DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 11 de xullo de 2005 Páx. 12.291

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Advertido erro na publicación do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, publicado no DOG número 124, do 29 de xuño de 2005, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 11.516, parágrafo 3º, onde di: «actividades que xeren máis de 500 toneladas ao ano», debe dicir: «actividades que xeren máis de 1.000 toneladas ao ano».

Na páxina 11.519, alínea c) do artigo 5, onde di: «cantidade igual ou superior a 500 toneladas ao ano», debe dicir: «cantidade igual ou superior a 1.000 toneladas ao ano».

Na páxina 11.519, parágrafo 6º do artigo 7, onde di: «Real decreto 952/1997, do 20 de xullo», debe dicir: «Real decreto 952/1997, do 20 de xuño».

Na páxina 11.520, alínea 1ª.i) do artigo 10, onde di: «causas de caducidade da autorización», debe dicir: «causas de revogación da autorización».

Na páxina 11.521, alínea 2ª do artigo 11, onde di: «poderá tramitarse a modificación da autorización por instancia do interesado (anexo I)», debe dicir: «poderá tramitarse a modificación da autorización por instancia do interesado».

Na páxina 11.522, alínea 2ª.c) do artigo 16, onde di: «Actividades de xestión de residuos urbanos», debe dicir: «Valorización e eliminación de residuos urbanos».

Na páxina 11.522, alínea 3ª.b) do artigo 16, onde di: «as toneladas producidas por ano», debe dicir: «as toneladas xestionadas por ano».

Na páxina 11.522, alínea 3ª.c) do artigo 16, onde di: «Os factores que se van considerar serán as toneladas xestionadas por ano, o tipo de xestión, a existencia de sistemas de xestión medioambiental acreditados e a situación da planta», debe dicir: «Os factores que se van considerar serán as toneladas xestionadas por ano, o tipo de xestión, a fase do residuo (sólido, líquido ou pastoso), a existencia dun seguro que cubra expresamente os custos de reparación e recuperación do ambiente alterado, a existencia de sistemas de xestión ambiental acreditados e a situación da planta».

Na páxina 11.523, alínea 2ª.a) do artigo 20, onde di: «os xestores», debe dicir: «os produtores e xestores».

Na páxina 11.523, alínea 2ª.b) do artigo 20, onde di: «cantidade igual ou superior a 500 toneladas ao ano», debe dicir: «cantidade igual ou superior a 1.000 toneladas ao ano».

Na páxina 11.524, no parágrafo 2º do artigo 23º, onde di: «Localización e identificación das instalacións ou empresa», debe dicir: «Localización e identificación das instalacións e empresa».

Na páxina 11.526, alínea 1ª.e) do artigo 32, onde di: «A caducidade ou revogación da autorización», debe dicir «A revogación da autorización».

No anexo II, onde di «Que no seu centro de traballo, situado en ..., cos datos que figuran no anexo IV», debe dicir: «Que no seu centro de traballo, situado en ..., cos datos que figuran no anexo 5».

No anexo III, onde di: «Que no seu centro de traballo, situado en ..., cos datos que figuran no anexo 6», debe dicir «Que no seu centro de traballo, situado en ..., cos datos que figuran no anexo 5».