Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 28-9-1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación do plan parcial do parque empresarial do Campiño, promovida e formulada por Xestur Pontevedra, S.A., co fin de adecua-lo parcelario á realidade física da urbanización do parque, mante-las porcentaxes de ocupación e determinar unha parcela co destino a equipamento público municipal, estimándose a alegación formulada por Reyes Hermanos, S.A. durante o período de información pública do procedemento e aceptándose o dictame da Comisión Informativa Municipal de Urbanismo do 30-5-1995 referente á compatibilidade do uso industiral, en determinados supostos, co uso comercial. A redacción de ámbalas emendas será a seguinte:

Artigo 67 das ordenanzas do plan parcial:

1) Recuamento das edificiacións.

Ó fondo:

Nas parcelas tipo A mínimo 3 metros.

Nas parcelas tipo B mínimo 3 metros.

Con independencia do anterior e como aclaración ó concepto edificacións en esquina, terán a consideración de tales, a quelas que figuren no plano parcelario, non podendo adquirir tal consideración outras parcelas que resulten por adición ás anteriores.

2) Último parágrafo do citado artigo 67.

Queda redactado da materia seguinte:

O uso de industria que corresponda a actividade nas que predominen os procesos de fabricación ou transformación, autorizarase exclusivamente nas parcelas tipo B excepto se, por solicitude expresa, a Comisión Municipal de Urbanismo dictaminase a compatibilidade de uso ante os informes da Comisión Provincial de Medio Ambiente, informes técnicos municipais e pertencese á categoría 1ª ou 2ª das definidas polo PXOU sen ten en conta limitación de pontencia eléctrica.

Os casos admitidos polo artigo 53 deste plan parcial, en todo caso, situarase nas parcelas tipo B.

Segundo.-Comunicar este acto administrativo a Xestur Pontevedra, S.A., Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e notificar individualmente este acto ás entidades ou persoas físicas que se repute interesados no procedemento na forma prevista na lei, dispoñendose a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e as ordenanzas da modificación do plan parcial no BOP, coa finalidade de logra-la súa executividade, segundo establece a Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público para a executividade del, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso

contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen perexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 16 de outubro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9508332