Axuda, Mapa, Accesibilidade e idiomas DOG

Como se verifica un documento?

tramitacion

Que é o CVE?

CVE son as iniciais do Código de Verificación Electrónica, que consiste nun conxunto de caracteres (números e letras) que identifican de forma única calquera das disposicións, actos e anuncios publicados pola Xunta de Galicia. Este código está impreso en todas e cada unha das páxinas para facilitar o acceso ao documento electrónico orixinal en posesión da Xunta.

Por que é importante o CVE?

  • Porque calquera copia realizada en papel dos orixinais electrónicos do documento a partir do 17 de decembro de 2010 (data de publicación do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes) ten a consideración de copia auténtica se inclúe o CVE.
  • O CVE permite contrastar a autenticidade de calquera documento da Xunta impreso en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal. Para isto, vostede pode inserir o CVE no cadro de texto da páxina de verificación de documentos asinados e obter o documento orixinal, asinado electronicamente, desde o portal da Xunta de Galicia.