Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 168/1995, do 16 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela.

En atención ós méritos que concorren na Universidade de Santiago de Compostela é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública