Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 278/1999, do 28 de outubro, polo que se concede a Medalla de Ouro de Galicia a Esperidião Amin Helou Filho, gobernador do Estado de Santa Catarina (Brasil).

En atención ós méritos que concorren en Esperidião Amin Helou Filho, gobernador do Estado de Santa Catarina (Brasil), e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle-la súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Concederlle-la Medalla de Ouro de Galicia a Esperidião Amin Helou Filho, gobernador do Estado de Santa Catarina (Brasil).

Santiago de Compostela, vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública