Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2002 Páx. 3.539

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de novembro de 2001, no que se outorga a concesión definitiva para a posta en funcionamento de tres emisoras, de carácter comercial, para a súa explotación en réxime de xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 29 de novembro de 2001, relativo á adxudicación definitiva de tres emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario darlle publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da

xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en FM de carácter comercial, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado en reunión do 29 de novembro de 2001, polo que se adxudica definitivamente o servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a tres emisoras de carácter comercial coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

Ignacio J. Otero López

Director xeral de Comunicación Social

e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia en reunión do día 29 de novembro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a tres emisoras de carácter comercial, logo concesión do dominio público para a explotación do servicio outorgada pola Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións, modificada pola Lei 32/1992, no Real decreto 1388/1997, do 5 de setembro, polo que se aproba un incremento de frecuencias para a xestión indirecta de emisoras, dentro do Plan Técnico Nacional de Radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia; no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora, de carácter comercial, en ondas métricas con modulación de frecuencia, en concordancia co Decreto 156/1989, do 7 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do

6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e demais normativa aplicable. As sociedades concesionarias son as seguintes:

* Prensa Española de Radio por Ondas S.A., en Lugo 88.9 MHz.

* Prensa Española de Radio por Ondas S.A., en Lalín 100.2 MHz.

* Uniprex, S.A., en Lalín 98.6.

Estas sociedades solicitaron a concesión do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó amparo do Decreto 281/1997, do 9 de outubro, e failles concedida, con

carácter provisional, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de marzo de 1998.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, conforme coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

As frecuencias asignadas quedan condicionadas, de se-lo caso, ó trámite de coordinación internacional.

As características técnicas que se asignan ás mencionadas emisoras son as seguintes:

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Lalín.

Concesionario: Prensa Española de Radio por Ondas, S.A.

Frecuencia (Mhz): 100.2.

Coordenadas: 42º 44' 27" N.

08º 09' 09" W.

Cota (m): 831.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 500.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 200.

Potencia de saída autorizada equipo transmisor (w): 170.

Sistema radiante: 4 dipolos, omnidireccional.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 25.

Altura do mastro sobre o chan (m): 30.

Altura efectiva máxima (m): 499.

Polarización: vertical.

Provincia: Lugo.

Localidade: Lugo.

Concesionario: Prensa Española de Radio por Ondas, S.A.

Frecuencia (Mhz): 88.9.

Coordenadas: 42º 59' 02" N.

07º 33' 15" W.

Cota (m): 470.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 4.000.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 676.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 1.000.

Sistema radiante: 4 dipolos, con directividade no sector (210º-120º).

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 80.

Altura do mastro sobre o chan (m): 100.

Altura efectiva máxima (m): 127.

Polarización: vertical.

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Lalín.

Concesionario: Uniprex S.A.

Frecuencia (Mhz): 98.6.

Coordenadas: 42º 44' 27" N.

08º 09' 09" W.

Cota (m): 98.6.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 1.200 no azimut 160º.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 400.

Potencia de saída autorizada equipo transmisor (w): 267.

Sistema radiante: 2 antenas yagi, directividade no sector 107,5º-212,5º.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 25,5.

Altura do mastro sobre o chan (m): 30.

Altura efectiva máxima (m): 515.

Polarización: vertical.