A Administración electrónica ou e-Administración é o conxunto de solucións que lles permite á cidadanía e ás empresas poder relacionarse coas administracións públicas a través de medios electrónicos.
Podería asimilarse á creación dunha "xanela virtual" única que permitise a prestación dos servizos públicos por parte das administracións á cidadanía e ás empresas.
O individuo, ao relacionarse coa Administración a través destes medios electrónicos, percibirá unha maior transparencia e control sobre o estado de tramitación de calquera procedemento por el iniciado. Advertirá, sen dúbida, unha mellora substancial na calidade do servizo que a Administración lle presta.
Para a Administración, esta nova forma de relación e de prestación de servizos supón publicar de forma electrónica a información de interese para a cidadanía e facilitar a tramitación electrónica dos actos administrativos que as persoas fan de forma presencial.
É preciso destacar que o desenvolvemento deste novo modo de relación coa Administración non substitúe o actual no que as persoas realizan unha tramitación presencial. É, polo tanto, decisión de cada persoa a selección do modo de relación coa Administración.
Atopámonos nun contexto de modernización dos servizos prestados e da sociedade da información, no que a cidadanía e as empresas demandan a necesidade dun novo modelo de relación coa Administración pública. A Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos regula este novo modelo de relación, transformando a demanda da cidadanía nun dereito, e o desenvolvemento por parte da Administración nunha obriga.
Polo tanto, as administracións públicas deben adaptarse a este contexto para poder prestar os servizos que demandan as persoas e a sociedade en xeral. Neste ámbito da Administración electrónica, os principais factores que inflúen e fomentan as iniciativas de modernización son:
As vantaxes da Administración electrónica son múltiples, e ofrecen beneficios tanto á cidadanía e ás empresas, como á propia Administración.
As vantaxes que ten a Administración electrónica para a cidadanía e as empresas son as seguintes:
A principal vantaxe que ten para a Administración pública é a simplificación dos procedementos administrativos, o que supón: