Número do Dog:
124
11.502
21 de xuño de 2005
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Orde
Orde do 21 de xuño de 2005 pola que se aproba o Regulamento técnico específico de produción integrada de kiwi.
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -A superficie mínima requirida en produción integrada para kiwi será de 15 ha para as agrupacións de produtores, e disporá cada operador como mínimo de 0,5 ha de cultivo en produción integrada e parcelas de polo menos 3.000 m. No caso de que o operador sexa unha entidade agraria, a superficie mínima será de 5 ha, e as parcelas de polo menos 3.000 m. | -Realizar o rexistro das operacións no Caderno de Explotación no mesmo día da súa execución. | -Realizar calquera tipo de intervención na plantación sen anotala no Caderno de Explotación. |
| -O servizo técnico poderá ser levado a cabo por un técnico, ben da propia agrupación ou entidade, ou ben mediante a asistencia técnica de empresas de servizos. En todo caso, este servizo realizará o seguimento e control cumprindo todos e cada un dos seguintes límites máximos por UTA de técnico: *50 explotacións. *100 ha. *300 parcelas. | ||
| -Na produción integrada, todas as medidas culturais han de estar coordinadas; é fundamental anotar as observacións e intervencións que se realicen na plantación en todo momento. Para iso establécese un modelo de Caderno Oficial de Explotación. | ||
| -O Caderno de Explotación é un rexistro das operacións que se realizan en cada parcela ou subparcela ou Unidade Homoxénea de cultivo (UHC) de produción integrada para garantir o proceso de produción. | ||
| -O produtor de produción integrada responsabilizarase da veracidade das anotacións realizadas no Caderno de Explotación. | ||
| -O Caderno de Explotación é obrigatorio e estará dispoñible para a súa inspección. Para un funcionamento axeitado do sistema, o rexistro das operacións realizarase dentro da semana de execución. | ||
| -Todas as prácticas levadas a cabo na plantación deberán quedar rexistradas, achegando documentación acreditativa (facturas,...) e os resultados de todas as análises realizadas. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Antes do establecemento de novas plantacións para verificar a validez da área de implantación, realizarase un estudo que comprenderá clasificación climática, tipo de solo e topografía da/s parcela/s da explotación.-Elixiranse terreos de aspecto favorable, con elevada dispoñibilidade de auga, solos de calidade, evitando os solos non aptos. | -Características pedolóxicas: Profundidade do solo (cm)) 50 cm. Drenaxe: moderada a alta. Reacción (pH) 5.5 a 8.0. % calcaria activa menor de 8. Evitar realizar plantacións en zonas suxeitas a xeadas tardías e a sarabia, ou con vento excesivo. | -Características pedolóxicas: Profundidade do solo (cm) ' 50 cm. Drenaxe: lenta, estancamentos. Reacción(pH): ' 4,5 a ) 8.0. % calcaria activa maior de 8. Realizar novas plantacións en terreos con máis do 20% de pendente. |
| -Condicións climáticas críticas: Temperaturas ' -15ºC durante repouso vexetativo ou ' -1ºC en primavera e outono. Choivas abundantes e persistentes en floración e período vexetativo. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -O material vexetal será san. Procederá de produtores oficialmente autorizados. No caso de produción en viveiro propio, realizarase a análise fitopatolóxica en mostra representativa antes de ser plantado. Se o material vén de países estranxeiros, terá o correspondente certificado fitosanitario.-Débese instalar ben distribuídas en toda a plantación un número suficiente de plantas estaminíferas (machos). | -En ambientes con posibilidade de danos por frío, aconséllase o uso de plantas procedentes de estaca autoenraizada conservadas en viveiro polo menos durante un ano.-En ambientes con pouca predisposición a danos por frío, pódese utilizar material vexetal enxertado.-No caso de plantas micropropagadas, aconséllase a súa conservación en viveiro polo menos durante dous anos antes de plantar. | -Empregar variedades especialmente sensibles a determinadas enfermidades de especial incidencia ou relevancia. |
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Empregar a variedade Hayward na produción de kiwi. No caso de incorporar novas variedades, requirirase autorización previa da autoridade competente.-Ata o momento no que se seleccione algún cultivar estaminífero adaptado ás nosas condicións, recoméndase a mestura de distintos cultivares (Tomuri, Matua, M51, M52, etc.), que aseguren un solapamento total coa floración de Hayward. |
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Antes de plantar ou de iniciar a plantación en produción integrada: *Examinar en profundidade o terreo, preferiblemente escavando perfís. *Realizar as análises pertinentes do solo en cada parcela e se é o caso UHC de cultivo. *Realizar, se é o caso, arranxos no terreo que impidan o estancamento da auga (distribución de rede de drenaxe) e a erosión hídrica. | -A profundidade do burato de plantación será a máxima posible e como mínimo de 40 cm. | -Os grandes movementos de terra para evitar traer á superficie estratos de solo pouco fértiles e por resultar perigoso para a estabilidade da pendente.-A desinfección química do solo.-Incluír en produción integrada parcelas ou zonas delimitadas das mesmas con existencia reincidente en máis de 3 anos de Armillaria, non podendo volver a integrarse en PI, ata pasados 5 anos e logo de informe técnico da autoridade competente. |
| -En parcelas con pendentes entre 10-20%, a plantación realizarase seguindo as curvas de nivel. En casos debidamente xustificados poderanse adoptar outras formas de plantación, sempre e cando se utilicen medidas correctoras que eviten o risco de erosión.-A preparación do solo debe ser profunda, eliminando ben todos os restos vexetais (tocos, raíces, etc.) de cultivos anteriores se os houbese, por seren fonte de problemas fitosanitarios como Armillaria sp, e outros.-En parcelas con risco de contaminación en canles de auga, establecer cando se realice a plantación medidas correctoras para evitar os lixiviados, segundo o Código Galego das Boas Prácticas Agrarias. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Os sistemas de plantación deberán permitir o acceso doado ao persoal e maquinaria de maneira que se garanta a seguridade no traballo. Marco de plantación e orientación: -Será tal que permitirá unha achega de luz aos froitos durante o período de vexetación. Débese prever suficiente espazo entre as liñas que asegure unha mínima aireación do cultivo.-Entitorado: instalación dunha estrutura de soporte para poder ser cultivada axeitadamente, cunha altura de 1,6-2 m do chan.-Distribución de polinizadores: nunha relación mínima do 20% de femias. | Marco de plantación e orientación: *Entre ringleiras superior a 4'5 m. *Entre plantas máis de 2'5 m.-As ringleiras orientaranse, de ser posible, de norte a sur para lograr unha mellor iluminación do cultivo.-Entitorado: admítense todos os sistemas de condución adaptados a este cultivo. O máis recomendado é o emparrado dobre, recoméndase a cruceta con tres arames a 1,8-2 m do chan.-Os arames serán de aceiro galvanizado ou plastificados para evitar o ensuciamento da froita.-Distribución de polinizadores: recoméndase unha relación femia/polinizador (macho) mínima de 5:1, ou ben supernumerarios. A súa distribución será tal que asegure un cubrimento total da superficie cuberta polas plantas femia. Pódense enxertar pólas de polinizadores (machos) sobre plantas femia. | -Ter outros cultivos asociados ao kiwi nas parcelas incluídas no sistema de produción integrada. |
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Durante os dous primeiros anos, a formación dun talo único e dereito e da póla ou pólas principais segundo o sistema de condución elixido.-A poda anual de inverno para obter unha plantación equilibrada e ben ventilada.-Poda de polinizadores. Na poda de inverno débese reducir con cortes de retroceso a madeira vella, asegurando a renovación de madeira e a elevada produción de flores.-As tesoiras de poda deberán estar ben afiadas para realizar cortes limpos. -Os instrumentos de corte deberán desinfectarse cando se cambie de parcela ou subparcela ou UHC.-Realizar a protección dos cortes de diámetro superior a 3 cm con produto selador de feridas.-Queimar os restos de poda daquelas plantas con sintomatoloxía clara de enfermidades. | -Na poda anual de inverno das plantas femia, deixar un máximo a cada lado da planta de 3 pólas por metro lineal con cadanseus 14-16 gromos (sen superar os 20 xemas). Para obter unha boa calidade de froito, non se deben superar os 200.000 xemas por hectárea.-Poda verde (verán) de plantas produtoras: importante para controlar a vexetación e asegurar a ventilación da planta evitando a aparición de enfermidades debidas a fungos e bacterias que atacan flores, pólas e froitos. Nas plantas femia recoméndase retirar precozmente durante o verán os ramos sen interese, pinzar os gromos de renovación e as puntas liadas que provocan enredos entre pólas.-A poda en verde das plantas macho: para evitar que lles dean sombra ás plantas produtoras, debe realizarse ao acabar a floración, reducindo á metade a parte aérea; débese evitar a poda moi drástica. | -Abandono de restos de poda sen triturar ou tallar.-Queima incontrolada de restos de poda. |
| -Practicar poda de rexuvenecemento cando existan plantas envellecidas ou afectadas por enfermidades da madeira. | ||
| -Recoméndase a utilización de produtos cicatrizantes nos cortes da poda de inverno. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Dispoñer de colmeas na plantación (8 a 10 por hectárea).-Efectuar un arrareo de froitos; inicialo en prefloración eliminando as flores achatadas, en abano, deformes e as laterais, continuando en postfloración inmediatamente despois da formación do froito, eliminando os froitos deformes, mal polinizados e os laterais que non se eliminaron na prefloración. Non deixar máis de 4 froitos por gromo frutífero. | -A aplicación de fitorreguladores para mellorar a formación do froito e crecemento do mesmo.-Excepcionalmente en circunstancias de anos de escaseza de horas de frío e en zonas concretas e baixo prescrición xustificada do técnico competente, poderase empregar como mellorador da xerminación da cianamida de hidróxeno. | |
| -En anos nos que a floración coincide con mal tempo, ou se a floración masculina se anticipa á feminina, recoméndase realizar unha polinización artificial de apoio. Esta polinización pode realizarse con pole recollido previamente e conservado en conxelador, con pole doutras plantacións ou distribuíndo pólas con flores masculinas traídas doutras plantacións entre as plantas femininas. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Estimar as necesidades de macronutrientes, en base á análise fisicoquímica do solo que se realizará ao integrarse as parcelas agrícolas ou UHC ao sistema de produción integrada.-As análises de fertilidade do solo realizaranse cunha periodicidade de polo menos cinco anos.-Farase o seguimento do estado nutritivo mediante análises foliares e de froito realizadas anualmente (co fin de evidenciar posibles carencias ou desequilibrios de elementos minerais). | -Realizar análises de fertilidade do solo cunha periodicidade de polo menos 3 anos.-Niveis de materia orgánica superiores ao 3%.-No caso de necesidades de nitróxeno mineral superiores a 50 kg/ha, aconséllase non realizar unha única achega senón a distribución da cantidade en dúas achegas, acabando en todos os casos antes de agosto.-O seguimento do estado nutritivo mediante análises foliares e de froito realizarase cando se evidencien posibles carencias ou desequilibrios de elementos minerais. | -Aplicacións de nitróxeno en forma nítrica ou de materia orgánica nas marxes das parcelas lindeiras a correntes.-Realizar achegas anuais superiores a 120-90-150 kg/ha de nitróxeno, fósforo e potasio. Excepcionalmente poderán aplicarse cantidades máis elevadas se se xustifica cunha análise do solo ou foliar recente.-As achegas ao solo de quelatos e outras formulacións de micronutrientes limitaranse ás situacións nas que as análises demostren que son indispensables para unha produción axeitada. |
| -Achegar polo menos un 20% das necesidades nitroxenadas en forma de nitróxeno orgánico procedente de compost organomineral, de estercos ben feitos ou da incorporación de fertilizante sideral (encespado) e con garantías de que están exentos de axentes patóxenos.-Levar a cabo un programa de aplicación para os macronutrientes potenciando a achega de fertilizantes naturais e reducindo os químicos de síntese. Na programación haberá de terse en conta que os fertilizantes provenientes do exterior (materia orgánica, fertilización directa) deben compensar as extraccións das colleitas e as perdas técnicas. O programa determinará as épocas e a forma de aplicación axeitada, segundo a extracción periódica do cultivo, para minimizar as perdas por lixiviación, erosión, etc. | -Utilizar fertilización foliar para corrixir carencias ou desequilibrios nutricionais puntuais. O seu emprego debe reducirse aos casos de verdadeiras anomalías e só cando o técnico así o decida.-Non achegar fertilizante nitroxenado antes do establecemento da planta. Os primeiros anos de cultivo, achegar os fertilizantes localizados na proximidade do aparello radicular. | -A aplicación de produtos reguladores do crecemento. |
| -A materia orgánica ou outras materias con valor fertilizantes deberá conter a mínima cantidade de metais pesados, patóxenos ou outros produtos tóxicos. -Realizaranse emendas calcarias anuais en solos de pH inferior a 5,8 e con concentracións de aluminio superiores a 0,5 cmol (+)/kg no CIC. | ||
| -A aplicación de nitróxeno realizarase respectando o Código Galego de Boas Prácticas Agrarias. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Sempre que exista unha boa dispoñibilidade de auga, o chan debe manterse con herba en toda a superficie (ringleiras e entrerringleiras).-En terreos con pendente entre 10-20%, o chan deberá manterse con herba permanentemente.-Manterase a flora espontánea cando esta sexa maioritariamente de gramíneas e leguminosas. No caso contrario, aconséllase o seu implante.-No caso de utilizárense herbicidas, deberán usarse os autorizados que figuran no apéndice II deste regulamento técnico e a súa aplicación realizarase no momento no que as malas herbas sexan máis sensibles, utilizando as doses mínimas posibles. | -En zonas de pouca dispoñibilidade de auga e nos anos iniciais do cultivo pódese intervir con laboreo do terreo, de maneira que a intervención sexa moi superficial para non danar o sistema radicular.-En cultivos de máis de 10 anos permítese o subsolado e fresado do terreo para provocar a rotura de raíces na zona do corredor e así provocar a renovación das mesmas na zona de produción. Ademais, permitirá a incorporación de materia orgánica nos primeiros 15-20 cm do terreo.-Nos casos de limitacións por pouca dispoñibilidade de auga, aconséllase cubrir o chan nas filas con mulching, etc. Se isto non fora posible, pódense aplicar herbicidas químicos autorizados nos momentos de máxima sensibilidade das herbas. | -A aplicación de herbicidas nas rúas.-Aplicar produtos herbicidas en plantacións de menos de 2-3 anos.-A aplicación de herbicidas que non figuren no apéndice desta normativa.-O emprego de materias activas que se deran de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación deste regulamento técnico.-A utilización de apeiros que destruán a estrutura do solo ou invirtan os seus horizontes.-A labra a favor da pendente. |
| -Cando se apliquen herbicidas, as materias activas deberán rotarse para evitar a aparición de resistencias ou inversión de flora. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Efectuar a análise da auga da rega ao iniciarse no sistema de produción integrada PI e posteriormente cunha periodicidade máxima de 5 anos. | -Sistema de rega de microaspersión ou microirrigación.-A colocación dun pluviómetro para medir a auga de choiva. | -Rega por anegamento. |
| -Nos casos nos que se sospeite a posibilidade de elevados contidos en sal ou de utilizarse auga que poida recibir descargas urbanas ou industriais, as análises efectuaranse con maior periodicidade a criterio do técnico. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -O material de rega utilizado nas instalacións novas deberá estar certificado segundo normas UNE, sempre que estas existan para este tipo de material. |
| -A distribución en toda a plantación dunha rede de rega, que asegure a achega de auga precisa ás plantas en cantidade e calidade, xa que o cultivo da actinidia non pode realizarse racionalmente se non se dispón de auga suficiente. |
| -O emprego de tensiómetros para determinar a frecuencia e doses das regas. |
| -Establecer o volume máximo de cada rega e quenda en función do sistema de rega, profundidade radicular, estado hídrico do solo, das súas características fisicoquímicas, do estado vexetativo, densidade de plantación, etc. |
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -No control de pragas e enfermidades anteporanse os métodos culturais, biolóxicos, biotecnolóxicos, físicos e xenéticos aos métodos químicos.-Realizar un seguimento e control fitosanitario das parcelas ou UHC, empregando a metodoloxía especificada no apéndice I deste regulamento.-No caso de resultar precisa unha intervención química, as materias activas a utilizar serán seleccionadas de acordo cos criterios de menor perigo para humanos, fauna silvestre e medio ambiente, que proporcione un control efectivo da praga, o patóxeno ou a mala herba, a selectividade (débese evitar a toxicidade para inimigos naturais e polinizadores), os residuos e o risco de aparición de poboacións resistentes. | -Os tratamentos localizados, cando sexa posible, evitando os tratamentos xeneralizados.-A revisión periódica da maquinaria de aplicación.-A alternancia de materias activas ou familia destas para evitar a aparición de resistencias. | -A aplicación de tratamentos químicos sen xustificación técnica.-A utilización de materias activas non establecidas neste regulamento técnico.-A utilización de doses diferentes das recomendadas para cada produto.-Utilizar calquera produto fitosanitario que se dera de baixa no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario do MAPA con posterioridade á publicación deste regulamento técnico.-Realizar aplicacións de produtos fitosanitarios en condicións meteoroloxicamente desfavorables. |
| -As substancias activas que se empreguen estarán autorizadas no Rexistro de Produtos e Material Fitosanitario e aprobados expresamente para o cultivo no que se apliquen, respectando sempre as restricións impostas nesta norma, podéndose establecer unha listaxe de substancias activas seleccionadas entre aquelas para o seu posible emprego en produción integrada, de acordo co apéndice I, sobre a base da experiencia coñecida do seu impacto nos correspondentes organismos útiles e outros requisitos ambientais. | ||
| -Ampliar no máximo posible os prazos de seguridade dos fitosanitarios, para minimizar a presenza de residuos no momento da colleita. | ||
| -A maquinaria de aplicación atoparase en perfecto estado de funcionamento e a pulverización será uniforme. O seu correcto funcionamento será controlado polo menos unha vez ao ano polo operador e técnico competente e cada catro anos, no momento no que estean vixentes os planos de revisión oficial, co fin de asegurar unha eficiente e segura aplicación dos fitosanitarios. | ||
| -As aplicacións serán realizadas por persoal que estea en posesión polo menos do carné de nivel básico de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios. Durante a manipulación e aplicación do preparado comercial estará equipado en todo momento co Equipo de Protección Individual (EPI) homologado e máis axeitado á intervención. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Realizarase a partir de que o índice refragtométrico, medido no momento da recolleita, sexa superior ao 6.5; hai que lembrar que as medicións realizadas de 24 a 48 horas despois da colleita, en froitos mantidos a temperatura ambiente, elevan os seus índices refragtométricos unha media do 1-2%.-Os froitos deben de recollerse separándoos do pedúnculo (que quedará na póla).-Asegurar a limpeza e asepsia dos elementos utilizados na colleita, manipulación e almacenamento do kiwi. | -Operar durante a colleita de maneira que se eviten as feridas e golpes na fase da colleita e durante a manipulación e baleirado de colectores.-As normas de calidade para os kiwis establécense no Regulamento (CE) nº 410/1990, da Comisión, do 16 de febreiro de 1990 (DOCE nº L 43, do 17 de febreiro), que foi modificado polo Regulamento (CE) nº 305/1992, da Comisión, do 7 de febreiro de 1992 (DOCE nº L 32, do 8 de febreiro) e polo Regulamento nº 888/1997, da Comisión, do 16 de maio de 1997 (DOCE nº L 126, do 17 de maio). | -Está prohibida a aplicación de produtos ás plantas ou aos froitos que aumenten o grao refragtométrico e por tanto que adianten a súa maduración. |
| -As caixas de campo utilizadas para o transporte aos centros de acondicionamento deberán presentar unha identificación inequívoca da variedade e do produtor e parcela ou subparcela se é o caso. | ||
| -A refrixeración rápida do kiwi para preservar a súa calidade. | ||
| -A recolección realizarase con data posterior ao 20 de outubro. | ||
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Tomaranse as medidas oportunas para protexer a fauna e flora nas áreas próximas á plantación (evitar derivas que poidan danar outros cultivos lindeiros, etc.)-Efectuarase triple enxaugado de todos os envases que conteñan formulacións líquidas, en xel, po, microencapsulados, etc, durante as aplicacións fitosaniotarias. A auga de lavado destes envases engadirase ao tanque de aplicación. | -Procurarase a protección do contorno da plantación. No caso da instalación de estremas, proteccións ou cortaventos, intentarase danar o menos posible o contorno e sempre que sexa posible empregaranse especies autóctonas.-Non almacenar produtos fitosanitarios nin fertilizantes en contacto co solo. | -Queda prohibida a vertedura ás augas correntes de produtos agroquímicos sobrantes e dos líquidos sobrantes da limpeza da maquinaria de tratamento. |
| Obrigatoria | Recomendadas | Prohibidas |
| -Dispoñer dun local de almacenamento de praguicidas e fertilizantes, separadas do material vexetal e dos produtos frescos, de forma que se evite calquera risco de contaminación. O almacén disporá de chave e ventilación permanente e suficiente. |
| -Os produtos fitosanitarios e fertilizantes deben estar debidamente ordenados e separados fisicamente. |
| -Habilitaranse na explotación recipientes para almacenamento temporal de envases baleiros, utilizados nos distintos tratamentos. |
| -Os envoltorios, envases e recipientes de produtos de uso agrícola eliminaranse polos medios establecidos. |
| Mostraxe | Límites e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) | Control químico |
| Semanal en épocas de risco (principalmente floración e pre-colleita). | No estado fenolóxico: H-I.: Choivas persistentes Humidade prolongada Presenza de inóculos | Preventivos-Favorecer a ventilación da planta.-Eliminación de restos de poda con síntomas.-Boa drenaxe no solo.-Fertilización correcta. | Procimidona Restricións ás substancias activas Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente. Último tratamento 7 días antes da colleita. |
| Mostraxe | Límites e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) | Axentes biolóxicos |
| Marcaxe invernal de plantas afectadas. | Cando xustificadamente o determine o técnico. | -Boa drenaxe.-Eliminación de plantas afectadas. | Trichoderma Harzianum Aplicación na rega. |
| Mostraxe | Límite e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) |
| Marcaxe de plantas afectadas. | Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente. | En terreos con presenza de fungos, non incluír en produción integrada ata pasados 5 anos. |
| Mostraxe | Límites e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) | Control químico |
| Semanal en época de floración e previa (H-I). | -Máis de 10% de botóns florais afectados. | Eliminación dos restos de poda, e destrución dos mesmos. | Oxicloruro de cobre. Óxido cuproso. Sulfato tribásico de cobre. |
| Mostraxe | Límite e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) |
| Marcaxe de plantas con síntomas. | Se é estritamente preciso e mediante xustificación do técnico competente. | -Análise previa á plantación ou ao incio da P.I.-Planta de viveiro libre de nódulos en raíces.-Arrinque plantas afectadas. |
| Mostraxe | Límites e/ou criterios mínimos de intervención | Outras medidas complementarias aplicables (culturais, biotecnolóxicas) | Control químico | Recomendacións |
| Semanal no período máis sensible (en inicio de período vexetativo). | Cando se observe perda de follaxe que ameace o crecemento do ramo, dependendo da masa vexetativa. | Eliminación manual. | Metaldehido. | Aplicación con brocha a troncos e crucetas, ou ben como cebo no chan. |
| Cadro 1: Herbicidas (materias activas) para P.I. de actinidia (kiwi) | |||
| Materia activa | Actividade | Doses de p.c. | Observacións |
| Glifosato | S | 3-6 l/ha | Contra anuais e vivaces |
| 6-12 l/ha | Contra leñosas | ||
| Glufosinato | S-C | 3-5 l/ha | Contra anuais |
| 5-10 l/ha | Contra perennes | ||
| Activadores de agromo (materias activas) para P.I. de actinidia (kiwi) | ||
| Materia activa | Actividade | Doses de p.c |
| Cianamida de hidróxeno | 10 a 20 l/ha | |
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es