Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 09 de xullo de 1997 Páx. 6.687

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 177/1997, do 3 de xullo, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Julio María Sanguinetti, presidente da República Oriental do Uruguai.

En atención ós méritos que concorren a Julio María Sanguinetti, presidente da República Oriental do Uruguai, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis distinción.

Polo tanto, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Concédeselle a Medalla de Ouro de Galicia a Julio María Sanguinetti, presidente da República Oriental do Uruguai.

Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente en funcións

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5406