Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.601

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Advertidos erros na publicación do citado regulamento (DOG nº 106, do 4 de xuño de 1997), cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

-No artigo 13 (páxina 5.312), onde di: «... serán denominadas masas de auga de pesca en réxime de concesión»; debe dicir: «... serán denominadas masas de auga en réxime de concesión».

-No artigo 51.2º (páxina 5.320), onde di: «... susceptible de pesca, autorizan unicamente tres canas...»; debe dicir: «... susceptible de pesca; autorízanse unicamente tres canas...»

-No artigo 60.2º (páxina 5.323), onde di: «... corresponderalle á Dirección Xeral de Medio Ambiente Natural o outorgamento...»; debe dicir: «... corresponderalle á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural o outorgamento...»

-No artigo 73.5º (páxina 5.326), onde di: «... un sistema de capacidade que permita medir...»; debe dicir: «... un sistema que permita medir...»

-No artigo 79, letra h (páxina 5.329), onde di: «... responsable do vertido, que faga constar...»; debe dicir: «... responsable do vertido; farase constar...».

-No artigo 91.9º (páxina 5.333), onde di: «... a anguila...»; debe dicir: «... a angula...».

-No artigo 91.21º (páxina 5.333), onde di: «... producto de tallas cortas»; debe dicir: «... producto de cortas...».

-No artigo 92.14º (páxina 5.335), onde di: «Posesión o transporte...»; debe dicir: « A posesión, o transporte...».

-No artigo 93 (páxina 5.335), onde di: «... período de tres anos, e un día e dez anos...», debe dicir: «... período de tres anos e un día a dez anos...».

-No artigo 95.2º (páxina 5.336), onde di: «... os principios deportivos recollidos...»; debe dicir: «...os principios recollidos...».

-No artigo 106, apartados 2 e 3 (páxina 5.337), onde di: «... anexo V...»; debe dicir: «... anexo VI...».

-No artigo 108.3º (páxina 5.338), onde di: «... e levantara a correspondente acta...»; debe dicir: «... e levantarase a correspondente acta...».

-No anexo I, apartado correspondente ó río Mero (páxina 5.339), onde di: «... varadoiro de Oza dos Ríos»; debe dicir: «... varadoiro de Oza».

5465