VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA
DIRECCIÓN XERAL
FERRAMENTAS FERRAMENTAS
Mestre, especialidade de Educación Infantil
Área de Ciencias Sociais e Xurídicas
CENTROS NOS QUE SE IMPARTE ...
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CAMPUS DE A CORUÑA
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 207 créditos BOE:24/04/95)
Centro: Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Riazor 15071 A Coruña
Tel: (981) 16 70 00  /  Fax: (981) 16 71 15
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS DE LUGO
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 203 créditos. BOE: 9/01/2001)
Centro: Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B.
Avda. de Ramón Ferreiro, 10, 27071 Lugo
Tel: (982) 25 22 31  /  Fax: (982) 22 36 10
CAMPUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 203 créditos. BOE: 5/12/00 - 25/08/01)
Centro: Facultade de Ciencias da Educación
Avda. Xoán XXIII, s/n 15782 Santiago de Compostela
Tel: (981) 56 31 00 (Ext. 12016 / 12030)  /  Fax: (981) 57 26 81
UNIVERSIDADE DE VIGO
CAMPUS DE OURENSE
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 206 créditos.BOE: 22/08/2000)
Centro: Facultade de Ciencias de Educación
Vicente Risco-A Ponte32005 Ourense
Tel: (988) 38 72 70  /  Fax: (988) 21 98 44
CAMPUS DE PONTEVEDRA
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 206 créditos. BOE: 22/08/2000 )
Centro: Facultade de Ciencias da Educación
Avenida Bos Aires,s/n 36002 Pontevedra
Tel: (986) 80 17 00  /  Fax: (986) 80 17 01
CAMPUS DE VIGO
(Ensinanzas de 1º ciclo - 3 anos - 206 créditos. BOE: 04/12/2001)
Centro: Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B. (Centro Adscrito)
Carretera de Madrid, 8 36200 Vigo
Tel: (986) 41 44 98  /  Fax: (986) 48 31 80

DESCRIPCIÓN
          Os novos plans de estudio para a obtención dos títulos de mestre, nas súas diferentes especialidades, pretenden proporcionar unha formación orientada ó desenvolvemento da actividade docente nos correspondentes niveis do sistema educativo, integrando os aspectos básicos coa preparación específica propia de cada unha das especialidades. Inclúen coñecementos sobre as distintas áreas curriculares propias do ensino primario e coñecementos de tipo profesional necesarios para o exercicio do ensino, nesta especialidade en concreto, a potenciación nos nenos do desenvolvemento físico e psíquico, a construcción de frases ou o relaciona-las cousas que lle rodean. Nesta titulación tamén se pretende que o estudiante poida, ademais, profundar nalgunha área concreta, como a expresión plástica e dinámica, a didáctica das ciencias sociais, a educación ambiental e da saúde, ou ampliar coñecementos nos aspectos básicos e na formación xeral, mediante a oferta dunha serie de materias optativas que lle permiten unha maior aproximación a algún aspecto ou parcela do traballo profesional como mestre, tanto no nivel de Educación Infantil coma no nivel do Ensino Primario.

ACCESOS
VÍA(S) DO BACHARELATO LOXSE:
1. Científico Técnica (Matemáticas e Física).
2. Ciencias da Saúde (Bioloxía e Química)
3. Humanidades (Latín e Historia da Filosofía)
4. Ciencias Sociais (Mat. Aplicadas ás CCSS e Xeografía)
5. Artes (Debuxo Artístico e Historia da Arte)
OPCIÓN(S) DO COU:
A. Científico Tecnolóxica
B. Biosanitaria
C. Ciencias Sociais
D. Humanidades
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE FPE DAS FAMILIAS:
  • Actividades Físicas e Deportivas.
  • Administración.
  • Comercio e Marketing.
  • Informática.
  • Sanidade: Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Dietética; Documentación Sanitaria; Hixiene Bucodental; Imaxe para o diagnóstico; Laboratório de Diagnóstico Clínico; Próteses Dentais; Radioterapia, Saúde Ambiental.
  • Sanidade: Ortoprotésica.
  • Servicios Socioculturais e á Comunidade: Animación Sociocultural.
  • Servicios Socioculturais e á Comunidade: Educación Infantil; Integración Social.
  • Servicios Socioculturais e á Comunidade: Interpretación da Linguaxe de Signos.
  • RAMAS E ESPECIALIDADES DE FP2:
  • Administrativa e Comercial: Administración de Empresas; Administrativa; Almacenes; Comercial; Comercio exterior e transportes; Contabilidade; Entidades de Aforro; Informática de Empresa; Informática de Empresas; Informática de Xestión; Informática Empresarial; Inmobiliario; Marketing; Programador de Xestión Administrativa; Programador de Aplicac. de Xestión; Publicidade; Relacións Públicas; Secretariado Bilingüe de Dirección; Secretariado; Secretariado Executivo de Dirección; Secretariado Bilingüe e Comercial.
  • Sanitaria: Anatomía Patolóxica; Dietética e Nutrición; Hixienista Dental; Laboratorio; Medicina Nuclear; Prótese Dental; Radiodiagnóstico; Radioterapia.
  • Sanitaria: Educador de Disminuídos Psíquicos.
  • Servicios á Comunidade: Tódalas especialidades.

  • PASARELAS


    Con este título accédese directamente a:
    - Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural
    Con este título accédese, cursando previamente uns complementos de formación, a:
    - 2º ciclo de Licenciado en Pedagoxía
    Complementos de formación
    Entre 16 e 20 créditos distribuídos entre as materias troncais que se relacionan a continuación: Antropoloxía da Educación. Bases Metodolóxicas da Investigación Educativa. Organización e Xestión de Centros Educativos. Procesos Psicolóxicos Básicos.
    - Licenciado en Psicopedagoxía
    Complementos de formación
    6 créditos en Métodos, Deseños e Técnicas de Investigación Psicolóxicos: Medición en Psicoloxía. Teoría e Técnicas de Construcción de Test, Escalas, e Cuestionarios. Metodoloxías Cualitativas. 6 créditos en Procesos Psicolóxicos Básicos. 6 créditos en Psicoloxía da Personalidade. 6 créditos en Psicoloxía Social.
    Pódese acceder ó 2º ciclo dos seguintes títulos: Licenciado en Comunicación Audiovisual, Licenciado en Humanidades, Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, Licenciado en Traducción e Interpretación e Licenciado en Xornalismo, ou ós títulos de só 2º ciclo: Licenciado en Documentación, Licenciado en Historia e Ciencias da Música, Licenciado en Lingüística e Licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, directamente ou con complementos de formación, dende calquera título de 1º ciclo ou dende o 1º ciclo de calquera título.

    MATERIAS TRONCAIS
    BOE coas directrices xerais propias: 11/10/91

    1º ciclo
    Bases psicopedagóxicas da Educación Especial: Dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas especiais. Os transtornos do desenvolvemento e a súa incidencia sobre a aprendizaxe escolar. A escolarización dos alumnos con déficits sensoriais físicos e psíquicos. Integración educativa de alumnos con dificultades.
    Créditos: 8
     
    Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural: Contidos, recursos metodolóxicos e materiais no coñecemento do medio natural, social e cultural.
    Créditos: 6
     
    Desenvolvemento da Expresión Musical e a súa Didáctica: Educación auditiva, rítmica e vocal. Formas musicais e o seu valor na educación infantil. Obxectivos, contidos e actividades na educación musical. Metodoloxías para a formación musical.
    Créditos: 6
     
    Desenvolvemento da Expresión Plástica e a súa Didáctica: A linguaxe visual na educación infantil. Valores educativos e elementos da expresión plástica. A globalización na expresión plástica. Recursos didácticos e materiais na expresión plástica.
    Créditos: 6
     
    Desenvolvemento de Habilidades Lingüísticas e a súa Didáctica: Linguaxe oral e escrita: comprensión e expresión. Métodos e actividades de ensinanza para o desenvolvemento de actividades lingüísticas. Naquelas Comunidades Autónomas con dúas linguas oficiais, a descrición de contidos entenderase referida a ambas linguas.
    Créditos: 12
     
    Desenvolvemento do Pensamento Matemático e a súa Didáctica: Contidos, recursos metodolóxicos e materiais no desenvolvemento do pensamento matemático.
    Créditos: 6
     
    Desenvolvemento Psicomotor: Actividades psicomotoras. Dominio do esquema corporal. Métodos e actividades de ensinanza en educación física infantil.
    Créditos: 6
     
    Didáctica Xeral: Compoñentes didácticos do proceso de ensinanza-apendizaxe. Modelos de ensinanza e de curricula: Deseño curricular base e elaboración de proxectos curriculares. As funcións do profesor. Tarefas de ensinanza e organización de procesos de ensinanza. Análise de medios didácticos. A avaliación do proceso ensinanza-aprendizaxe.
    Créditos: 8
     
    Literatura Infantil: A literatura infantil e a súa Didáctica. Linguaxe infantil.
    Créditos: 4
     
    Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación: Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.
    Créditos: 4
     
    Organización do Centro Escolar: A estructura do sistema escolar: características e niveis. O centro como unidade organizativa. Funcións directivas, de xestión pedagóxica e de administración. Plan de centro. Organización de alumnos, profesores, recursos, espacios, horarios, actividades. O centro e a comunidade educativa. Dereitos e deberes do profesor. Avaliación de centros. Análise de experiencias de organización.
    Referencia de modelos e elementos estudiados a centros de educación infantil.
    Créditos: 4
     
    Practicum: Conxunto integrado de prácticas de iniciación docente na aula, a realizar nos correspondentes niveis do sistema educativo. As prácticas deberán proporcionar asimesmo o coñecemento do sistema escolar a través do coñecemento do centro concreto como unidade organizativa nas súas distintas dimensións e funcións, así como da Comunidade Educativa.
    Créditos: 32
     
    Psicoloxía da Educación e do Desenvolvemento en Idade Escolar: Factores e procesos básicos da aprendizaxe escolar. Contidos e procesos de aprendizaxe. Aprendizaxe escolar e relacións interpersoais. Teoría e modelos explicativos do desenvolvemento. Desenvolvemento cognitivo, desenvolvemento e adquisición da linguaxe, desenvolvemento social, físico, motor e afectivo-emocional.
    Créditos: 8
     
    Socioloxía da Educación: Conceptos básicos de socioloxía. Estructuras, relacións e institucións sociais. O sistema educativo como subsistema social. Socioloxía da interacción na aula. Socioloxía da organización escolar. Socioloxía do curriculum. Socioloxía da infancia, a adolescencia e a xuventude. Determinantes sociais do rendemento escolar. Clase, xénero e grupo étnico da educación. Transición á vida activa e mercado de traballo.
    Créditos: 4
     
    Teorías e Institucións Contemporáneas de Educación: Teorías contemporáneas da educación. Movementos e institucións educativas contemporáneas. Evolución histórica do sistema escolar. Institucións e axentes educativos. A educación non formal.
    Créditos: 4
     

    Saídas profesionais
              
    SECTORES
    Centros de ensino públicos e privados; academias; centros educativos de hospitais, de cárceres, de ONG; centros de logopedia, Administración pública, etc.
    FUNCIÓNS
    As titulacións de mestre teñen como saída profesional o exercicio da docencia nos niveis do sistema educativo formal de educación infantil e de educación primaria, xa sexa en centros de titularidade do Estado ou en centros de iniciativa privada. Os diplomados en cada especialidade imparten a docencia nunha área determinada e, por esta razón, as perspectivas profesionais varían en función da especialidade de que se trate.
    FERRAMENTAS FERRAMENTAS
    Consellería de educación e ordenación universitaria
    Mestre, especialidade de Educación Infantil