Xunta de Galicia

Inicio

Dicionario Digalego

Descoñecer unha palabra concreta non ten porque ser un impedimento para entender toda a información que a Xunta de Galicia publica neste portal. Para facilitar a comprensión dos seus contidos, está dispoñible unha utilidade que, con só facer dobre clic sobre un termo cuxo significado se ignora ou dubida, achega de forma inmediata todas as súas posibles acepcións.

O alcance desta funcionalidade é extensible ao todos os textos de www.xunta.es, coa excepción daqueles que se corresponden con ligazóns, e o seu funcionamento é moi sinxelo. Se o/a usuario/a atopa unha palabra descoñecida só ten que premer sobre ela cun dobre clic e, de xeito automático, abrirase unha xanela emerxente que proporciona a súa definición completa.
 
Traducións a outras linguas e información gramatical
A maiores da información de carácter semántico dunha palabra, o/a usuario/a atopará tamén as súas equivalencias en castelán, portugués, inglés, alemán, francés, italiano e chinés, así como a súa orixe etimolóxica e categorías gramaticais.
 
Todas as consultas realizadas a través deste servizo remiten a un dicionario on-line de lingua galega que, entre as súas múltiples vantaxes, desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, considerando como entradas todas as formas verbais. Ademais, recolle un gran número de acrónimos e abreviaturas, así como termos científicos e técnicos ou préstamos e estranxeirismos que foron incorporados ao galego, ao tempo que introduce campos para sinónimos, antónimos, variantes…
 
No caso de que o resultado dunha busca non fose satisfactorio, e ao pé deste, visualizaranse tres ligazóns a través das cales se pode:
  • Ampliar a información dispoñible sobre o mesmo termo.
  • Realizar a mesma consulta nunha enciclopedia que contén máis de 200.000 entradas, o que resulta especialmente útil no caso de nomes propios.
  • Contactar cun servizo técnico para a resolución de dúbidas lingüísticas, para realizar suxestións... 

Sobre a súa accesibilidade

Se un usuario/a non ten activado o javascript no seu navegador, o funcionamento do dobre clic substitúese neste caso por unha caixa de busca chamada ‘Dicionario de galego’. Esta, aparece en todas as páxinas interiores do portal (non se amosa na portada nin en subportadas) e nela pódese introducir calquera palabra que aparece dentro desa mesma ventá para obter o resultado do dicionario.