DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 08 de marzo de 2004 Páx. 3.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 de febreiro de 2004 pola que se fixan os prezos de venda ó publico de diversos artigos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emiti-lo informe favorable a Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ó público dos obxectos dos museos xestionados por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de se-lo caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Relación de obxectos dos cales se aproban os prezos privados de venda ó público:

-Museo de Belas Artes (A Coruña):

Actividade didáctica Re-pintar Altamira. O inicio da pintura: 5 A.

-Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela):

Paraugas: 10 A.

Ioió: 1,50 A.

Bolígrafos: 4 A.

Regras: 1 A.

Taco de notas: 4,51 A.

Lapis: 0,60 A.

Goma de borrar: 0,50 A.

Marcador de libro: 0,30 A.

Prato conmemorativo: 9,02 A.

Pin: 6,01 A.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL