Diario Oficial de Galicia
venres, 23 de xuño de 2006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

120


Páxina do Dog:

10.137


Data da Disposición:

20 de xuño de 2006


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:

Orde


Título:

Orde do 20 de xuño de 2006 pola que se procede á modificación da do 12 de agosto de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral.



Orde do 20 de xuño de 2006 pola que se procede á modificación da do 12 de agosto de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

Os traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais teñen, pola súa propia natureza, unhas peculiaridades propias que aconsellan, para conseguir unha maior eficacia nas tarefas de planificación e execución das funcións que ten encomendadas, proceder á redistribuír as competencias en materia de persoal atribuídas ao secretario xeral pola Orde do 12 de agosto de 2005, e delegar nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectuar as contratacións do persoal laboral temporal necesario para o seu desenvolvemento e execución, delegación que é precisa por razóns operativas, debido ao gran volume de contratacións temporais que se levan a cabo.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, e 43 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e demais disposicións de aplicación, procedo a modificar a Orde do 12 de agosto do 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral, nos seguintes termos:

DISPOÑO:
Artigo 1º
Modifícase o título da Orde do 12 de agosto de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral, pasando a denominarse Orde do 20 de xuño de 2006, sobre delegación de competencias nos distintos órganos da consellaría.

Artigo 2º
Modifícase o punto primeiro da Orde do 12 de agosto de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral, que queda redactado do seguinte xeito:

Primeiro.-Administración de persoal.
1. Delégase no secretario xeral o exercicio das facultades que lle corresponden ao conselleiro en materia de persoal segundo o establecido no artigo 15 da Lei da función pública de Galicia, agás a provisión de postos de traballo clasificados como de libre designación e as contratacións de persoal laboral temporal dos servizos provinciais ás que se refire o parágrafo seguinte.

2. Delégase nos delegados provinciais o exercicio da competencia para efectuar as contratacións de persoal laboral temporal dos servizos provinciais de defensa contra incendios forestais aos que lles sexa de aplicación o Acordo do 28 de xullo de 1995 (DOG do 8 de setembro).

Disposición adicional
En todo o non previsto nesta orde continúa en vigor o establecido na Orde do 12 de agosto de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2006.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es