VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA
DIRECCIÓN XERAL
FERRAMENTAS FERRAMENTAS
Licenciado en Medicina
Área de Ciencias Experimentais e da Saúde
CENTROS NOS QUE SE IMPARTE ...
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(Ensinanzas de 1º e 2º ciclo - 6 anos - 528 créditos - BOE: 01/12/2000 - 10/06/02)
Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ San Francisco, s/n 15782 Santiago de Compostela
Tel: (981) 56 31 00 (Ext. 12239 / 12237)  /  Fax: (981) 58 26 42

DESCRIPCIÓN
          O obxectivo principal da profesión médica é o mantemento da saúde das persoas. Isto implica que o profesional debe evita-la enfermidade, diagnosticala e tratala no caso de que se presente, aplica-la terapia rehabilitadora que evite as secuelas da doenza, e realizar paralelamente unha actividade investigadora para aumenta-los coñecementos médicos. Na actualidade nos aspectos preventivos e na reeducación dos enfermos comparte responsabilidades con outros profesionais. Ó finaliza-los estudios, para exerce-la profesión, son necesarios dous anos de formación polo sistema MIR (Médico Interno Residente) en calquera das especialidades existentes, nos que adquirirán a experiencia e capacitación clínica suficientes.

ACCESOS
VÍA(S) DO BACHARELATO LOXSE:
2. Ciencias da Saúde (Bioloxía e Química)
OPCIÓN(S) DO COU:
B. Biosanitaria
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE FPE DAS FAMILIAS:
  • Sanidade: Audioprótesis

  • PASARELAS

    Co 1º ciclo deste título accédese directamente a:
    - Licenciado en Bioquímica
    Co 1º ciclo deste título accédese, cursando previamente uns complementos de formación, a:
    - Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
    Complementos de formación Análise Químico. Operacións Básicas do Método Analítico. Análise Instrumental. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Bioquímica. Estructura. Enzimoloxía. Metabolismo. Bioloxía Molecular. Enxeñería Xenética. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Físico-Química. Termodinámica Química. Fenómenos de Superficie. Fenómenos de Transporte. Cinética Química. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Fisioloxía. Funcionamento dos Órganos, Aparatos e Sistemas Humanos. Cun total de 4 créditos: 3 teóricos e 1 prácticos. Enxeñería Química. Balance de Materia e Enerxía. Reactores Químicos. Operacións de Separación. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Matemáticas. Análise Matemático. Cálculo. Estatística. Informática. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Microbioloxía. Microbioloxía Xeral. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos. Química Inorgánica. Estructura Atómica e Periodicidade. Enlace Químico. Elementos non Metálicos, Metálicos e os seus Compostos. Cun total de 4 créditos: 3 teóricos e 1 prácticos. Química Orgánica. Teoría Estructural dos Compostos Orgánicos. Estereoquímica. Reactividade. Sistemática de Grupos Funcionais. Cun total de 6 créditos: 4 teóricos e 2 prácticos.
    - 2º ciclo de Licenciado en Odontoloxía Complementos de formación: Supera-las materias troncais do 1º ciclo da Licenciatura en Odontoloxía, que correspondentes ás materias previstas na Directiva 78/687/CE, non cursaran. Pódese acceder ó 2º ciclo dos seguintes títulos:Licenciado en Comunicación Audiovisual, Licenciado en Humanidades, Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Licenciado en Traducción e Interpretación e Licenciado en Xornalismo, ou ós títulos de só 2º ciclo: Licenciado en Documentación, Licenciado en Historia e Ciencias da Música, Licenciado en Lingüística e Licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, directamente ou con complementos de formación, dende calquera título de 1º ciclo ou dende o 1º ciclo de calquera título.

    MATERIAS TRONCAIS
    BOE coas directrices xerais propias: 20/11/90 - 11/06/94 - 4/11/97 - 1/09/99 27/04/01

    1º ciclo
    Bases Psicolóxicas dos estados de saúde e enfermidade:Estructura e desenvolvemento da personalidade.Funcións Psíquicas. Relación Médico-Enfermo. Aspectos Psicolóxicos da Práctica Médica. Psicopatoloxía Xeral. Psicopatoloxía Social, Laboral e de Grupo. Medicina Psicosomática. Principios de Psicoterapia.
    Créditos: 7(4 teóricos, 3 prácticos).
     
    Desenvolvemento, Morfoloxía, Estructura e Función dos Aparatos e Sistemas Corporais en estado de saúde: Aparato Circulatorio. Aparato Respiratorio. Aparato Dixestivo. Aparato Locomotor. Sistema Excretor e Líquidos Corporais. Sistema Nervioso. Sistema Endocrino, Metabolismo e Nutrición. Sistema Inmune. Sangue e Órganos Hematopoiéticos. Sistema Reproductor. Órganos dos Sentidos. Pel e Anexos Cutáneos. Integración e Adaptación do Organismo Humano ó medio ambiente.
    Créditos: 70 (35 teóricos, 35 prácticos).
     
    Epidemioloxía Xeral e Demografía Sanitaria: Epidemioloxía e Causaídade. Método e Estudios Epidemiolóxicos. Diagnóstico de Saúde das Poboacións. Indicadores sociais, económicos e sanitarios da Saúde. Demografía Estática e Dinámica.
    Créditos: 4 (2 teóricos, 2 prácticos).
     
    Introducción á Medicina e Metodoloxía Científica: Historia da saúde, da enfermidade e do exercicio médico. Teoría e Método da Medicina. Información, Documentación e Terminoloxía Médicas. Bioestatística. Física Médica.
    Créditos: 16(10 teóricos, 6 prácticos).
     
    Introducción á Patoloxía: Causas, Mecanismos, Manifestacións Xerais e Expresión Morfopatolóxica da Enfermidade. Bases do Diagnóstico e Tratamento: Etioloxía Xeral, Fisiopatoloxía, Semioloxía e Propedéutica Clínicas. Grandes síndromes. Anatomía Patolóxica Xeral. Microbioloxía e Parasitoloxía Médicas. Farmacoloxía Xeral: Farmacocinética, Farmacodinamia e Grupos Farmacolóxicos. Radioloxía Xeral: Principios Físicos, Radiobioloxía, Aplicacións Terapéuticas da Radiación e Semioloxía Radiolóxica Xeral. Fundamentos de Cirurxía.Principios de Medicina Física e Rehabilitación. Xeriatría.
    Créditos: 60(30 teóricos, 30 prácticos).
     
    Morfoloxía, Estructura e Funcións do organismo humano normal. Niveis Molecular, Celular, Tisular e Orgánico: Bioquímica Xeral e Bioloxía Molecular: Fisicoquímica Biolóxica Xeral. Bases Moleculares da Estructura e Función Celular. Citoloxía, embioloxía, histoloxía e morfoloxía xeral humanas. Fisioloxía celular e tisular. Xenética Humana: Xenética Molecular, Citoxenética e Xenética de poboacións.
    Créditos: 48(24 teóricos, 24 prácticos).
     

    2º ciclo
    Medicina e Cirurxía de Aparatos e Sistemas. Diagnóstico, Pronóstico Tratamento e Prevención das Enfermidades: Aparato Circulatorio. Aparato Respiratorio. Aparato Dixestivo. Aparato Locomotor. Sistema Excretor.Aparato Xenital Masculino. Sistema Nervioso.Sistema Endocrino, Metabolismo e Nutrición. Sistema Hematopoiético. Sistema Inmune. Patoloxía Infecciosa. Toxicoloxía Clínica. Dermatoloxía. Oftalmoloxía. Otorrinolaringoloxía. Oncoloxía Clínica. Xeriatría.
    Créditos: 126
     
    Medicina Legal e Toxicoloxía. Deontoloxía e Lexislación Médica: Problemas médico-legais do suxeito vivo e do cadáver. Tipos e Mecanismos de Muerte: Semioloxía cadavérica xeral. Toxicoloxía Forense, Industrial e Ambiental. Aspectos éticos e legais do exercicio da Medicina.
    Créditos: 9
     
    Medicina Preventiva e Saúde Pública e Comunitaria: Epidemioloxía e Prevención das Enfermidades Transmisibles e Crónicas. Saúde Medioambiental e Ocupacional. Administración Sanitaria: Planificación, Programación e Avaliación de Servicios. Sistema Social e Sistema Sanitario. Atención Primaria de Saúde. Educación Sanitaria.
    Créditos: 11
     
    Obstetricia e Xinecoloxía: Procesos Biolóxicos específicos da Muller. Xestación normal e patolóxica. Enfermidades do Aparato Xenital Feminino. Patoloxía Prenatal e Perinatal. Reproducción Humana.
    Créditos: 18
     
    Pediatría: Crecemento, Desenvolvemento e Nutrición Infantil.Prevención Clínica. Diagnóstico, Pronóstico e Tratamento das Enfermidades do Recén Nacido e do Neno. Ecoloxía Pediátrica.
    Créditos: 22
     
    Psiquiatría: Fundamentos dos trastornos psíquicos. Clínica e Diagnóstico dos Síndromes Psiquiátricos Fundamentais. Terapéutica Psiquiátrica Xeral. Psiquiatría de Enlace. Psiquiatría Social e Comunitaria.
    Créditos: 9
     

    Saídas profesionais
              
    SECTORES
    Traballan como médicos xeralistas ou especialistas nos hospitais, ambulatorios, centros de saúde, xeriátricos, servicios de rehabilitación, clínicas, etc., tanto da Seguridade Social coma en centros privados. Tamén cabe a posibilidade de traballar instalando unha consulta privada. Para acceder a unha praza nas administracións públicas é necesario realizar un exame (concurso-oposición). As prazas poden ser para traballar como especialista, na saúde pública, xestión e administración sanitarias, docencia ou investigación.
    No ámbito profesional, a medicina é enormemente competitiva e de gran responsabilidade; por iso, o médico tense que mentalizar da necesidade da súa constante actualización.
    FUNCIÓNS
    Serán as propias da especialidade. Ademais, os médicos poden exercer cargos directivos en empresas realacionadas coa sanidade ou en hospitais, clínicas ou centros de saúde. Tamén poden exercer como asesores ou preparadores especializados de deportistas.
    FERRAMENTAS FERRAMENTAS
    Consellería de educación e ordenación universitaria
    Licenciado en Medicina