Diario Oficial de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio Axuda / Oficialidade do DOG na internet

Oficialidade do DOG na internet

legalidade

É oficial e auténtico o DOG dixital?

Si. A edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica na web da Xunta de Galicia desde o 2 de maio do 2011 ten carácter OFICIAL e AUTÉNTICO, tal e como indica o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, no seu artigo 12. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de OFICIAL e AUTÉNTICA a edición do Diario Oficial de Galicia impresa en papel.