DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 12 de abril de 2004 Páx. 5.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.

A proposta galega á Rede Europea Natura 2000 prevé unha serie de lugares para os que é necesario aplicar o marco legal previsto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta necesidade de protección deriva da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, transposta ao dereito español, a través do Real decreto 1997/1995 que establece a obriga de manter -ou se é o caso restablecer- nun estado de conservación favorable, os tipos de hábitats naturais e taxones que formen parte de cada proposta, até mentres a Unión Europea non aprobe definitivamente os listados de Lugares de Importancia Comunitaria; así mesmo tamén se incluirán as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) declaradas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, regula no seu artigo 16, a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, definíndoa como aqueles espazos que polos seus valores ou intereses naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxístico sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. O parágrafo terceiro deste artigo dispón ademais que nesta zona se incluirán tamén as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creada ao abeiro das Directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE, e que non teñan outra figura de protección das previstas nesta lei.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

1. Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais que se relacionan a continuación e que se identifican nos anexos deste decreto:

a) Anexo I: zonas propostas como Lugares de Importancia Comunitaria para formar parte da rede Natura 2000.

b) Anexo II: lugares declarados como Zona de Especial Protección para as Aves consonte a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.

2. De conformidade co artigo 10.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os espazos naturais incluídos na figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais intégranse na Rede galega de espazos protexidos.

Artigo 2º.-Usos e actividades.

1. De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan realizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.

2. A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 3º.-Réxime cinexético.

As Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais manterán o réxime cinexético que tiñan antes da súa declaración, sen prexuízo de que os instrumentos de planificación que se é o caso se elaboren, dispoñan outra cousa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Habilítase a Consellería de Medio Ambiente para propoñer a modificación dos termos establecidos neste decreto para o suposto de que a Unión Europea formulase observacións á proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria.

Segunda.-De conformidade co artigo 9.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no ámbito territorial dun espacio natural poderán coexistir distintas categorías de espazos naturais protexidos. Nestes caso prevalecerá réxime de protección específico.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto e, en concreto:

-Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se incluén as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón, Ría de Ortigueira, Lagoa e Areal de Valdoviño e Ría do Eo, no rexistro xeral de Espazos Naturais de Galicia.

-Decreto 165/1999, do 20 de maio, polo que se declara definitivamente o encoro de Abegondo-Cecebre como espazo natural en réxime de protección xeral.

-Decreto 219/2000, do 21 de xullo, polo que se declara definitivamente a Lagoa do Rei como espacio natural en réxime de protección xeral.

-Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo), dous de abril de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

NomeConcellos

Ortigueira - Mera (3.868 ha)

Lic Es1110001 Ortigueira - Mera

Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas

Costa Ártabra (7.546 ha)

Lic 1110002 Costa Ártabra

Ares, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mugardos, Narón, Ortigueira e Valdoviño

Fragas do Eume (9.127 ha)

Lic Es1110003 Fragas do Eume

Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e

As Pontes de García Rodríguez

Encoro de Abegondo-Cecebre (493 ha)

Lic Es1110004 Encoro de Abegondo-Cecebre

Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e

Oza dos Ríos

Costa da Morte (11.809 ha)

Lic Es1110005 Costa da Morte

Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo

Complexo Húmido de Corrubedo (9.265 ha)

Lic Es1110006 Complexo Húmido de Corrubedo

Porto do Son e Ribeira

Betanzos-Mandeo (1.020 ha)

Lic Es1110007 Betanzos-Mandeo

Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Oza Dos Ríos e Paderne

Carnota-Monte Pindo (4.674 ha)

Lic Es1110008 Carnota-Monte Pindo

Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión e Mazaricos

Costa de Dexo (347 ha)

Lic Es1110009 Costa de Dexo

Oleiros

Estaca de Bares (852 ha)

Lic Es1110010 Estaca de Bares

Ortigueira e Mañón

Esteiro do Tambre (1.581 ha)

Lic Es1110011 Esteiro do Tambre

Brión, Negreira, Noia, Outes e

Porto do Son

Monte e Lagoa de Louro (1.096 ha)

Lic Es1110012 Monte e Lagoa de Louro

Carnota e Muros

Xubia-Castro (2.074 ha)

Lic Es1110013 Xubia-Castro

Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche,

A Capela, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez

Serra do Careón (6.662 ha)

Lic Es1110014 Serra do Careón

Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques

Río Anllóns (162 ha)

Lic Es1110015 Río Anllóns

Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Ponteceso

Río Tambre (583 ha)

Lic Es1110016 Río Tambre

Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Tordoia e Trazo

Os Ancares-O Courel (102.562 ha)

Lic Es1120001 Ancares-Courel

Becerreá, Cervantes, Folgoso de Courel, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos e Triacastela

Río Eo (1.003 ha)

Lic Es1120002 Río Eo

A Fonsagrada, Meira, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada

Parga-Ladra-Támoga (4.938 ha)

Lic Es1120003 Parga-Ladra-Támoga

Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade

A Marronda (1.239 ha)

Lic Es1120004 A Marronda

Baleira e A Fonsagrada

As Catedrais (297 ha)

Lic Es1120005 As Catedrais

Barreiros e Ribadeo

Carballido (4.828 ha)

Lic Es1120006 Carballido

A Fonsagrada , A Pontenova e

Ribeira de Piquín

Cruzul-Agüeira (652 ha)

Lic Es1120007 Cruzul-Agüeira

Becerreá e As Nogais

Monte Faro (2.988 ha)

Lic Es1120008 Monte Faro

Carballedo, Chantada e Rodeiro

Monte Maior (1.247 ha)

Lic Es1120009 Monte Maior

Viveiro e Xove

Negueira (4.558 ha)

Lic Es1120010 Negueira

Negueira de Muñiz

Ría de Foz-Masma (643 ha)

Lic Es1120011 Ría de Foz-Masma

Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo

Río Landro (127 ha)

Lic Es1120012 Río Landro

Ourol e Viveiro

NomeConcellos

Río Ouro (109 ha)

Lic Es1120013 Río Ouro

Alfoz, Foz e O Valadouro

Canón do Sil (5.914 ha)

Lic Es1120014 Canón do Sil

Nogueira de Ramuín, Pantón,

Parada de Sil e Sober

Serra do Xistral (22.964 ha)

Lic Es1120015 Serra do Xistral

Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, Ourol, As Pontes de García Rodríguez, O Valadouro, Vilalba, Viveiro, Xove e Xermade

Río Cabe (1.787 ha)

Lic Es1120016 Río Cabe

Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón e Sober

Costa da Mariña Occidental (491)

Lic Es1120017 Costa da Mariña Occidental

O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo

Baixa Limia (33.920 ha)

Lic Es1130001 Baixa Limia

Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea

Macizo Central (45.829 ha)

Lic Es1130002 Macizo Central

O Bolo, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Laza, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, Quiroga, Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Bidueiral de Montederramo (1.984 ha)

Lic Es1130003 Bidueiral de Montederramo

Montederramo e Vilar de Barrio

Pena Veidosa (2.321 ha)

Lic Es1130004 Pena Veidosa (2.321 ha)

Carballedo e San Cristovo de Cea

Río Támega (630 ha)

Lic Es1130005 Río Támega

Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín

Veiga de Ponteliñares (160 ha)

Lic Es1130006 Veiga de Ponteliñares

Porqueira e Rairiz de Veiga

Pena Trevinca (24.894 ha)

Lic Es1130007 Pena Trevinca

O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda, A Veiga e Viana do Bolo

Pena Maseira (5.715 ha)

Lic Es1130008 Pena Maseira

A Gudiña e A Mezquita

Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha)

Lic Es1130009 Serra da Enciña da Lastra

Rubiá

Illas Cíes (990 ha)

Lic Es0000001 Illas Cíes

Vigo

Sistema Fluvial Ulla-Deza (1.633 ha)

Lic Es1140001 Sistema Fluvial Ulla-Deza

Ames, Brión, Catoira, Dodro, A Estrada, Boqueixón, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Rois, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces

Río Lérez (149 ha)

Lic Es1140002 Río Lérez

Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra

A Ramallosa (92 ha)

Lic Es1140003 A Ramallosa

Nigrán e Baiona

Complexo Ons - O Grove (7.608 ha)

Lic Es1140004 Complexo Ons O Grove

Bueu, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo

Monte Aloia (783)

Lic Es1140005 Monte Aloia

Tui

Río Tea (357 ha)

Lic Es1140006 Río Tea

O Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño

Baixo Miño (2.871 ha)

Lic Es1140007 Baixo Miño

Arbo, A Cañiza, Crecente, A Guarda, As Neves, Padrenda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui

Brañas de Xestoso (1.077 ha)

Lic Es1140008 Brañas de Xestoso

A Estrada, Forcarei e Silleda

Cabo Udra (623 ha)

Lic Es1140009 Cabo Udra

Bueu e Cangas

Costa da Vela (1.419 ha)

Lic Es1140010 Costa da Vela

Cangas

Gándaras de Budiño (727 ha)

Lic Es1140011 Gándaras de Budiño

O Porriño, Salceda de Caselas e Tui

Illas Estelas (725 ha)

Lic Es1140012 Illas Estelas

Nigrán

Serra do Candán (10.699 ha)

Lic Es1140013 Serra do Candán

Beariz, Forcarei, O Irixo, Lalín e Silleda

Serra do Cando (5.458 ha)

Lic Es1140014 Serra do Cando

Beariz, Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama

Sobreirais do Arnego (1.124 ha)

Lic Es1140015 Sobreirais do Arnego

Agolada, Lalín e Vila de Cruces

Enseada de San Simón (2.218 ha)

Lic Es1140016 Enseada de San Simón

Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior

e Vilaboa

ANEXO I

NomeConcellos

Illas Cíes (990 ha)

Zepa Es0000001 Illas Cíes

Vigo

Ribadeo (536 ha)

Zepa Es0000085 Ribadeo

Ribadeo e Trabada

Ría de Ortigueira e Ladrido (3.025 ha)

Zepa Es0000086 Ría de Ortigueira e Ladrido

Cariño e Ortigueira

Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira (2.813 ha)

Zepa Es0000087 Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira

Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo

Costa da Morte (Norte) (7.962 ha)

Zepa Es0000176 Costa da Morte (Norte)

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso

Illa de Ons (924 ha)

Zepa Es0000254 Illa de Ons

Bueu

NomeConcellos

Costa de Ferrolterra - Valdoviño (4.266 ha)

Zepa Es0000258 Costa de Ferrolterra Valdoviño

Ferrol, Narón e Valdoviño

Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha)

Zepa Es1130009 Serra da Enciña da Lastra

Rubiá

Complexo Litoral de Corrubedo (971 ha)

Zepa Es0000313 Complexo Litoral de Corrubedo

Ribeira

Costa da Mariña Occidental (2.169 ha)

Zepa Es0000372 Costa da Mariña Occidental

O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo

Ría de Foz (564)

Zepa Es0000373 Ría de Foz

Foz e Barreiros

Ancares (12.564 ha)

Zepa Es0000374 Ancares

Cervantes e Navia de Suarna

Esteiro do Miño (1.688 ha)

Zepa Es0000375 Esteiro do Miño

A Guarda e O Rosal

Baixa Limia-Serra do Xurés (31.287 ha)

Zepa Es0000376 Serra do Xurés

Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado e Verea