|
Se vostede como representante dunha asociación desexa a súa inscrición, a efectos de publicidade, no Rexistro Provincial de Asociacións da Xunta de Galicia, deberá solicitala na delegación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia onde aquela teña establecido o seu domicilio. As asociacións constitúense mediante acordo de tres ou máis persoas físicas ou xurídicas. O acordo de constitución, que incluirá a aprobación dos Estatutos, formalizaráse mediante acta fundacional, en documento público ou privado. A denominación das asociacións non poderá incluir expresión que induza a erro ou confusión sobre a súa identidade ou sobre a súa clase ou natureza. Tampouco se admitirán as denominacións que inclúan expresións contrarias ás leis ou que coincidan ou se asemellen cou outras previamente inscritas no Rexistro. A inscrición rexistral fai pública a constitución e os Estatutos das asociacións, sendo garantía tanto para os terceiros que con elas se relacionan como para os seus membros. O plazo de inscrición no correspondente Rexistro será de tres meses desde a recepción da solicitude no órgano competente. Transcurrido ese plazo sin notificación expresa da resolución, poderase enteder estimada a solicitude de inscrición. O Rexistro Autonómico de Asociacións comunicará ó Rexistro Nacional de Asociacións os asentos de inscrición e disolución das asociacións de ámbito autonómico. A inscrición no Rexistro é aos efectos de publicidade e a inscrición rexistral fai pública a súa constitucións e os Estatutos das asociacións e é garantía, tanto para os terceiros que con elas se relacionan, como para os seus propios membros.
Requisitos: Neste Rexistro inclúense todas as asociacións que non teñan fins de lucro ( exemplo, asociación veciñais, culturais, musicais, etc.) e que non estean sometidas a un réxime asociativo específico. Están excluídas: os partidos políticos, sindicatos , organización empresariais, igrexias, confesión e comunidades relixiosas, federacións deportivas, consumidores e usuarios, comunidades de bens e propietarios, entidades que se rexan polas disposición relativas ao contrato de sociedade, cooperativas, mutualidades, unións temporais de empresas e agrupación de interese económico
-
AUTONÓMICA.
Decreto 336/1996, do 13 de setembro. Decreto 276/1997, do 25 de setembro.
-
ESTATAL.
Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo
-
ESTATAL.
Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexisatro Nacional de Asociacións e das súas relacións cos resante rexisro de asociacións.
Enlace á normativa: http://www.boe.es
- Solicitude normalizada
- Acta fundacional normalizada (2 exemplares coas sinaturas orixinais das persoas asistentes á asamblea de constitución) e deberá conter: Nome, apelidos dos promotores sis son persoas físicas, ou denominación e razón social se son persoas xurídicas, nacionalidade e domicilio e número de identificación fiscal; a vontade de constituír unha asociación, os pactos que de selo caso establecerán, e a donominación que será coincidente coa que figure nos estatutos; lugar e data de outorgamento da acta e sinaturas dos promotores e identificación das persoas que integran o órgano provisional de goberno.
- Estatutos (2 exemplares asinados en tódalas follas con sinaturas orixinais de polo menos tres promotores co seu DNI). Nos servicios administrativos abaixo indicados está á súa disposición un documento-guía para a redacción de estatutos dunha asociación sen ánimo de lucro de tipo xeral
- Documentación acreditativa da personalidade:
- - Persoas físicas: copia do DNI
- - Persoas xurídicas: certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituí-la asociación así como a designación da persoa física que a representará que deberá remitir copia do DNI
- Taxa
(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que na orde figure outra indicación.
- Prazo de resolución: 3 meses
- Sentido do silencio: POSITIVO
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15071
SANTIAGO DE COMPOSTELA
|