Diario Oficial de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio Axuda / Instrucións para a tramitación de disposicións ou anuncios

Instrucións para a tramitación de disposicións ou anuncios

tramitacion

Artigo 13°.- Envío das ordes de inserción e dos documentos para publicación.

  • Os documentos que se deban publicar no DOG enviaranse exclusivamente por medios telemáticos coa sinatura electrónica da persoa facultada para ordenar a súa inserción, prevista no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • En casos excepcionais e debidamente xustificados, acéptase o envío de ordes de publicación por medios telemáticos sen a sinatura electrónica, se ben a orde de inserción non terá efectos ata que non entre no rexistro da unidade administrativa do DOG, asinada en soporte papel.
  • En todo caso, entregarase sempre unha reprodución do documento que haxa que publicar en formato electrónico editable. O formato dos documentos que deban publicarse no DOG, xa sexa de texto, gráfico, de imaxe ou calquera outro tipo, ten que ser dixitalizable e idóneo para comunicar o contido do documento de que se trate.

Artigo 14°.- Contido das ordes de inserción.

  • A persoa facultada para enviar a orde de inserción ten que ter autorización expresa do responsable do órgano.
  • As ordes de inserción conterán o texto íntegro que se debe publicar nas dúas linguas, así como a identificación ao respecto de se este último contén datos de carácter persoal.
  • No caso de que a orde de inserción presente erros que non permitan o seu tratamento, a unidade administrativa do DOG debe informar ao solicitante para que envíe unha nova orde de inserción cos erros corrixidos.