Correo electrónico:
telefono.muller xunta.es

¿Que é o Teléfono da Muller? 

É un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma. 

¿Quen responde ó Teléfono da Muller? 

Un equipo multidisciplinar do Servizo Galego de Igualdade, coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia. 

¿Que temas atende o Teléfono da Muller? 

Informa e asesora sobre cuestións relacionadas coas seguintes materias: 
- Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumpridas ..... 
- Malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual .... 
- Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas .... 
- Discriminación laboral, baixas por maternidade e paternidade, apoio á contratación ...
- Servicios sociais, casas de acollida, centros de información á muller, programas para mulleres desfavorecidas, policía especializada, gabinetes de orientación, centros de planificación .... 
- Educación pola igualdade, materiais non sexistas, publicidade discriminatoria ....
- Apoio ó asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións, publicacións .... 
- Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións doutros organismos .... 
.... e todo aquelo que as mulleres precisemos coñecer.