Diario Oficial de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio Axuda / Validación de certificados

Validación de certificados

validar certificado

A sinatura electrónica é o conxunto de datos en forma electrónica, consignados xunto a outros ou asociados a eles, que poidan ser utilizados como medio de identificación do asinante.

Esta guía explica o uso de documentos PDF que leven incorporada unha ou varias sinaturas electrónicas. Mediante esta, calquera usuario disporá dos coñecementos axeitados para poder interpretar ou validar unha sinatura electrónica incorporada en documentos PDF, facendo uso da propia tecnoloxía de Adobe.

Que requisitos se deben cumprir para que unha sinatura electrónica se poida considerar válida?

Os aspectos máis importantes da sinatura electrónica son que confirman:

  • Que os datos asinados non sufriron ningunha alteración.
  • E, ademais, que o documento foi asinado por un certificado válido (que non estea revogado) no momento da sinatura.

Estes son os dous requisitos imprescindibles de toda sinatura electrónica.

Como se sabe se un certificado electrónico é válido?

Un certificado electrónico válido será aquel que fose expedido por unha autoridade certificadora recoñecida (acreditada pola entidade pública de certificación do país correspondente) e que ademais non estea revogado.

Pódense consultar as guías completas nas seguintes ligazóns:

  • Para ver a guía de configuración de Adobe pulse aquí.
  • Para ver a guía de validación de sinatura dixital pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da FNMT pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da AP ADMINISTRACIÓN PÚBLICA pulse aquí.
  • Para ver o certificado raíz da APE pulse aquí.