Guía do cidadán

Logo da guía do cidadán

¿Que é a Guía do Cidadán?

É unha guía de procedementos administrativos nos que se ofrece información clara e concisa (obxecto, normativa, documentación, solicitude e directorio de unidades xestoras), dos distintos procedementos administrativos, de interese para o cidadán, xestionados polas diferentes consellerías da Xunta de Galicia.

¿Cales son os criterios de busca?

Os criterios establecidos clasifícanse por:

  1. materia
  2. perfil do cidadán que solicita información
  3. tipo de procedemento
  4. consellería
  5. e finalmente por un texto libre de busca

A busca pode realizarse por varios criterios á vez (por exemplo: perfil do solicitante: agricultor, tipo de precedementos: subvencións, consellería: Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural), xa que non son excluíntes, se ben debe vostede ter en conta que o abanico de resultados será maior canto menos se acote a busca.

Finalmente, lembre que o contido da Guía do Cidadán ten carácter informativo para quen o solicite e, polo tanto, en ningún caso entrañará unha interpretación normativa á que se refire o artigo 37.10º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Acceso á guía do cidadán


© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servicio prestado pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa
correo electrónico: guia.cidadan xunta.es