Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 135/2001, do 14 de xuño, polo que se concede a Medalla de Ouro de Galicia a Caixa Galicia.

En atención ós méritos que concorren en Caixa Galicia, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Caixa Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública