|
|
Historia do arquivo Como resultado da publicación do Decreto do Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes do 12 de noviembro do 1931, o Arquiveiro da Delegación de Facenda e Director da Biblioteca Pública Provincial, D. Enrique Fernández-Villamil y Alegre, procedeu a dar os primeiros pasos para a creación do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, e xa en febreiro do 1932 celebrou a súa primeira sesión o Padroado fundacional, ingresando en 1934 o primeiro protocolo nun local provisional cedido pola Delegación de Facenda para esta finalidade. Esta data do 4 de agosto do 1934 pode considerarse como a fundacional do Arquivo. Debido as limitacións do local, en 1940 procedeuse a un novo traslado, esta vez ó Instituto Nacional de Enseñanza Media, cunha mellor instalación e mais amplitude, que tivo o seu reflexo na incorporación de casi todolos protocolos notariais centenarios da provincia e incluso de alguns fondos particulares, e dos Arquivos Municipais de Pontevedra e Tui. En 1960, con Dª Raquel Lesteiro López de Directora, o Arquivo trasladouse dende o Instituto ó edificio que ocupa actualmente, ainda que compartido coa Biblioteca Pública Provincial. Os novos depósitos permitiron unha segunda recollida de protocolos centenarios e a incorporación dos libros das Contadurías de Hipotecas. Posteriormente incorporouse o Catastro do Marqués da Ensenada dende a Delegación de Facenda, onde se conservaba. Entre 1974-1985 ocupou a Dirección D. Pedro López Gómez. Durante este período efectuaronse importantes incorporacións de fondos, entre os que destacan os das institucións do "Movimiento Nacional"(Sección Feminina, Xefatura Provincial do Movemento, Frente de Xuventudes, Auxilio Social), Delegación Provincial da Organización Sindical-AISS, Delegación de Facenda de Vigo, Delegacións provinciais de Estatística e Información e Turismo, Dirección Xeral de Estradas, Maxistratura de Traballo de Pontevedra, así como novas incorporacións de protocolos notariais. Dende 1987 ocupa a Dirección Dna. Mª Dolores Brahona Riber. Nos últimos anos as incorporacións máis importantes foron a dos documentos da Delegación de Facenda de Pontevedra, as dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrucción e da Maxistratura de Traballo de Vigo, consistentes en máis de 4.000 unidades de instalacións, a dos protocolos notariais centenarios, procedentes de todolos distritos da provincia, e a incorporación de máis de 300 m. l. de documentación da Audiencia Provincial. O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra conta con 7.998 libros e máis de 30.000 caixas e legaxos, distribuidos en máis de 4.5000 m. lineales de estantería (ocupados ó 100% e sen posibilidade de ampliación), así como cunha Biblioteca auxiliar de máis de 3.000 títulos.
|