Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para a reordenación dos volumes edificables entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, Arcebispo Malvar e Xan Guillermo, formulado por Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L.

O Pleno da Corporación, en sesión de vintenove de xuño de dous mil dous, acordou desestima-las alegacións formuladas nas dúas fases de información pública do presente estudio de detalle con base nos informes técnicos emitidos e resolucións favorables da Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo incorporados ó texto da presente, e se aceptan como motivación ó abeiro do establecido no artigo 89.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quedando acreditada a adaptación do estudio de detalle ó PXOU e catálogo de edificios que se van conservar en vigor, así como á lexislación urbanística e de patrimonio cultural de aplicación sen altera-las condicións da ordenación dos predios lindantes nin ocasionar prexuízo.

Nese acto administrativo, acordouse aprobar, con carácter definitivo, o texto reformado do estudio de

detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L., coa finalidade de ordena-los volumes edificables e medianeira entre as rúas Condesa de Pardo Bazán, arcebispo Malvar e Xan Guillermo, definindo a actuación que se vai realizar no devandito soar e nos número 3, 5 e 7 da rúa Xan Guillermo, redactado polo arquitecto Gustavo Pérez Álvarez, visado pola Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Pontevedra, en data 16-5-2001, e plano nº 12 e folla nº 7 da memoria da mesma autoría e visado polo colexio oficial correspondente ós días 20-5-2002 e 22-5-2002 que anulan e substitúen os seus correlativos do proxecto, dispoñéndose ó seu sometemento a información pública.

Así mesmo, declarouse que a compensación económica substitutiva do aproveitamento non patrimonializable, segundo as determinacións, do catálogo de edificacións que hai que conservar en vigor, estea constituída pola cesión do local grafiado no plano 11-A de data outubro de 1997, coas condicións e acabados reflectidos no informe do arquitecto da OXDU de 17-12-1997, consonte os compromisos ós que se obrigou a entidade solicitante, cesión que se efectuará en pleno dominio, libre de cargas, gravames e mesmo arrendos, pasando a formar parte do patrimonio municipal e do seu inventario de bens, debendo aprobar previamente o concello o alzado e distribución de ocos xuntamente coa licencia que no seu momento se solicite para construír no soar, debéndose eleva-la escritura pública a cesión unha vez outorgada a licencia por conta da promotora, e sen prexuízo de que o concello poida esixir fianza que garanta a entrega do local no momento de outorga-la licencia.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes de acordo a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 23 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente