Xunta de Galicia

Inicio

Conselleiros do Goberno Galego

presidencia

CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.
Alfonso Rueda Valenzuela

Naceu no ano 1968. Está casado e con duas fillas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

  • Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados.
  • Secretario-Interventor da Mancomunidade de Paradanta.
  • Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
  • Ano 2000. Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
  • Ano 2006. Secretario Xeral do PPdeG.
  • Ano 2009. Elexido Deputado pola provincia de Pontevedra nas Eleccións Autonómicas.
 
facenda2

CONSELLEIRA DE FACENDA.
Elena Muñoz Fonteriz

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, especialidade Economía Pública.

  • Ano 1999. Pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.
  • Ano 2001. Xefe de servizo de fiscalización e contabilidade na Intervención Xeral da Xunta de Galicia.
  • Ano 2004. Xefe de servizo de control financeiro de operacións correntes.
  • Ano 2009. Subdirectora xeral de control financeiro ordinario.
  • Ano 2009 ata a actualidade Interventora Xeral da Comunidade Autónoma.

Na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma tivo a responsabilidade de dirixir o órgano responsable do control interno da actividade económico-financeira de Galicia, dos seus organismos autónomos e demais entidades dependentes.

No exercicio desas funcións realizou a fiscalización de todos os actos con contido económico, o control financeiro permanente das entidades integrantes do sector público autonómico, o control financeiro das actuacións financiadas con fondos da Unión Europea e o control financeiro dos perceptores de subvencións públicas. A Intervención Xeral é o centro directivo e xestor da contabilidade pública de Galicia.

 
mati

CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.
Agustín Hernández Fernández de Rojas

Naceu no ano 1961, está casado e ten tres fillos. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade en Cimentos e Estruturas. Funcionario do Corpo facultativo Superior da Xunta de Galicia e diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.

  • Ano 1987. Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV, S.A. como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e como Subxefe do Departamento nº 3 en Pontevedra.
  • Ano 1992. Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia, contratado laboral.
  • Ano 1994. Xefe de Servizo de Construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia.
  • Ano 1994. Subdirector Xeral de Infraestruturas Hidráulicas.
  • Ano 1996. Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo autónomo Augas de Galicia.
  • Ano 1998. Director Xeral de Obras Públicas da Xunta.
  • Ano 2005. Director de Construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A.
  • Ano 2006. Director de Desenvolvemento do Grupo Puentes.
  • Ano 2008. Director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.
 
economia

CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA.
Javier Guerra Fernández

Naceu no ano 1964. Está casado e ten dous fillos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Realizou un master na Escola Superior de Xestión Comercial e Marketing en Madrid; Master in Business Administration en California e; Diploma na Escola de Dirección de Empresas de Madrid.

  • Ano 1987. Consultora D.B.K.,S.A. (Grupo Internacional Italiano DATABANK). Madrid
  • Ano 1989. Director Xerente para España e Portugal da División Home. Gruppo Financiero Tessile, G.F.T.Moda de España Madrid
  • Ano 1991. Director Comercial de Steilman Iberica
  • Ano 1992. Director Comercial do Grupo Alfico, S.A.
  • Ano 1996. Director Footwear de American Nike Iberia, S.A.
  • Ano 1998. Director Comercial Xeral de Camper (Grupo Coflusa, S.A.) en Mallorca
  • Ano 1999. Director Xeral de Brasopi, S.A en Porto (Portugal)
  • Ano 2000. Director Xeral de Grupo Alfico, S.A. en Vigo
  • Ano 2002. Consejero Delegado. Director Xeral Skechers USA Iberia, S.A en Madrid
  • Ano 2002. Propietario e administrador único de El Secreto del Mar, S.L. en Vigo

Foi Presidente Provincial de NN.XX. de Pontevedra e de Galicia. Foi membro fundador do Consello de Xuventude de Galicia e da executiva do Consello da Xuventude de España

Foi concelleiro Delegado de Economía, Facenda, Persoal, Patrimonio e Contratación en Vigo e, ata hoxe, Deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados en Madrid.

 
educacion

CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Jesús Vázquez Abad

Naceu o 22 de setembro de 1967 en Nuremberg (Alemania). É Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. Especialidade: Financeira e Doutor Cum Laude en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo.

Realizou actividade investigadora; traballos científicos; libros e monografías; así como diversas comunicacións e ponencias presentadas en Congresos. Impartiu cursos e seminarios en diversas Universidades.

  • Ano 1991. Profesor Asociado da Universidade de Vigo.
  • Ano 1991. Administrativo 1ª, Banco Gallego, S.A.
  • Ano 1994. Profesor Titor da UNED Ourense.
  • Ano 1998. Presidente da comisión informativa da Universidade.
  • Ano 1998. Subdirector da Escola de Estudos Empresariais.
  • Ano 2003. Profesor Titular do departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.
  • Ano 2006. Decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
  • Ano 2008. Deputado polo grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados, no que foi membro das comisións de Economía e Facenda, Educación, Política Social e Deporte, da comisión de Ciencia e Innovación e Portavoz de Universidades do Grupo Parlamentario Popular.
  • Ano 2008. Presidente da Comisión Nacional de Universidades do Partido Popular.
 
sanidade2

CONSELLEIRA DE SANIDADE.
Rocío Mosquera Álvarez

É licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. Funcionaria de carreira da Administración Pública na escala de inspectores médicos da Administración da Seguridade Social.

  • Ano 1998. Desenvolveu postos directivos no Servizo Galego de Saúde.
  • Ano 1987. Xerente de Atención Primaria
  • Ano 1991. Subdirectora de Inspección Sanitaria.
  • Ano 1994 Subdirectora de Atención Especializada ata 1998.
  • Ano 1999. Asesora á Dirección Xeral de Saúde Pública, onde.
  • Ano 2002. Xerente do hospital Nuestra Señora de la Esperanza.
  • Ano 2009. Xerente do Servizo Galego de Saúde, posto que ocupaba na actualidade.
 
traballo1

CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR.
Beatriz Mato Otero

Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o master de dirección e administración de empresas MBA por la Escuela de Negocios MBA homologado pola Universidade de A Coruña

  • Ano 1989. Técnico de Sistemas na multinacional IBM.
  • Ano 1990. Técnico Comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.
  • Ano 1993. Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A..
  • Ano 1994. Forma parte do IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, ente público adscrito á Consellería de Economía e Facenda.
  • Ano 1997. Pon en marcha a Unidade de Información empresarial, adscrita á Dirección Xeral Axunta do IGAPE.
  • Ano 2000. Delegada da Oficina Territorial do Igape na Coruña.
  • Ano 2002. Delegada Provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.
  • Ano 2005. Deputada no Parlamento de Galicia. Na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo.
 
mar

CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR.
Rosa Quintana Carballo

Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela. Doctorado en Bioloxía coa tese .Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado.

  • Ano 1987. Comeza a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como Inspectora Pesquera.
  • Ano 1989. Ocupa o posto de Xefa de Sección de Inspección Pesquera.
  • Ano 1992. Nomeada Xefa de Servizo de Marisqueo.
  • Ano 1997. Ocupa o posto de Delegada Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.
  • Ano 2001. Nomeada Directora Xeral de Innovación e Desarrollo Pesquero da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como ponente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura.

No ano 2007, participou como experta da U.E. na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na U.E. para produtos da pesca e a acuicultura en Puerto Varas, Chile.