|
Poderán ser obxecto desta liña de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais os seguintes tipos de proxectos:
a) Longametraxes cinematográficas. Enténdese por longametraxe unha produción cinematográfica de duración superior a sesenta minutos, e recóllense as seguintes modalidades: -Longametraxes cinematográficas (ficción ou documental). -Longametraxes de animación.
b) Telefilmes. Longametraxes para TV cunha duración superior aos 80 minutos.
Para poder ser obxecto de subvención dentro desta convocatoria, os proxectos de longametraxe cinematográfica ou telefilme deberán cumprir, cando menos, dúas das seguintes condicións ou criterios culturais:
a) Que a produción se desenvolva principalmente en Galicia ou noutros lugares da Unión Europea. b) Que cando menos un dos personaxes principais estea vinculado coa cultura galega ou europea ou co ámbito territorial lingüístico galego. c) Que o guión da produción estea baseado nunha adaptación dunha obra literaria, escrita orixinariamente en lingua galega. d) Que a produción teña como temática a cultura ou o patrimonio galego ou europeo. e) Que a produción teña como temática feitos da historia de Galicia ou Europa. f) Que a produción trate temas actuais, culturais, políticos ou sociais, de interese galego ou europeo.
Esta liña de subvencións aplicarase a proxectos audiovisuais realizados que fosen obxecto de estrea comercial ou venda en televisións en aberto, ou pechado de ámbito igual ou superior ao autonómico, por importe non inferior a 80.000 euros, desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 30 de outubro de 2010 e que non recibisen axudas anticipadas da Consellería de Cultura e Turismo ou da Agadic polo mesmo concepto.
Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que formen parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que teñan, no momento do pagamento da axuda, sede efectiva da súa actividade, sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, a definición de produtor audiovisual independente será a recollida no artigo 4 n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro.
Requisitos: -No caso de longametraxes cinematográficas. O solicitante deberá estrear comercialmente a longametraxe en Galicia, obtida a acreditación de custos, o certificado de nacionalidade, a cualificación por idades e entregadas as copias á Axencia Galega das Industrias Culturais segundo os requisitos enumerados no artigo 8.3º.
-No caso dos telefilmes. Os solicitantes deberán ter realizado o telefilme coa colaboración dunha televisión en aberto ou pechado de ámbito autonómico ou estatal, con importe non inferior a 80.000 euros, presentar unha auditoría de custos do orzamento total, reflectindo a porcentaxe de participación do solicitante e entregadas as copias á Consellería de Cultura e Turismo segundo os requisitos enumerados no artigo 8.3º.
-No caso de coproducións, só poderán participar nesta convocatoria aqueles solicitantes que teñan unha participación igual ou superior ao 30% sobre o orzamento do proxecto audiovisual. Esta porcentaxe baixará ao 20% se o orzamento é superior a 3 millóns de euros.
-Non poderán ser obxecto destas subvencións aquelas longametraxes ou telefilmes que anteriormente tivesen axudas anticipadas para producións ou coproducións audiovisuais da Xunta de Galicia. Así mesmo, tampouco poderán acceder a estas axudas proxectos participados por empresas ou sociedades de investimento con participación pública no seu financiamento nunha porcentaxe superior ao 35%.
-En todos os casos haberá que incorporar á rodaxe ou á posprodución alumnos de centros galegos de ensino audiovisual tanto de formación profesional como universitarios ou persoas que obtivesen a titulación nun prazo non superior a dous anos contados desde a data de incorporación ao proxecto, mediante prácticas non laborais ou contrato laboral. Este requisito non será de obrigado cumprimento no caso de que a produción finalizase con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.
-
AUTONÓMICA.
Resolución do 22 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego.(DOG nº66 de 9 de abril de 2010)
Enlace á normativa: http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/EA46?OpenDocument
- Solicitude segundo modelo normalizado Anexo I.
No caso de longametraxes ou telefilmes realizados en coprodución, cada empresa coprodutora que opte á subvención deberá presentar unha solicitude de subvención. Os impresos de solicitude poderán presentarse conxuntamente achegando o expediente que requiren estas bases.
- Documentación previa sobre o proxecto (longametraxes e telefilmes).
- a) Breve memoria descritiva do proxecto
- b) Contratos co director e guionista.
- c) Declaración de lingua de rodaxe da versión orixinal.
- d) Memoria en que se informe sobre o resto das características xerais do proxecto en relación cos baremos do artigo 6º.
- e) Precontratos ou contratos con entidades de radiodifusión, socios coprodutores ou vendas en mercados nacionais e internacionais.
- De conformidade co artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización á Axencia Galega das Industrias Culturais para solicitar as certificacións de non ter débedas coa Administración pública da comunidade autónoma, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- A Axencia Galega das Industrias Culturais emitirá unha certificación previa -para efectos da súa posible presentación ante entidades financeiras- de coñecemento e visto e prace a aqueles proxectos que declaren que pretenden acollerse ás axudas automáticas á explotación e cumpran cos requisitos da convocatoria. Esta certificación non suporá ningún compromiso por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais, xa que a subvención á explotación quedará condicionada ao cumprimento posterior dos requisitos desta convocatoria.
- A empresa beneficiaria deberá presentar, xunto coa solicitude:
- 1. Documentación administrativa (para longametraxes cinematográficas e telefilmes).
- a) Copia compulsada ou cotexada do DNI e do NIF do representante ou solicitante, no caso de que o solicitante non opte por autorizar a Agadic o acceso aos seus datos persoais.
- b) Copia compulsada ou cotexada do documento público do poder notarial, co que actúa o representante, debidamente inscrito no Rexistro Mercantil.
- c) Copia compulsada ou cotexada do documento público da constitución legal da empresa e inscrición no rexistro mercantil na comunidade galega.
- d) Copia compulsada ou cotexada da tarxeta de identificación fiscal.
- e) Memoria da empresa, conforme o modelo recollido no anexo.
- f) Copia compulsada ou cotexada da declaración do imposto de sociedades e da declaración de operacións con terceiras persoas correspondentes aos exercicios 2008 e 2009. No caso da declaración de operacións con terceiras persoas do exercicio 2009, a presentación deberase realizar nos 15 días seguintes ao da finalización do prazo de presentación ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- g) Copia compulsada ou cotexada do documento acreditativo de estar ao día no pagamento do imposto de actividades económicas ou acreditación da exención do pagamento do citado imposto.
- h) Declaración de solicitudes efectuadas ou subvencións concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas, de ámbito estatal ou transnacional.
- i) Declaración responsable sobre as axudas recibidas ao abeiro do marco temporal comunitario desde o 1 de xaneiro de 2008, así como doutras axudas de Estado obtidas para os mesmos custos subvencionables, e axudas de minimis concedidas por calquera proxecto ao solicitante desde o 1 de xaneiro de 2008, con indicación do importe, organismo, data de concesión, réxime de axudas en que se ampara e obxectivo da axuda e custos subvencionados; ou, de ser o caso, declaración de non ter recibido ningunha. Así mesmo, declararase a intensidade máxima autorizada pola Unión Europea para cada axuda de Estado concedida para os mesmos custos subvencionables, e indicarase a porcentaxe que representa cada axuda percibida respecto dos custos subvencionables.
- i) Declaración responsable de ser empresa de produción independente, ter sede permanente en Galicia e non ser obxecto de influencia dominante por parte de entidades de radiodifusión televisiva por razóns de propiedade, participación financeira ou as normas que regulan a súa actividade, conforme o establecido no artigo 4º desta resolución.
- 2. Documentación sobre o proxecto (para longametraxes cinematográficas e telefilmes):
- a) Memoria descritiva do proxecto.
- b) Contratos co director e guionista.
- c) Declaración de lingua de rodaxe da versión orixinal.
- d) Convenios de prácticas en empresa e/ou contratos en prácticas con tres alumnos ou ex alumnos de centros de formación galegos, no caso de longametraxes e telefilmes, e un alumno, no caso de documentais.
- 3. Memoria económico-financeira (para longametraxes):
- a) Memoria descritiva que informe sobre as características xerais do proxecto en relación co baremo do artigo 6.1º.
- b) Contratos ou precontratos con entidades de radiodifusión, socios coprodutores ou vendas en mercados nacionais e internacionais ou outras fontes de financiamento.
- c) Acreditación do custo total da longametraxe e do seu pagamento, e tamén da procedencia dos fondos do seu financiamento, excluído o importe da subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, mediante conta xustificativa que incorpore o informe dun auditor de contas, así como unha memoria económica desagregada que conterá un estado representativo dos gastos en que se incorreu para realizar o proxecto. A auditoría certificará, así mesmo, o grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con establecemento permanente en Galicia.
- d) As empresas beneficiarias entregaranlle á Axencia Galega das Industrias Culturais, para os efectos de comprobación material da actividade, dúas copias en 35 mm da versión galega, así como unha copia en DVD, ademais da documentación utilizada para a realización, promoción e difusión da obra: guión, carteis, músicas, portadas ou outros materiais. En todos os casos, estes materiais corresponderán á versión íntegra, orixinal e estreada da longametraxe.
- e) Presentación do certificado de nacionalidade e certificado de cualificación por idades.
- f) Presentación do recoñecemento oficial de custos e o investimento do produtor.
- g) Acreditación de que a longametraxe foi exhibida en Galicia en cinco cidades galegas con cinco copias como mínimo en versión galega.
- i) Autorización expresa á Axencia Galega das Industrias Culturais para que utilice a produción subvencionada nas súas actividades de promoción e difusión cultural.
- 4. Memoria económico-financeira (para telefilmes):
- a) Memoria descritiva que informe sobre as características xerais do proxecto en relación co baremo do artigo 6.2º.
- b) Acreditación do custo final mediante unha auditoría, realizada por auditores inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas e efectuada conforme as normas de procedemento previstas na lexislación vixente en materia de auditorías. A conta deberá incluír declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos en que se incorreu. Esta auditoría deberá certificar, ademais, o grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia.
- c) Acreditación do contrato de coprodución ou de dereitos do telefilme cunha emisora de televisión de ámbito autonómico ou estatal, de importe non inferior a 80.000 euros.
- d) As empresas beneficiarias entregaranlle á Axencia Galega das Industrias Culturais, para o efectos de comprobación material da actividade, dúas copias en formato dixital da versión en galego, así como unha copia en DVD, ademais da documentación utilizada para a realización, promoción e difusión da obra: guión, carteis, músicas, portadas ou outros materiais. En todos os casos, estes materiais corresponderán á versión íntegra, orixinal e estreada do telefilme.
- e) As empresas produtoras que opten ás axudas previstas nestas bases e non iniciasen a rodaxe no momento de publicación da convocatoria ou en proceso de posprodución deberán facer constar en cartón único nos títulos de crédito iniciais a expresión coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Así mesmo, deberá constar en todos os elementos informativos e publicitarios da produción audiovisual.
- f) Autorización expresa á Axencia Galega das Industrias Culturais para que utilice a produción subvencionada nas súas actividades de promoción e difusión cultural.
(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.
- Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro de 2010.
- Prazo de resolución: 3 meses
- Sentido do silencio: NGATIVO
(*) Requírese Adobe Reader 7.0 ou superior.
Rúa da Vesada, s/n - San Lázaro
15703
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981577126 Fax: 981577127
|