DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 25 de agosto de 2004 Páx. 12.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 2004 polo que se outorga unha concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia de carácter comercial.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 15 de xullo de 2004, relativo á concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servizo de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 15 de xullo de 2004,

polo que se outorga a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Juan Benito Fernández Pinal, para a localidade do Carballiño; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2004.

Ignacio J. Otero López

Director xeral de Comunicación e Audiovisual

ANEXO

Que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xullo de dous mil catro, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Outorgar a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Juan Benito Fernández Pinal, para a localidade do Carballiño (Ourense)».

As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:

-Frecuencia (MHz): 91.9.-Localidade: O Carballiño.-Provincia: Ourense.-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 008º W 06' 04'' - 42º N 27' 35''.-Cota (m): 606.-Denominación da emisión: 256KF8EHF.-Potencia radiada aparente máxima: 500 W.-Potencia máxima do equipo transmisor: 400 W.-Potencia de saída autorizada do transmisor: 198.-Directividade: non directiva.-Sectores de radiación: --Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 25.-Altura do mastro sobre o chan (m): 40.-Altura efectiva máxima (m): 309.-Polarización da emisión: polarización mixta.-Observacións: -.