Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.717

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 18 de setembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades de nosa Comunidade Autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derarradeira primeira autoriza ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación.

Na súa virtude, en unha vez consultados os colexios de avogados e procuradores, e á Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Co obxecto de facilita-la aplicación do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta

da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese a desenvolvelo no sentido seguinte:

1. Engádese o anexo I bis para a solicitude de asistencia xurídica gratuíta feita polo avogado no suposto previsto no artigo 15 do devandito decreto.

2. Actualízase o anexo II do decreto que establece os módulos e bases de compensación económica para o ano 2001.

3. Xunto coa documentación xa establecida para que se devengue o cen por cento da compensación económica prevista no anexo III do decreto, deberá presentarse copia da solicitude para o recoñocemento da asistencia xurídica gratuíta, ben a prevista no anexo I, se fose presentada polo solicitante ou a prevista no anexo I bis, se a presentase o avogado designado para a asistencia ou defensa, engadindo á devandita solicitude, se é o caso, o número das dilixencias policiais.

Disposición transitoria

Esta orde poderá aplicarse ás actuacións realizadas polos profesionais, a partir do día 1 de xaneiro de 2001, que acrediten o cumprimento do disposto no anexo III do decreto coas mencións indicadas no punto 3, do artigo anterior.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO I BIS

SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA (*)

SOLICITUD DE ASISTENCIA JURÍDICA GRATUÍTA (*)

Para cubrir exclusivamente polo letrado requirido para intervir en dilixencias penais (artigo 15 do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia).

A cumplimentar exclusivamente por el letrado requerido para intervenir en diligencias penales (artículo 15 del Decreto 146/1997, de 22 de mayo, por el que se aprueba el Reglamento de asistencia jurídica gratuita de la Comunidad Autónoma de Galicia).

I. Datos persoais/I. Datos personales

A. Solicitante/A. Solicitante

Apelidos Nome

Apellidos Nombre

Nacionalidade Estado civil NIF Data nacemento

Nacionalidad Estado civil NIF Fecha de nacimiento

Domicilio (rúa) Nº Andar Localidade

Domicilio (calle) Nº Piso Localidad

Municipio Provincia Cód. postal Tfno.: (...)

Municipio Provincia Cód. postal Tfno.: (...)

Profesión ou actividade: Empresa:

Profesión o actividad: Empresa:

B. Membros que constitúen a unidade familiar (cónxuxe, fillos e ascendentes) e situación patrimonial desta:

B. Miembros que constituyen la unidad familiar (cónyuge, hijos y ascendientes) y situación patrimonial de la misma:

II. Procedemento que hai que seguir/II. Procedimiento a seguir

O solicitante ten a condición de p detido p imputado

El solicitante ostenta la condición de p detenido p imputado

en expediente (p atestado, p previas, p sumario) nº que consta en

en expediente (p atestado, p previas, p sumario) nº obrante en

III. Declaración do avogado/III. Declaración del abogado

O avogado , requirido para asistir ou defender a no

fai constar que presume que o detido ou imputado reúne os requisitos esixidos polo artigo 2 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta e, ante a súa vontade contraria a asina-la presente solicitude, de conformidade co establecido polo artigo 15 do regulamento, aprobado polo Decreto 146/1997, do 22 de maio, que desenvolve a devandita lei na Comunidade Autónoma de Galicia, procede por si mesmo a súa sinatura.

El abogado , requerido para asistir o defender a en

hace constar que presume que el detenido o imputado reúne los requisitos exigidos por el artículo 2 de la Ley 1/1996, de 10 de enero, de asistencia jurídica gratuita y, ante su voluntad contraria a firmar la presente solicitud, de conformidad con lo establecido por el artículo 15 del reglamento, aprobado por el Decreto 146/1997, de 22 de mayo, que desarrolla dicha ley en la Comunidad Autónoma de Galicia, procede por si mismo a su firma.

Observacións:

Observaciones:

En ..., a ... de ... de ...

Sinatura/Firma

* (Esta solicitude presentarase no colexio de avogados respectivo, no caso de que non exista sede do mesmo no partido xudicial de que se trate, no caso contrario no xulgado, que o remitirá ó colexio que corresponda).

* (La presente solicitud se presentará en el colegio de abogados respectivo, en el caso de que no exista sede del mismo en el partido judicial de que se trate, en caso contrario en el juzgado, que lo remitirá al colegio que corresponda).

ANEXO II

MÓDULOS E BASES DA COMPENSACIÓN ECONÓMICA

BAREMOS PARA O ANO 2001

Avogados/tipoloxía.

-Asistencia ó detido ou preso

Asistencia ordinaria ó detido12.000

-Xurisdicción penal

Procedemento ordinario (sumario)50.000

Procedemento abreviado40.000

Contra a seguridade do tráfico (alcolemias)31.500

Procedemento perante o Tribunal do Xurado (*)45.000

Menores19.000

Xuízo de faltas10.000

-Xurisdicción civil

Procedemento ordinario26.000

Xuízo verbal da contía superior a 150.000 pesetas26.000

Procedemento matrimonial-contencioso completo45.000

Procedemento matrimonial de mutuo acordo21.000

Expediente de modificación de medidas 30.000

Expedientes de xurisdicción voluntaria19.000

Contador-partidor16.500

-Xurisdicción contencioso-administrativa

Recurso contencioso-administrativo 30.000

-Xurisdicción social

Procesos laborais (ordinario e especiais)22.000

-Xurisdicción militar

Proceso íntegro28.500

-Recursos

Recursos de apelación e suplicación16.500

Recursos de casación40.000

Recursos de casación cando non se formaliza e hai só anuncio3.300

Recurso de amparo40.000

-Actuacións extraprocesais

Transaccións extraxudiciais75% da contía

aplicable ó

procedemento

Informe motivado de insustentabilidade da pretensión10.000

Desestimento previo ó proceso por pasividade do xusticiable, estudio e preparación do asunto, previa á presentación da demanda30% da contía

aplicable ó

procedemento

-Normas xerais

Sometemento30% da contía

aplicable ó

procedemento

Execución da sentencia posterior ós dous anos de recaída resolución xudicial30% da contía

aplicable ó

procedemento

Desprazamento ás audiencias provinciais e xulgados do penal de avogados doutros partidos xudiciais para a asistencia ó xuízo oral, en instancia ou en recurso, incrementará o baremo en5.700

(*) Ó módulo indicado engadirase unha retribución diaria, a partir do segundo día inclusive, a devandita cuantificación será a mesma que a prevista para as funcións dos xurados no R.D. 385/1996, do 1 de marzo10.500

Procuradores/tipoloxía.

-Xurisdicción penal

Tódolos procesos3.500

-Outras xurisdiccións

Proceso matrimonial-contencioso completo5.000

Restantes procedementos3.000

-Segunda instancia

Todo tipo de procesos2.500