 |
Enderezo Horario
de visitas Tarifa de entrada Plano
Na alta montaña lucense, no límite das
provincias de León e Lugo, atópase este pequeño poboado que durante
séculos acolleu ós peregrinos composteláns que facían o Camiño
francés. No exterior, as pallozas son unha mostra da adaptación
do home ó seu medio. De paredes baixas, nas que se abren pequenas
fiestras e as portas necesarias para o servicio dos seus ocupantes;
animais e persoas convivían baixo unha alta e tupida cuberta de
palla, o suficientemente inclinada para que a neve durase pouco
sobre ela, lixeira e resistente ó paso do vento. No interior
conservan o escanso e sinxelo mobiliario, e os útiles domésticos. No
mesmo poboado pódese visita-la igrexa prerrománica do século IX,
pertencente á Orde de Cluni, interesante mostra de arquitectura de
alta montaña, na que se conservan algunhas pezas importantes da arte
románica. A hospedería foi fundada no século IX para atender ós
peregrinos.

|