Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.129

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.

Como unha das principais novidades, e facéndose eco dunha profunda demanda social no noso tempo, a Constitución española recoñece no seu elenco de dereitos, no seu artigo 45, o dereito de todos a desfrutar dun medio ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, o deber de conservalo, así como a obriga dos poderes públicos de velar pola utilización racional dos recursos naturais para promover e mellora-la calidade de vida e defender e restaura-lo medio ambiente, apoiándose na indispensable solidariedade colectiva.

Nos termos competenciais, a materia concrétase na atribución ó Estado da competencia para emana-la lexislación básica sobre a protección do medio ambiente (artigo 149.1º 23) correspondendo á Comunidade Autónoma de Galicia, segundo sinala o artigo

27.30º do seu Estatuto de autonomía, a competencia exclusiva para aproba-las normas adicionais sobre a protección do medio ambiente e a paisaxe, nos termos do artigo 149.1º 23, así como a xestión en materia de protección do medio ambiente (artigo 148.1º 9).

Como desenvolvemento da competencia mencionada, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, co obxecto de establecer e realizar unha política ambiental orientada á defensa, protección e restauración dos valores ambientais propios da nosa comunidade, e para prestar unha necesaria coherencia á regulación sectorial existente, co fin de facilita-la súa aplicación e efectividade dentro dun modelo de integración. Deste modo, como un dos orzamentos para iso, sinálase que regulamentanamente se establecerá o procedemento da inspección e o seu alcance, contido e efectos (artigo 32.4º).

A esixencia constitucional de promulgar un dispositivo legal que prevexa sancións administrativas e a obriga de repara-lo dano causado comporta a necesidade de constituír e harmonizar un labor de vixilancia e inspección que resulte o máis eficaz posible. Así, unha das necesidades que se pretenderon cubrir coa mencionada lei é o desenvolvemento e coordinación dos labores de vixilancia ambiental, o que se plasma na definición dunha inspección ambiental única (artigo 29), coordinada polo órgano da Administración ambiental que regulamentariamente se determine. Esta materia é precisamente un dos principais obxectos de desenvolvemento no presente decreto, onde, entre outras cosas, se pretende articula-los labores de inspección dos diferentes órganos autonómicos con competencia en materia medioambiental, e que deste modo se produza unha efectiva coordinación na función inspectora entre tódolos órganos implicados, co obxecto de lograr unha maior efectividade dos instrumentos de prevención

que se regulan na Lei de protección ambiental e, se é o caso, que ás conductas que puidesen constituír ilícitos administrativos lles sexa de aplicación o réxime disciplinario correspondente e, ó mesmo tempo, se obrigue ó responsable a repara-lo dano causado.

Así mesmo, no marco do órgano ambiental autonómico, é dicir, da Comisión Galega de Medio Ambiente, considerouse a conveniencia de potencia-las ponencias técnicas das comisiones provinciais de medio ambiente, e como eixe daquelas, das xefaturas provinciais de protección ambiental, para lograr deste modo o impulso en todos e cada un dos aspectos que se refiren á vixilancia, sanción e reparación de danos no campo medioambiental. Para isto, ponse a disposición da ponencia técnica, a través das xefaturas provinciais de protección ambiental, unha estructura administrativa suficiente, fundamentalmente constituída pola Inspección Ambiental Xeral, dependente das mencionadas xefaturas provinciais, e que vén a complementar-lo labor dos técnicos que no momento presente xa desenvolven ese labor. Con isto lógrase non só aborda-las tarefas propias e específicas das xefaturas provinciais, senón tamén apoia-lo labor xeral da inspección cualificada en sectores onde as circunstancias o fixeron difícil.

Non obstante, non será este o único labor da Inspección Ambiental Xeral. Na actualidade, constantemente se están formulando e regulamentando novos instrumentos de protección ambiental que loxicamente están necesitados dunha intervención pública de parte da Administración competente. Algúns destes instrumentos xa se regulan na Lei de protección ambiental de Galicia, como a ecoxestión e ecoauditoría, o ecoetiquetado, a vixilancia ambiental na redacción dos instrumentos de planeamento urbanístico, ou a acción da Administración para a consecución de pactos ambientais en determinadas situacións. Outros instrumentos derivarán sen dúbida de propostas lexislativas de futuro, froito da crecente esixencia social neste campo. En calquera caso, o papel que debe desempeñar en tales instrumentos a nova Administración ambiental ten que ser decisivo, co obxecto de lograr que estes cumpran a función para a que foron creados, o cal só se conseguirá a través do prestixio e a rigorosidade que vén dada

por unha correcta vixilancia pública na súa aplicación.

Deste modo, preténdese lograr unha maior adecuación técnica e administrativa das atuaciones de inspección, unha coordinación destas, e o desenvolvemento dunha comunicación eficaz entre a Administración autonómica e os interesados ou denunciantes que, en uso do seu dereito de participación, formulen algún tipo de reclamación ambiental.

Outro obxectivo primordial que está latente no decreto é a necesidade de aplica-lo principio de celeridade na tramitación administrativa de tódalas actuacións de vixilancia en relación co medio ambiente, para o que se establece a posibilidade e conveniencia de realiza-las mesmas a través dos medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, segundo o establecido na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e de procedemento administrativo común.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Definición, funcións e principios

Artigo 1º

1. O exercicio da función de inspección ambiental ten como fin garanti-lo dereito a desfrutar dun medio ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, o deber de conservalo, a utilización racional dos recursos naturais, así como protexer e mellora-la calidade de vida dentro do respecto ós principios constitucionais e estatutarios, velando polo cumprimento das leis e normas xerais de protección e xestión do medio ambiente.

2. A función da inspección ambiental abrangue o control previo e a vixilancia do correcto cumprimento

dos instrumentos preventivos e das prescricións legais para a preservación medioambiental, co obxecto de facer constar, se é o caso, as infraccións e os danos que se producisen, así coma recompi-la proba suficiente dos mesmos; e, en xeral, a execución do control e vixilancia de calquera tipo de actividade e instalación que fose susceptible de afectar negativamente o medio ambiente de Galicia.

Artigo 2º

A actuación de vixilancia e comprobación ambiental realizarase con observancia dos principios de coordinación, eficacia e celeridade.

Artigo 3º

O ámbito de actuación da inspección ambiental terá como obxecto as actividades e actuacións que se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º

1. No ámbito da Administración autonómica, corresponderá o exercicio da función de control e vixilancia a unha inspección ambiental única, coordinada polo órgano ambiental.

2. Terá a condición de inspector ambiental o funcionario autonómico cualificado, que trala oportuna habilitación recibira a acreditación como tal expedida pola Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

3. Os funcionarios autonómicos de garderías e asimilados, que desempeñen cometidos de vixilancia, conforme a normativa vixente, poderán recibir acreditación como axentes auxiliares ambientais.

Por orde conxunta regularase o contido, alcance e forma das súas actuacións en relación coa inspección ambiental.

4. Para os efectos do prevido na Lei de protección ambiental de Galicia e no presente decreto, entenderáse por órgano ambiental competente, cando a competencia para a avaliación ou a vixilancia das actuacións ou actividades lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, a Comisión Galega do Medio Ambiente, da que dependerán as correspondentes comisións provinciais do medio ambiente.

Para os mesmos efectos, por órgano substantivo entenderase o sectorial que teña atribuída as competencias na materia para o outorgamento da autorización, concesión ou licencia.

5. Nos casos particularizados que motiven o exercicio dun labor inspector, o órgano de coordinación deste en cada unha das provincias será a Ponencia Técnica da respectiva Comisión Provincial de Medio Ambiente, actuando a Xefatura Provincial de Protección Ambiental como órgano de tramitación no dito labor.

6. Cando as circunstancias non ofrezan dúbidas en canto ás actuacións oportunas ou legalmente procedentes, para o impulso do labor inspector e das súas consecuencias xurídicas bastará a actuación da Xefa

tura Provincial de Protección Ambiental, do ponente do órgano sectorial ou de ámbolos dous. No caso de dúbida, será a ponencia técnica ou, se é o caso, a comisión provincial a que decida sobre o particular.

7. Cando o ámbito xeográfico dunha actividade ou conducta obxecto de inspección ou denuncia se refira a dúas ou máis provincias, a función correspondente será exercida pola Comisión Galega do Medio Ambiente, actuando a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente como órgano de tramitación do dito labor.

8. O labor de coordinación da inspección ambiental realizarase sen prexuízo das específicas funcións inspectoras que corresporidan a órganos sectoriais competentes.

Artigo 5º

A inspección ambiental dependente da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, ou Inspección Ambiental Xeral, desenvolverá a súa función de xeito preferente na vixilancia da efectividade dos diferentes instrumentos preventivos que regulan a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, no impulso e complemento dos labores xerais de vixilancia e disciplina ambiental dos órganos sectoriais, na coordinación das demais funcións relacionadas coa inspección, así como nos labores que se lle atribúan de maneira específica por calquera norma.

Artigo 6º

1. A Administración local desenvolverá a súa propia inspección de cara ó correcto exercicio da súa competencia no marco da Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, as leis reguladoras do réxime local, do presente decreto e do resto das normas de protección e xestión do medio ambiente.

2. Non obstante, cando a Administración local se considere imposibilitada para o exercicio da competencia de inspección, esta poderá solicitarlle á Administración autonómica o auxilio en tal función.

Artigo 7º

1. Dentro do exercicio da función inspectora ambiental a Ponencia Técnica da Comisión Provincial de Medio Ambiental coordinará a actuación dos diferentes órganos, de forma que, cando existan varios que teñan que actuar para realizaren comprobacións ambientais dunha mesma empresa ou actividade, o fagan de forma conxunta.

2. A prescrición do parágrafo anterior non afectará ás inspeccións habituais ou continuadas que os diferentes órganos sectoriais ou garderías realizan en cumprimento do labor cotián.

Tampouco afectará ás inspeccións que, correspondendo dunha maneira directa á competencia sectorial do órgano substantivo, se realicen nunha circunstancia de urxente necesidade.

3. Nos casos definidos no parágrafo segundo, o órgano sectorial comunicará de forma inmediata a realización das dilixencias comentadas e a acta que resultará delas á Xefatura Provincial de Protección Ambiental.

Artigo 8º

1. Cunha periodicidade anual, a ponencia técnica elevará á Comisión Provincial de Medio Ambiente a relación de actuacións e resultados do labor inspector, á que se unirá un informe para a valoración dos diferentes aspectos dela.

2. O documento mencionado no parágrafo anterior será remitido á Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, que dará traslado del á Comisión Delegada de Medio Ambiente e á Comisión Galega de Medio Ambiente, para o seu exame e, se é o caso, formula-las observacións que se consideren oportunas.

Artigo 9º

1. Os funcionarios que exerzan a inspección ambiental da Comunidade Autónoma gozarán no exercicio das súas funcións da consideración de axente da autoridade, estando facultados para acceder, sen previo aviso e tras identificarse, ás instalacións nas que se desenvolvan as actividades reguladas pola Lei de protección ambiental de Galicia.

2. Nas actuacións poderán instar de organismos e institucións a colabroración necesaria para o cumprimento das funcións que lle están legalmente encomendadas.

3. Para tal efecto, a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente expedirá a acreditación oportuna na que conste de maneira expresa e clara a condición de persoal da inspección ambiental dedicado a esta función, sen prexuízo da acreditación do órgano sectorial correspondente.

Artigo 10º

1. A inspección ambiental exercerase con observancia do principio de colaboración entre as diferentes administracións públicas.

2. As demais policías ou garderías estatais ou municipais están obrigadas a presta-lo suficiente auxilio administrativo nas funcións de inspección recoñecidas na Lei de protección ambiental e no presente decreto.

Artigo 11º

1. Os órganos competentes en materia medioambiental desenvolverán a función de vixilancia e inspección con especial atención, e na súa realización e posterior xestión dos resultados obtidos serán utilizados, se fora preciso, os medio técnicos que posibilita a Lei, especialmente os recollidos no artigo 45 da Lei 30/1992, de réxime xurídico para as administracións públicas e de procedemento administrativo común, co obxecto de acadar un nivel óptimo de celeridade e eficacia.

2. A Administración competente promoverá a utilización no labor inspector ambiental das tecnoloxías dispoñibles máis avanzadas para a verificación e proba de calquera tipo de infracción ambiental.

TÍTULO II

Exercicio da función inspectora

Capítulo I

Clases de inspección e normas xerais

Artigo 12º

A función inspectora poderá exercerse dalgunha das seguintes formas:

1. Con carácter previo ó outorgamento dunha autorización ou licencia, co obxecto de comproba-la realidade dos extremos achegados nos estudios ou proxectos dos diferentes elementos preventivos, ou da aplicación das medidas correctoras impostas na declaración ou licencia.

2. Con posterioridade á posta en marcha da actividade, co obxecto de comprobar que se cumpren de maneira, continuada as condicións marcadas nos instrumentos preventivos, así como as sinaladas por calquera outra prescrición legal.

3. En virtude da denuncia dalgún feito que puidese ser constitutivo de delicto, infracción administrativa, ou incumprimento de prescricións de obrigado cumprimento.

4. De oficio, para a comprobación de calquera actividade en funcionamento ou abandonada de forma ilegal, ou por coñecemento ou indicios da existencia de feitos que puidesen ser constitutivos de delicto ou infracción administrativa.

Artigo 13º

1. Para os efectos do presente decreto, son actas de inspección ambiental os documentos emanados da inspección ambiental co fin de recolle-los resultados das actuacións de investigación e comprobación.

2. As actas que se realicen no exercicio da vixilancia do cumprimento do ordenamento xurídico ambiental conterán tódolos extremos que puidesen resultar de relevancia para este e promoverán ou adoptarán as medidas necesarias para garantir un resultado axeitado.

3. As actas de inspección ambiental poden ser de investigación e de comprobación.

4. As actas de investigación poden ser de infracción se se apreciara a existencia dun ilícito ambiental ou de constatación de adecuación das actividades ou actuacións.

5. As actas de comprobación constatarán o cumprimento ou incumprimento dos requisitos medioambientais contidos na licencia ou autorización para o exercicio da actividade de que se trate.

6. As actas de inspección ambiental que se levanten gozarán da presunción de veracidade respecto ós feitos que nela se declaren probados.

7. As prescricións anteriores enténdense sen prexuízo das establecidas para determinadas inspeccións, tanto pola lexislación básica do Estado como pola regulación autonómica.

Artigo 14º

Nas actas de inspección ambiental que documenten o resultado das súas actuacións consignaranse:

a) O lugar e a data da súa formulación.

b) A identificación persoal dos actuarios que a subscriben.

e) Os elementos esenciais da infracción ambiental e da súa atribución ó causante, con expresión dos feitos e circunstancias con trascendencia na infracción.

d) A conformidade ou desconformidade do presunto causante.

e) O nome e apelidos, número do documento nacional de identidade e sinatura, se é o caso, da persoa coa que se estenden as actuacións e o carácter ou representación co que interven nas mesmas; así como, en calquera caso, o nome e apelidos ou a razón ou denominación social completa, o número de identificación fiscal e o domicilio tributario do interesado.

Artigo 15º

Se a persoa coa que se realizan as actuacións se negase a asina-la acta, a inspección farao constar nela, así como a mención de que lle entrega un exemplar duplicado. Se a dita persoa se negase a recibi-lo duplicado da acta, o inspector farao constar igualmente e, en tal caso, o correspondente exemplar seralle enviado ó interesado nos tres días seguintes, por algún dos medios previstos nas disposicións vixentes.

Capítulo II

Inspeccións previas á autorización ou licencia

Artigo 16º

Cando unha lei ou norma de inferior rango fixera necesaria unha avaliación preliminar do impacto, efecto ou incidencia ambiental, ou a xustificación da necesidade do proxecto, ou avance de alternativas, o órgano ambiental poderá ordenar unha inspección para comprobar e valora-las circunstancias mencionadas.

Artigo 17º

Será función da Inspección Ambiental Xeral e da inspección sectorial correspondente, procurar e vixilar que tódalas actividades que legalmente deban cumpri-lo requisito de previa avaliación ambiental se sometan ó dito instrumento preventivo.

Artigo 18º

1. Os órganos da Administración autonómica ou, se é o caso, os concellos, farán constar na autorización ou licencia correspondente de instalación das actividades nas que para o seu exercicio se requira unha previa declaración ou dictame ambiental, que non se poderá dar comezo á actividade sen que previamente se levante a correspondente acta de comprobación, que o interesado ou promotor solicitará á Administración competente, e que terá que ser favorable para que se poida proceder á posta en marcha de tal actividade.

2. A acta será favorable só no caso de que por parte do promotor ou interesado se aplicasen na actividade as prescricións do proxecto ou estudio xunto coas correspondentes medidas correctoras impostas na declaración ou licencia de que se trate.

3. Á solicitude que se regula no parágrafo 1º deste artigo unirase unha certificación do técnico director das obras ou instalacións na que se especificará que estas se axustan ós termos da autorización ou licencia, a cal atribuirá a aquel a responsabilidade sobre a veracidade da certificación.

Artigo 19º

1. Con carácter previo á posta en funcionamento da actividade, unha vez outorgada a preceptiva autorización ou licencia, ou cando en xeral fose preciso calquera instrumento de protección ambiental, o órgano competente acordará, logo da solicitude que se regula no artigo 18, unha visita de comprobación que realizarán os inspectores ou técnicos competentes co obxecto de verifica-la realidade dos extremos achegados polos estudios ou proxectos e das medidas correctoras impostas polas correspondentes declaracións ou licencias.

2. No caso de que a visita de comprobación non fora realizada polo órgano competente no prazo de un mes desde a solicitude, o promotor poderá inicia-lo exercicio da actividade, sen prexuízo da obriga da Administración de realizar posteriores inspeccións de comprobación. En todo caso, o transcurso do prazo sinalado non eximirá ó promotor da obrigatoriedade de cumprimento do contido da correspondente declaración.

Artigo 20º

1. No suposto de que a autorización ou licencia impoñan determinadas medidas correctoras e antes de solicitarse a visita de comprobación se teñan que realizar probas para verifica-lo axeitado funcionamento de máquinas e instalacións, o interesado terá obriga de comunicarllo á Administración competente, con cinco días hábiles de antelación como mínimo, explicando a súa duración e as medidas axeitadas que garantan que as probas non afectarán ó medio ambiente nin supoñerán un risco para as persoas ou bens.

2. Recibida a solicitude, a Administración competente resolverá sobre a práctica das probas, entendéndose positivo o silencio daquela cando transcorran os cinco días hábiles previos que sinala o parágrafo anterior.

3. Cando a Administración competente así o requira, as probas deberán facerse en presencia de técnicos dela e as súas instruccións serán de obrigado cumprimento.

Capítulo III

Inspección de seguimento

Artigo 21º

1. A Comisión Galega de Medio Ambiente acordará para cada unha das provincias un Plan de Seguimento

Global das actividades sometidas a avaliación de impacto ou efectos ambientais, que será obxecto de execución por parte das xefaturas provinciais de protección ambiental, baixo a supervición da respectiva Comisión Provincial de Medio Ambiente.

2. Sobre a execución do dito plan emitirase un informe anual, que fará consta-lo grao de cumprimento dos instrumentos preventivos e as medidas tomadas no caso de incumprimento. O dito informe conterá tamén a información precisa sobre o control das actividades clasificadas.

3. O informe anual será remitido á Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, que dará traslado deste á Comisión Delegada de Medio Ambiente e á Comisión Galega de Medio Ambiente, para o seu exame e, se é o caso, formula-las observacións que se consideren oportunas.

Artigo 22º

No caso de que se comprobase que unha actividade se desenvolve sen axustarse ó instrumento ambiental preceptivo, tal circunstancia farase constar, de maneira detallada, na acta levantada para o efecto.

Artigo 23º

Unha vez comprobado o incumprimento das condicións mencionadas, o órgano competente poderá acordar calquera das medidas cautelares que prevé a normativa estatal, a Lei de protección ambiental ou a normativa sectorial que fose aplicable ó caso.

Artigo 24º

Cando o incumprimento consistise na non presentación de plans, programas ou demais documentación no prazo sinalado nalgún instrumento preventivo, o órgano ambiental poderá solicitar directamente do promotor que emende a omisión no prazo improrrogable de dez días.

Artigo 25º

Cando a avaliación ambiental fose competencia doutra Administración pública, a acta de comprobación dalgunha circunstancia que puidera contravir esta será enviada á Administración competente, para a execución das medidas que por lei procedan.

Capítulo IV

Denuncias

Artigo 26º

1. Cando o coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de delicto, infracción administrativa ou incumprimento de prescricións de obrigado cumprimento se produza por denuncia, a Xefatura Provincial de Protección Ambiental ou, se é o caso, a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, realizará a comprobación dos feitos decritos na denuncia e das circunstancias que puidesen ser necesarias para a súa valoración, ou ben, impulsará a averiguación polo órgano sectorial correspondente.

2. No demais, observarase o disposto no Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Artigo 27º

1. Co obxecto de facilita-la tramitación das denuncias ambientais formuladas polas persoas físicas ou xurídicas, estas dirixiranse á Xefatura Provincial de Protección Ambiental da respectiva provincia, por calquera dos medios admitidos no artigo 45 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

2. Se o obxecto da denuncia afectase a dúas ou máis provincias de Galicia, esta dirixirase á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, que en tal caso será a competente para a tramitación das funcións ordinarias que se atribúen ás xefaturas provinciais de protección ambiental.

3. As denuncias cubriranse en modelo que se determine por orde, e en calquera caso incluíndo as circunstancias que nel se conteñan, así como as demais que se consideren oportunas. A denuncia expresará a identidade da persoa ou persoas que a presenten, o relato dos feitos que puidesen constituír infracción e a data da súa comisión e, cando sexa posible, a identificación dos presuntos responsables.

4. Cando do exame da denuncia a Xefatura Provincial de Protección Ambiental ou o órgano sectorial correspondente deducise falta de claridade ou concreción suficiente, poderá solicitarse do denunciante que aclare ou concrete a súa denuncia.

Artigo 28º

1. O órgano competente comunicaralle ó denunciante, directamente ou por medio da Xefatura Provincial de Protección Ambiental, a iniciación ou non do procedemento sancionador cando a denuncia estea acompañada dunha solicitude de iniciación.

2. A apertura do correspondente expediente sancionador comunicarase, en todo caso, á Xefatura Provincial de Protección Ambiental.

Artigo 29º

Se da denuncia e as conseguintes averiguacións se deduce a posible existencia dun delicto ou falta relacionado co medio ambiente, o órgano administrativo remitirá inmediatamente as actuacións ó órgano xurisdiccional competente, podendo acompaña-los informes técnicos ou xurídicos que se consideren oportunos.

Artigo 30º

No caso de que a competencia para tramitar e resolve-lo obxecto da denuncia corresponda a outra Administración pública, remitiráselle a esta o contido da denuncia e o resto das evidencias que consten en poder da Administración autonómica e puidesen ter relación co obxecto denunciado.

Capítulo V

Coñecemento de oficio

Artigo 31º

Cando a Administración teña coñecemento polos seus propios medios da existencia de feitos que pui

desen ser constitutivos de delicto contra o medio ambiente, infracción administrativa ou incumprimento das prescricións de obrigado cumprimento, e despois de efectuadas as comprobacións que se consideren pertinentes, se fose preciso, procederá de acordo co establecido na Lei de protección ambiental de Galicia, na lexislación sectorial aplicable ou, se é o caso, no Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

TÍTULO III

Normas específicas para a inspección previa e de

seguimento das actividades clasificadas

Artigo 32º

Ademais das normas xerais reguladas neste decreto, serán de aplicación específica ás inspeccións das actividades clasificadas as normas contidas no presente título.

Artigo 33º

1. A preceptiva visita de comprobación das actividades clasificadas consistirá en verificar se as instalacións se axtistan ó proxecto presentado e se se adoptaron tódalas medidas correctoras impostas na concesión de licencia.

2. Do resultado da visita formularase unha acta por triplicado na que se farán constar, como mínimo, os puntos que se indiquen no modelo que se determinará por orde. Un exemplar da acta será entregado ó interesado, outro ó concello e o terceiro será remitido á Comisión Provincial de Medio Ambiente.

3. De ser aconsellable, polo tamaño, dimensión ou complexidade das instalacións, será posible a realización das actas de comprobación parcial, por sectores ou áreas da actividade principal.

Artigo 34º

1. Poderá iniciarse o comezo da actividade:

a) Sen máis trámite, cando a acta sexa totalmente favorable.

b) Se se constata que, aínda que as instalacións non se axustan exactamente ó proxecto, as variacións introducidas son accesorias e se adoptaron tódalas medidas correctoras impostas na licencia.

2. Non se poderá autoriza-lo comezo da actividade:

a) Se se comproba que as obras ou instalacións realizadas varían sensiblemente das que figuraban no proxecto. Neste caso o titular da licencia terá que someter a trámite un novo proxecto.

b) Se se comproba que non se adoptaron as medidas correctoras impostas na licencia. Neste suposto, os técnicos sinalarán as deficiencias observadas e, unha vez corrixidas, realizarase unha nova visita de comprobación.

3. Se se comproba que as instalacións se axustan ó proxecto presentado e se adoptaron tódalas medidas correctoras impostas na licencia, pero tales medidas

non garanten, no momento de visita, os índices ou valores de referencia sinalados na normativa vixente, os técnicos que realicen a visita de comprobación valorarán o risco desta insuficiencia e poñerana de inmediato en conecemento do concello e da Comisión Provincial do Medio Ambiente correspondente, para os efectos oportunos.

Artigo 35º

1. A visita de comprobación efectuarase coa máxima prontitude e, en todo caso, no prazo máximo de vinte días hábiles contados desde a data na que o peticionario lla solicite ó concello. A visita notificaráselle ó peticionario cunha antelación mínima de dous días hábiles.

2. No caso de que a visita de comprobación non fose realizada polo órgano competente no prazo de vinte días hábiles desde a solicitude, o promotor poderá inicia-lo exercicio da actividade, sen prexuízo da obriga da Administración de realizar posteriores inspeccións de comprobación. En todo caso, o transcurso do prazo sinalado non eximirá o promotor da obrigatoriedade de cumprimento do contido da correspondente declaración.

Artigo 36º

1. A visita de comprobación leva implícito o dereito a percibi-la taxa que sinale a correspondente ordenanza municipal e, cando interveñan técnicos designados pola Xunta de Galicia a petición do concello, este aboarálle-las indemnizacións correspondentes en concepto de axudas de custo de gastos de viaxe.

2. No suposto de que o concello non dispoña de técnicos adecuados para a realización da comprobación das medidas que se sinalan no informe da Comisión Provincial de Medio Ambiente ou na licencia de apertura, deberá poñelo en coñecemento da citada comisión no termo de 5 días contados desde a data da petición do solicitante.

3. Recibida a petición pola que se solicita apoio técnico, a Xefatura Provincial de Protección Ambiental designará o funcionario ou funcionarios da inspección ambiental que terá que realiza-la correspondente visita de inspección, comunicándolle ó concello a data na que se efectuará a oportuna comprobación.

Artigo 37º

1. No caso de producirse discrepancia entre a certificación do técnico director da obra e a acta de comprobación, o titular da actividade, de non acepta-las indicacións dos técnicos que realizaron a visita de comprobación en canto á adopción das medidas correctoras, poderá, de non lograrse acordo e logo de resolución denegatoria do comezo da actividade, exercer ante o concelleo os recursos correspondentes.

2. No caso de que o concello considere que non dispón da información suficiente para resolve-las discrepancias poderá dar traslado do expediente a Comisión Provincial do Medio Ambiente, e esta, vista a documentación recibida, poderá dictaminar sobre ela ou, se é o caso, ordenarlle á Xefatura Provincial de Protección Ambiental a realización dunha inspección,

co fin de contrasta-las discrepancias entre os informes contradictorios. O informe sobre a actuación de inspección axustarase ós termos fixados no modelo que se determine por orde.

O dictame e acordo que adopte finalmente a Comisión Provincial do Medio Ambiente será comunicado ó concello que solicitou a información nun prazo máximo de dez días.

Artigo 38º

1. De oficio ou a petición dos concellos afectados serán realizadas visitas por parte da inspección ambiental para a verificación e comprobación do cumprimento continuado da normativa sobre actividades clasificadas. Esta función inspectora levarase a cabo conforme o establecido no Decreto 461/1990, do 13 de setembro, por parte da inspección ambiental xeral ou pola inspección sectorial correspondente coordinada pola Ponencia Técnica da Comisión Provincial de Medio Ambiente e a Xefatura Provincial de Protección Ambiental.

2. Do resultado da inspección levantarase unha acta por triplicado na que se faran consta-los puntos que se indiquen no modelo que se determine por orde. Será entregado un exemplar da acta ó interesado outro será para a Comisión Provincial do Medio Ambiente, e o terceiro remitirase ó concello onde estea situada a actividade clasificada obxecto de inspección.

3. Se o caso o precisase, a inspección ambiental poderá levar a cabo a toma de mostra de productos contaminados e contaminantes resultado da actividade, así como efectuar «in situ» calquera tipo de medidas ou lecturas de parámetros que se coiden oportunos para garanti-lo cumprimento da lexislación vixente en materia ambiental.

No caso de realizar toma de mostras, estas serán por triplicado, levantándose acta tamén por triplicado, na que se farán consta-los datos que figuren no modelo que le determine por orde. Unha copia da acta quedará en poder do propietario ou representante da actividade, acompañada dunha mostra debidamente precintada. Outra copia da acta e da segunda mostra será remitida ó laboratorio correspondente da Xunta de Galicia ou entidade colaboradora. A terceira mostra e a terceira copia da acta quedará en poder da Xefatura Provincial de Protección Ambiental.

Artigo 39º

Ademais das visitas que se realicen en cumprimento do acordado polas comisións provinciais do medio ambiente, a inspección ambiental levará a cabo en calquera momento, por mandado da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente ou do presidente da Comisión Provincial de Medio Ambiente, inspeccións comprobatorias tanto das medidas correctoras e da súa eficacia en relación coas actividades clasificadas, como en xeral do cumprimento da normativa legal ambiental, levantando as correspondentes actas, se é o caso, e facendo constar nelas os extremos que se indiquen no modelo que se determine por orde.

TÍTULO IV

Normas específicas de procedemento

Artigo 40º

1. Cando se considere preciso, con carácter previo á iniciación dun procedemento sancionador poderán ser realizadas as actuacións oportunas para determinar con carácter preliminar se concorren circunstancias que xustifiquen tal iniciación. En especial, as ditas actuacións orientaranse a determinar, coa maior precisión posible, os feitos susceptibles de motiva-la incoación do procedemento, a identificación da persoa ou persoas que puidesen resultar responsables e as circunstancias relevantes que concorran nuns e noutros.

2. As actuacións previas de investigación, averiguación e inspección referidas no parágrafo anterior serán atribuídas á inspección ambiental única, e, se é o caso, a persoa ou órgano administrativo que determine o órgano competente para a iniciación ou resolución do procedemento.

Artigo 41º

1. No exercicio das funcións de inspección, averiguación ou investigación, a inspección ambiental formulará, se é o caso, unha petición razoada para a iniciación do procedemento sancionador correspondente, dirixida ó órgano sectorial competente.

2. Unha vez realizada a acta, a dita petición motivada deberá especificar, na medida do posible, á persoa ou persoas presuntamente responsables; as conductas ou feitos que puidesen constituír infracción administrativa e a súa tipificación; así como o lugar, a data, datas, ou períodos de tempo continuado no que os feitos se produciron.

3. A formulación da petición motivada non vincula ó órgano sectorial competente para iniciar o procedemento sancionador, se ben deberá comunicar preceptivamente ó órgano que formulase os motivos polos que, se é o caso non procede a iniciación do procedemento.

4. A Ponencia Técnica, á vista da acta e da petición motivada, poderá facer súa esta, para o seu traslado ó órgano competente.

Artigo 42º

Cando a iniciación do procedemento sancionador se producise por iniciativa propia do órgano competente, este dará comezo ó dito procedemento e comunicaráselle inmediatamente á Xefatura Provincial de Protección Ambiental, á que se lle remitirá copia da acta de inspección.

Artigo 43º

Os procedementos sancionadores poderán iniciarse de oficio, xunto coa petición razoada da inspección ambiental única, por orde de superior, iniciativa propia, denuncia ou petición razoada de calquera outro órgano.

TÍTULO V

Relacións interadministrativas

Artigo 44º

No exercicio de función inspectora do medio ambiente, e co obxecto de lograr unha efectiva coordinación e eficacia administrativa, a Administración autonómica e as entidades locais deberán observa-los principios de actuación que se enumeran:

1. Respecto ó exercicio lexítimo pola outra Administración das súas competencias.

2. Ponderación, na actuación das competencias propias, da totalidade dos intereses públicos implicados e, en concreto, aqueles nos que a xestión dos cales estea encomendada a outra Administración.

3. Remisión a outra Administración da información sobre as actuacións propias que foran relevantes para o adecuado desenvolvemeno dos seus cometidos.

4. Prestación, no ámbito propio, da cooperación e asistencia activas que a outra Administración poida precisar para o eficaz cumprimento das súas tarefas.

Artigo 45º

A Comunidade Autónoma estará facultada, co fin de comproba-la efectividade da aplicación da lexislación estatal e autonómica, para solicitar e obter información concreta sobre a actividade inspectora municipal en materia de medio ambiente, podendo solicita-la exhibición de expedientes e a emisión de informes.

Artigo 46º

Cando unha entidade local de Galicia incumprise as obrigas impostas directamente pola Lei de protección ambiental de Galicia, ou calquera outra lei de carácter ambiental, de forma que tal incumprimento afectase ó exercicio de competencias da Administración autonómica, e cunha cobertura económica que estivese legal ou orzamentariamente garantida, aquela deberá recordarlle o seu cumprimento, concedendo para o efecto o prazo que fose necesario, nunca inferior a un mes. Se, transcorrido o dito prazo, o incumprimento persistise, poderanse adopta-las medidas necesarias para o cumprimento da obriga a custa e en substitución da entidade local.

Artigo 47º

Cando a Administración autonómica considere, no ámbito das súas competencias, que un acto ou acordo dalgunha entidade local infrinxa o ordenamento xurídico, poderá requirila, invocando expresamente o presente artigo e o artigo 65 da Lei reguladora de bases do réxime local, para que anule o dito acto ou acordo.

Disposición adicional

A acreditación de axentes auxiliares ambientais dos funcionarios autonómicos ós que se refire o artigo 4.3º, será efectuada de oficio pola Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, por proposta da consellería competente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas:

-A Orde do 31 de maio de 1991 pola que se establece o procedemento administrativo na Comunidade Autónoma de Galicia de presentación e tramitación das reclamacións e denuncias ambientais.

-A Orde do 31 de maio de 1991 pola que se regulan os trámites de visitas de comprobación e verificación do funcionamento das actividades clasificadas.

Así mesmo, quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó presente decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública