que xa se beneficia un 70% máis de cidadáns que en abril de 2009

04/02/10 | 16:40  | Presidencia

Feijóo destaca que a Xunta reducirá en dous terzos a tramitación dos expedientes da Lei de dependencia, da que xa se beneficia un 70% máis de cidadáns que en abril de 2009

Salienta que a nova regulación da Lei de dependencia reforza a aposta polas políticas sociais do Goberno galego e permite compatibilizar “a atención ás persoas máis castigadas cun uso racional dos recursos públicos”

Remarca que na actualidade perciben as prestacións de máis de 24.000 dependentes e, en concreto 19.600 grandes dependentes, un 20% máis dos 16.500 comprometidos para o final de 2009

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegura que se trata dunha regulación pioneira que sitúa Galicia por diante do que exixe a propia lei estatal
 

03/02/10 | 18:14  | Consellería de Traballo e Benestar

O Consello da Xunta aprobará mañá o decreto de Dependencia que recoñece o dereito á prestación dos solicitantes falecidos

O obxectivo do novo decreto é optimizar os recursos, mellorar a calidade e axilizar todo o proceso de tramitación da Lei

O Plan de choque fronte á crise beneficiou a máis de 30.000 traballadores e consolidou 24.800 empregos

03/02/10 | 13:17  | Consellería de Traballo e Benestar

O Plan de choque fronte á crise beneficiou a máis de 30.000 traballadores e consolidou 24.800 empregos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa o balance do Plan de medidas urxentes fronte á crise, posto en marcha polo Goberno galego no pasado mes de xullo

Este plan –no que se implicou toda a Administración autonómica- mobilizou preto de 1.200 millóns de euros procedentes da reorientación doutras partidas e do plan de austeridade

O proxecto artellouse ao redor de catro liñas de actuación: fomento do emprego, fomento da produtividade e do tecido industrial, apoio ás familias e outras medidas sociais e operacións de financiamento e avais

01/02/10 | 17:52  | Consellería de Traballo e Benestar

Benestar construirá unha escola infantil de 41 prazas na localidade de Coristanco

A posta en funcionamento do centro suporá un investimento aproximado de 615.000 euros

O Concello xa puxo os terreos a disposición da Xunta

A oferta de prazas da Xunta na comarca incrementarase en máis dun 37 por cento con este novo centro