Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de panaderías da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de panaderías da provincia da Coruña (código convenio 1501085) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-8-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Fabricantes de Pan de A Coruña, e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG, o día 30-7-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso e funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de agosto de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana María Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de panaderías

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afectará a tódalas empresas de panadería e ós seus traballadores, abranguidas dentro da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de dous anos; entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará o 31 de decembro de 2003.

Artigo 3º.-Prórrogas.

O convenio considerarase prorrogado por anos sucesivos, se non fose denunciado por algunha das partes cunha antelación mínima de tres meses antes da data do seu vencemento. A denuncia deberá comunicárselle ó organismo competente da Administración e á outra parte interesada, comprometéndose as partes a inicia-la negociación do novo convenio no último trimestre de 2003, en concreto, a partir da primeira semana de novembro.

Artigo 4º.-Condicións económicas.

Acórdase para o ano 2002, un incremento salarial do 2,6% sobre a táboa salarial do anterior convenio, en diante, «incremento pactado ano 2002».

O incremento mencionado non poderá ser absorbible en ningún caso e percibirase sobre os salarios reais devengados o 31 de decembro do ano inmediatamente anterior.

O 31 de decembro do ano 2002, calcularase a porcentaxe do incremento que se deberá revisar sobre a táboa salarial de 2001, segundo a fórmula que se detalla a seguir, que se aboará sempre que o resultado deste sexa positivo.

(IPC real 2002+0,5%) - (incremento salarial pactado ano 2002)= porcentaxe de incremento para revisar sobre a táboa de 2001.

Para o ano 2003 acórdase un incremento salarial equivalente ó IPC previsto máis 0,6% sobre a táboa de salarios o 31 de decembro de 2002.

O incremento mencionado, en diante «incremento salarial pactado ano 2002», non poderá ser absorbible en ningún caso e percibirase sobre os salarios reais devengados o 31 de decembro de 2001.

O 31 de decembro do ano 2003, calcularase a porcentaxe do incremento para revisar sobre a táboa salarial de 2002, segundo a fórmula que se detalla a seguir, que se aboará sempre que o resultado deste sexa positivo.

(IPC real 2003+0,5 %) - (incremento salarial pactado ano 2003)= porcentaxe de incremento por revisar sobre a táboa de 2002.

Estas fórmulas de revisión afectarán tamén ós artigos 6º (complemento de transporte) e 9º (nocturnidade)

Capítulo II

Artigo 5º.-Retribucións.

Nas táboas salariais anexas sinálanse as retribucións correspondentes ás distintas categorías de persoal, que

son o resultado de aplica-lo incremento do 2,6% ás táboas salariais do anterior convenio. Estas retribucións son consideradas como base de cálculo para tódolos efectos.

Artigo 6º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte que, para o ano 2002, se fixa en 60,25 euros/mes para tódalas categorías.

O incremento experimentado neste complemento non poderá ser absorbible en ningún caso.

Artigo 7º.-Premio de fidelidade e xubilación voluntaria.

Todo traballador que se xubile antes da data indicada como data de xubilación voluntaria pola normativa laboral vixente, percibirá en concepto de gratificación, unha remuneración que se establece de acordo coas seguintes normas:

Anos de antigüidade% sobre táboa

De 35 a 40100

De 30 a 35 90

De 25 a 30 80

De 20 a 25 70

De 15 a 20 60

De 10 a 15 50

Táboa:

Anos antesMensualidades

516

413

311

2 8

1 5

Os traballadores que non acepten esta fórmula e desexen xubilarse na data regulamentaria para a xubilación voluntaria, percibirán unha mensualidade como gratificación. A forma de pagamento destas gratificacións pactarase entre a empresa e o traballador.

Independentemente do contido do anterior, sempre e cando exista acordo entre a empresa e o traballador, será de aplicación a normativa sobre anticipo da idade de xubilación.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Manterase a mesma que dispoñía a Regulamentación nacional de panadería do 12 de xullo de 1946, ou sexa, dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre retribución base.

Artigo 9º.-Nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboarase en contía de:

-45,95 euros/mes para o persoal que comece a súa xornada laboral entre as 22 e as 2 horas.

-35,36 euros/mes para o persoal que inicie a súa xornada laboral entre as 2 e as 6 horas.

-35,36 euros/mes para o persoal que comece a súa xornada laboral antes das 22 horas e ademais realice, como mínimo, o 50% da súa xornada dentro do horario nocturno.

Artigo 10º.-Retribucións en especie.

Os traballadores de panaderías percibirán un quilo de pan diario, incluídos os períodos de vacacións e

baixas por enfermidade ou accidente. O quilo de pan valórase en 0,39 euros para efectos de cotización á Seguridade Social.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán anualmente de trinta días naturais de vacacións. Durante o período de desfrute vacacional, o traballador percibirá o importe salarial nas mesmas condicións que en calquera outro mes que estivese traballando, incluídos os complementos de transporte e nocturnidade. Igualmente, aboaranselles, durante o período de vacacións, a aqueles productores ós que se vén aplicando, as cantidades a que fai referencia o punto 3 do artigo 19º deste convenio, é dicir, aboaránselles en vacacións 30 días de salario completo, incluídos os complementos e, a maiores, un día máis de salario por cada sábado que coincida co período vacacional, ós que así o teñan recoñecido.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores acollidos a este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias equivalentes a trinta días de salario, entendendo por este, o salario base e a antigüidade, máis mecanización ou semimecanización ou demasías para os traballadores de obradoiro ou taller afectados polos artigos 14º e 15º. As ditas gratificacións aboaranse na festividade de Santo Honorato (16 de maio), 15 de xullo e Nadal (20 de decembro).

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

A fórmula para o cálculo das horas extras será a seguinte:

Salario anual bruto x 175.

Xornada anual x 100.

A nocturnidade será incorporada á fórmula cando o traballador a estea devengando.

Artigo 14º.-Mecanización e semimecanización.

a) Nas industrias mecanizadas e semimecanizadas, aboaráselles ós traballadores de obradoiro ou taller, o 20 e o 15 por cento, respectivamente, dos salarios base sinalados no anexo deste convenio.

b) Para o resto dos traballadores, non incluídos no obradoiro ou taller, acórdase unha suba para o ano 2002, e aboaráselle-lo 5% do salario base sinalado no anexo deste convenio. Para o ano 2003, aboaráselle-lo 6%.

c) O persoal de despacho que ademais das tarefas propias da súa categoría teña que atender «puntos quentes», percibirá en concepto de complemento, un 1% do salario base acumulable ó 5% que xa percibe segundo se establece no parágrafo b). Queda pois establecida a contía do «complemento de puntos quentes», nun 6% do salario base. Para o ano 2003 aboaráselle-lo 7%.

Artigo 15º.-Demasías.

a) Nas industrias a rendemento, é dicir, as non abranguidas no artigo 14º, aboaráselles ós traballadores de obradoiro ou taller, o 10% dos salarios base sinalados no anexo que abrangue a táboa salarial deste convenio, nas mesmas condicións que, segundo o arti

go 14º, o perciban os traballadores das outras industrias mecanizadas ou semimecanizadas.

b) Ó resto dos traballadores, non incluídos en obradoiro ou taller, aboaráselles, para o ano 2002, o 5% do salario base sinalado no anexo deste convenio. Para o ano 2003, aboaráselle-lo 6% do salario base.

c) O persoal de despacho que ademais das tarefas propias da súa categoría teña que atender «puntos quentes», percibirá en concepto de complemento, un 1% do salario base acumulable ó 5% que xa perciben segundo se establece no parágrafo b). Queda pois establecida a contía do «complemento de puntos quentes», para o ano 2002, nun 6% do salario base. Para o ano 2003 aboarase o 7% do salario base.

A toda industria que pase de «a rendemento» a semimecanizada ou mecanizada, deixará de aplicárselle este artigo.

Artigo 16º.-Días festivos.

Ós traballadores afectados polo presente convenio que teñan que traballa-los días festivos, aboaráselle-lo citado día co 175%, segundo a seguinte fórmula:

Valor día en euros x 175

100

Capítulo III

Artigo 17º.-Días inhábiles.

Consideraranse inhábiles dentro do ámbito provincial, para efectos de fabricación, distribución e venda de pan, o día 1 de xaneiro, o 1 de maio e o 25 de decembro.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódalas empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.813 horas anuais equivalentes a 38,5 horas de traballo efectivo.

O tempo de bocadillo non se computa como traballo efectivo.

Cada empresa elaborará o calendario e horario laboral distribuíndo a anterior xornada segundo as necesidades productivas.

Artigo 19º.-Descanso dominical.

Sen prexuízo da liberdade das empresas de traballaren en domingo, os traballadores desta provincia gozarán do seu descanso semanal o citado día.

Sen embargo, as empresas poderán pactar co traballador o seu traballo en domingo, sempre que se respecten as condicións seguintes:

1. Que o traballador, voluntariamente, acepte realiza-lo traballo no dito día.

2. O que traballe o mencionado día percibirá, sen prexuízo do descanso semanal que lle corresponda, ademais do salario/día normal, como mínimo un cento por cento deste, de acordo coa seguinte fórmula:

Valor día en euros x 200

100

Ademais do dito anteriormente, o traballador que realice a súa xornada completa o citado día, percibirá a cantidade de 8,89 euros.

3. Respectaranse os dereitos adquiridos polos traballadores, e os que realicen a prolongación de xornada nas mesmas condicións en que vén realizándose habitualmente, percibirán oito días de salario semanal, sempre que non renuncien á prolongación de xornada.

4. Exceptúanse do establecido neste artigo os traballadores que sexan contratados exclusivamente para realiza-la xornada do domingo.

Capítulo IV

Artigo 20º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de baixa por enfermidade común, debidamente comprobada, cunha duración superior a trinta días, a empresa complementará a partir do día vinteún e ata un máximo de seis meses, as prestacións económicas aboadas pola Seguridade Social pola dita baixa, ata o noventa por cento do salario (90%) de cotización real referido ó mes anterior á baixa.

A partir do sexto mes, e durante seis meses, o complemento será ata o cento por cento. A situación de baixa debida a embarazo recollerase como tal como determina a lexislación vixente, non sendo aplicable esta cláusula en tal situación.

Aboarase un noventa e cinco por cento (95%) da base reguladora de Seguridade Social, nos procesos en que medie internamento hospitalario, desde o primeiro día ata un máximo de seis meses. Para o ano 2003, este complemento será do cento por cento (100%), durante o mesmo período de seis meses. Este complemento de hospitalización acórdase nas contías e períodos antes indicados exclusivamente, supeditándose a súa continuidade a futuros convenios colectivos ás variacións que sufra o absentismo laboral.

No suposto de que a incapacidade laboral transitoria sexa como consecuencia dun accidente de traballo, a empresa completará desde o primeiro día de baixa, e ata un máximo dun ano, as prestacións económicas que aboe a Seguridade Social sobre o salario que sirva de base para a fixación das primas que se ingresarán nela, ata o cento por cento do dito salario.

Artigo 21º.-Permisos.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a tres días de permiso non retribuídos, por asuntos propios, de acordo coa empresa.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes de ámbolos cónxuxes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de seis días.

Entenderase por enfermidade grave a que, en todo caso, dea lugar a hospitalización ou internamento e nos supostos en que certifique tal carácter, por escrito, o facultativo que atende o enfermo.

c) Un día por falecemento de fillos políticos e cuñados de ámbolos cónxuxes.

d) Un día por bautizo, primeira comuñón ou matrimonio dun fillo.

e) Dous días por traslado de domicilio habitual.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación do traballo debido, en máis dun vinte por cento das horas laborais en período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto un do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase sempre o importe desta do salario a que tiver dereito na empresa.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora, coa mesma finalidade.

Os que, por razóns de garda legal, teñan ó seu coidado algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terán dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario, entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Capítulo V

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito de tódolos seus traballadores a sindicarse libremente; admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas; non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoñan de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrom

pe-lo desenvolvemento do proceso productivo. Nos centros de traballo que posúan un cadro superior ós cen traballadores, existirán taboleiros de anuncios nos que os sindicatos, debidamente implantados, poderán inserir comunicacións; para este efecto dirixirán copias destas, previamente, á dirección ou titularidade do centro.

A) Delegados sindicais.

Naqueles centros de traballo con cadro de persoal que exceda dos douscentos traballadores e cando os sindicatos ou centrais posúan neles unha afiliación superior ó quince por cento daquela, a representación do sindicato ou central teraa un delegado. O sindicato que alegue posuír dereito a estar representado mediante titularidade persoal en calquera empresa, deberá acreditalo ante esta de modo fidedigno, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato, para tódolos efectos. O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicatos ó cal represente. Será, preferentemente, membro do comité de empresa.

Funcións dos delegados sindicais:

1. Representar e defende-los intereses do sindicato ó cal representa e dos afiliados deste na empresa, e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical ou sindicato e a dirección das respectivas empresas.

2. Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto, e sempre que tales órganos admitan previamente a súa presencia.

3. Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa debe poñer á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e convenios colectivos ós membros do comité de empresa.

4. Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afectan os traballadores en xeral e os afiliados ó sindicato.

5. Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo:

a) Acerca dos despedimentos e sancións que afectan os afiliados ó sindicato.

b) En materia de reestructuración de cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo ou calquera das súas posibles consecuencias.

6. Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo iso fóra das horas efectivas de traballo.

7. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puideran interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empresa porá á disposición do sindicato a representación do cal teña o delegado, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e en lugar onde se garanta, na medida do posible, un adecuado acceso a el para tódolos traballadores.

8. En materia de reunións, ámbalas partes, en canto ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

9. Os delegados cinguirán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias.

10. Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que teñan a representación a que se refire este punto, as empresas descontaranlles da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán estas detraccións, agás indicación en contrario, durante períodos dun ano.

11. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical da empresa, se a houber.

12. Excedencias.

Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que teña cargo sindical de relevancia provincial, con nivel de secretariado do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo; reincorporarase á súa empresa se o solicitase no prazo dun mes ó remata-lo desempeño deste. Nas empresas con cadro de persoal inferior a cincuenta traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que do seu grupo se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contrario.

13. Participación nas negociacións de convenios colectivos.

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia das centrais recoñecidas no contexto deste convenio, implantadas nacionalmente e que participan nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por elas, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores durante o transcurso da dita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

B) Dos comités de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidas polas leis, recoñécenselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

a) Seren informados pola dirección da empresa:

1. Trimestralmente, sobre evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

2. Anualmente, coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións de cantos documentos se dean a coñecer ós socios.

3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración do cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada; sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

4. En función da materia de que se trata:

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando isto supoña calquera incidencia que afecta o volume de emprego.

-O empresario facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

-Sobre sancións impostas por faltas moi graves e en especial en supostos de despedimento.

-No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos e os cesamentos e ascensos.

b) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

2. A calidade da docencia e da efectividade dela nos centros de formación e capacitación da empresa.

3. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

c) Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

d) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

e) Recoñéceselle ó comité de empresa a capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

f) Os membros do comité de empresa e esta no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós puntos 1, 2 e 3 do punto a) deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

g) O comité velará, non só porque nos procesos de selección do persoal se cumpra a normativa vixente ou racionada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

C) Garantías:

1. Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador ou no exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e o delegado do sindicato a que pertenza como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou en razón do desempeño da súa representación.

3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

4. Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Así mesmo, non se computarán dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegados de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire á realización de sesións oficiais a través das cales

transcorren tales negociacións cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

5. Sen exceder do máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia destes a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

6. O total de horas retribuídas dos membros do comité ou delegados a que se refire o punto 4 poderá acumularse para seren desfrutadas por un ou varios dos seus compoñentes, sen excede-lo máximo total ó mes, sempre que medie acordo ó respecto do comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación e non supoña alteración grave ó réxime laboral desta.

Capítulo VI

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a roupa de traballo, que consistirá en dúas faenas completas ó ano, como mínimo, e un par de zapatos adicionais, para os conductores. Esta roupa facilitaráselles no mes de xaneiro de cada ano, agás para o persoal de novo ingreso, ó que se lle facilitarán na data de incorporación.

As empresas comprométense a por á disposición dos traballadores que accedan a cámaras frigoríficas roupa de traballo axeitada.

Artigo 25º.-Formación profesional.

A Asociación de Empresarios Fabricantes de Pan realizará as xestións oportunas cos organismos que correspondan, para a realización de cursos de formación profesional no sector e orientados ás súas especialidades.

A comisión paritaria do convenio controlará o cumprimento deste artigo, participando nas xestións pertinentes, co fin de que o pactado se leve á práctica.

Artigo 26º.-Seguro de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de dous meses desde a sinatura do presente convenio, unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de falecemento ou invalidez total ou absoluta dos traballadores en caso de accidente, durante as vintecatro horas do día, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa a percepción de vinteún mil trinta e cinco euros con corenta e dous céntimos de euro (21.035,42) nos citados supostos. Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente do grao de invalidez será a que no seu día dictaminen os organismos laborais.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que lle puidesen corresponder ó traballador pola Seguridade Social ou Montepío.

Este seguro vincularase á permanencia do asegurado na empresa. O cesamento nela dará orixe á baixa

do productor na póliza deste seguro sen que, polo tanto, este conserve ningún dereito a percibi-lo importe do capital no seu día garantido.

Entregaráselle copia da póliza onde figure o nome do asegurado, a cada interesado.

Cada productor debe nomear un beneficiario para consignar na póliza en caso de falecemento.

Con independencia do anterior, en caso de falecemento dun traballador estando en activo na empresa, os herdeiros recibirán o importe dunha mensualidade.

Artigo 27º.-Seguro de roubo.

A todo o persoal de despacho e repartición, que con ocasión do seu traballo na empresa manexe cantidades de diñeiro, subscribiráselle cunha compañía de seguros, por conta da empresa, un seguro de atraco e roubo, por cantidade suficiente que cubra a subtracción. Os beneficiarios deste seguro terán en todo momento a obriga de cumprir cantos requisitos lles sexan esixidos pola compañía de seguros, conducentes ó resarcimento das cantidades subtraídas.

Capítulo VII

Artigo 28º.-Lexislación supletoria.

No previsto e regulado neste convenio, serán de aplicación as normas que sobre a materia veñan establecidas pola lexislación xeral e, como norma supletoria, o vixente acordo sectorial.

Artigo 29º.-Locais e taboleiro de anuncios.

Nas empresas ou centros de traballo, sempre que as características o permitan, porase á disposición dos delegados de persoal ou do comité de empresa, un local adecuado no que poidan desenvolve-las actividades sen comunicarse cos traballadores, así como un ou varios taboleiros de anuncios. As posibles discrepancias serán resoltas pola autoridade laboral, logo de informe da Inspección de Traballo.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do presente convenio, composta por seis membros da parte económica e seis membros da parte social.

Esta comisión será o órgano competente para a interpretación e control de tódolos temas relacionados co presente convenio, e especificamente está facultada para o seguimento de todo o relacionado co contido do convenio para evita-los prexuízos que poidan causarse a traballadores e empresarios polo incumprimento deste e, para tal efecto, reunirase periodicamente e con carácter obrigatoria dentro dos quince días seguintes ó momento de recibir comunicación dunha das partes.

Artigo 31º.-Contrato para a formación.

As empresas poderán subscribir contratos de aprendizaxe para todos aqueles postos de traballo que requiran especialización, excluíndose dese contrato aqueles postos ou categorías en que non sexa precisa a cualificación profesional.

Artigo 32º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, será de 12 meses dentro dun período de 16 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

No caso de que os ditos contratos se concerten por un período inferior ó máximo, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, por unha ou máis veces, sen que a duración total do contrato poida exceder do límite máximo establecido no parágrafo anterior.

Naqueles casos en que o contrato estivese concertado por un prazo inferior ó máximo establecido, e chegada a súa fin non existise denuncia previa de ningunha das partes, nin existise acordo expreso de prórroga, pero se seguira realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente ó prazo máximo de doce meses.

No suposto de non producirse a extinción á finalización da vixencia máxima deste, se o traballador continúa prestando servicios na empresa, o contrato converterase en indefinido.

Artigo 33º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores.

2. Negociación en comisión paritaria do convenio.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle-la seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios, nos que se demostre que durante estes se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine; neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Durante o tempo en que dure a desvinculación salarial, as empresas comprométense a non reduci-lo cadro de persoal.

Igualmente, páctase que nos dous anos seguintes, as empresas que se acollan a esta cláusula, lles aboarán ós seus traballadores a porcentaxe deixada de percibir como consecuencia da desvinculación.

Artigo 34º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Páctase igual submisión respecto do AGA II, referido a conflictos individuais, unha vez que as organizacións aludidas procedan á súa sinatura.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado na súa totalidade o convenio colectivo provincial para os anos 2000-2001.

ANEXO I

Convenio de panaderías

Táboa de salarios ano 2002

Ano 2001Ano 2002Ano 2002

Categorías profesionaisSalario

base

mensual A

Incremento

2,60%

mensual A

Salario

base

mensual A

Técnicos:

Xefe de fabricación624,8416,25641,09

Xefe taller mecánico612,7915,93628,72

Administrativos:

Xefe de oficina e contabilidade624,8416,25641,09

Oficial administrativo567,3714,75582,12

Auxiliar administrativo529,4713,77543,24

Categorías profesionaisAno 2001Ano 2002Ano 2002

Diario ADiario ADiario A

Obreiros (en panaderías totalmente

mecanizadas):

Axudante de encargado18,060,4718,53

Amasador18,040,4718,51

Axudante de amasador17,720,4618,18

Oficial17,720,4618,18

Especialista17,720,4618,18

Fogoneiro17,720,4618,18

Gasista17,720,4618,18

Encendedor17,720,4618,18

Engraxador17,720,4618,18

Mecánico 1ª17,910,4718,38

Mecánico 2ª17,720,4618,18

Mecánico 3ª17,630,4618,09

Peón17,320,4517,77

Categorías profesionaisAno 2001Ano 2002Ano 2002

Diario ADiario ADiario A

Obreiros (nas restantes

panaderías):

Mestre encargado18,610,4819,09

Oficial de pa18,610,4819,09

Oficial de masa17,940,4718,41

Oficial de mesa17,710,4618,17

Axudante17,320,4517,77

Aprendiz 1º ano13,240,3413,58

Aprendiz 2º ano14,260,3714,63

Servicios complementarios:

Mordomo17,850,4618,31

Chofer18,610,4819,09

Vendedora de pan en despachos16,980,4417,42

Transportista de pan a despachos17,850,4618,31

Repartidor a domicilio16,980,4417,42

Persoal de limpeza (por horas)2,480,062,54

Persoal de limpeza (xornada

completa)

16,980,4417,42

ANEXO II

Táboa de salarios ano 2002 (*)

Categorías profesionaisConceptos salariais

MecanizaciónSemimecanizac.A rendemento

Técnicos:

Xefe de fabricación12.104,34 A11.623,52 A11.142,71 A

Xefe taller mecánico11.881,68 A11.410,14 A10.938,60 A

Administrativos:

Xefe de oficina e contabilidade10.237,57 A

Oficial administrativo9.308,79 A

Auxiliar administrativo8.696,43 A

Obreiros (en panaderías totalmente mecanizadas):

Axudante de encargado10.684,05 A

Amasador10.673,13 A

Axudante de amasador10.492,95 A

Oficial10.492,95 A

Especialista10.492,95 A

Fogoneiro10.492,95 A

Gasista10.492,95 A

Encendedor10.492,95 A

Engraxador10.492,95 A

Mecánico 1ª10.602,15 A

Mecánico 2ª10.492,95 A

Mecánico 3ª10.443,81 A

Peón10.269,09 A

Obreiros (nas restantes panaderías):

Mestre encargado10.989,81 A10.555,51 A10.121,22 A

Oficial de pa10.989,81 A10.555,51 A10.121,22 A

Oficial de masa10.618,53 A10.199,70 A9.780,88 A

Oficial de mesa10.487,49 A10.074,12 A9.660,76 A

Axudante9.864,82 A9.460,56 A

Aprendiz 1º ano7.672,41 A7.363,46 A

Aprendiz 2º ano8.221,82 A7.888,99 A

Servicios complementarios:

Mordomo8.889,95 A

Chofer9.262,60 A

Vendedora de pan en despachos8.464,76 A

Vendedora de pan en punto quente8.544,02 A

Transportista de pan a despachos8.889,95 A

Repartidor a domicilio8.464,76 A

Persoal de limpeza (xornada completa)8.464,76 A

(*) Complemento de nocturnidade de 35,36 euros/mes para o persoal que comece a súa xornada laboral:

a) Entre as 2 e as 6 horas.

b) Antes das 22 horas e ademais realice, como mínimo, o 50% da súa xornada dentro de horario nocturno.

ANEXO III

Táboa de salarios ano 2002 (*)

Categorías profesionaisConceptos salariais

MecanizaciónSemimecanizac.A rendemento

Técnicos:

Xefe de fabricación12.231,42 A11.750,60 A11.269,79 A

Xefe taller mecánico12.008,76 A11.537,22 A11.065,68 A

Obreiros (en panaderías totalmente mecanizadas):

Axudante de encargado10.811,13 A

Amasador10.800,21 A

Axudante de amasador10.620,03 A

Oficial10.620,03 A

Especialista10.620,03 A

Fogoneiro10.620,03 A

Gasista10.620,03 A

Encendedor10.620,03 A

Engraxador10.620,03 A

Mecánico 1ª10.729,23 A

Mecánico 2ª10.620,03 A

Mecánico 3ª10.570,89 A

Peón10.396,17 A

Obreiros (nas restantes panaderías):

Mestre encargado11.116,89 A10.682,59 A10.248,30 A

Oficial de pa11.116,89 A10.682,59 A10.248,30 A

Oficial de masa10.745,61 A10.326,78 A9.907,96 A

Oficial de mesa10.614,57 A10.201,20 A9.787,84 A

Axudante9.991,90 A9.587,64 A

Aprendiz 1º ano7.799,49 A7.490,54 A

Aprendiz 2º ano8.348,90 A8.016,07 A

(*) Complemento de nocturnidade de 45,95 euros/mes para o persoal que comece a súa xornada laboral entre as 10 da noite e as 2 da madrugada.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE