DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 16 de agosto de 2005 Páx. 14.270

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

DECRETO 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social consonte o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía. Con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais (DOG nº 76, do 23 de abril) que ordena e regula os aspectos básicos dun sistema integrado de protección social. O seu artigo 26.3º recolle a competencia para a regulamentación dos centros e servizos, públicos e privados, con ou sen ánimo de lucro, que presten servizos sociais, establecendo as condicións para a súa apertura e funcionamento, modificación, capacitación do seu persoal e peche.

No exercicio desta competencia, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servizos sociais, no que se establecen os requisitos xerais que deben cumprir os ditos centros para a súa creación, apertura e posta en funcionamento. A disposición derradeira primeira do referido decreto, faculta as consellerías de Sanidade e Servizos Sociais e de Familia, Muller e Xuventude para ditaren, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións sexan precisas para o seu desenvolvemento e aplicación. Con data do 20 de marzo de 1996, publícase a Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e de atención á infancia.

A citada norma supuxo un importante paso na regulación e sistematización dos distintos tipos de servizos dirixidos á infancia, pero desde a súa entrada en vigor producíronse cambios sociais e normativos substanciais que fan precisa unha actualización desta normativa.

En efecto, por unha banda, a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e da adolescencia (BOE nº 118, do 20 de xuño), establece unha serie de actuacións en materia de protección e asistencia á familia, á infancia e á adolescencia, regulando o acollemento residencial para aquelas situacións nas que exista risco ou desamparo e non poidan utilizarse outros recursos dentro do seo vertebrador da familia.

Ademais a demanda social de cambios substanciais no ámbito da protección e reforma do menor determinou a promulgación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (BOE nº 11, do 13 de xaneiro). Na súa disposición derradeira sétima establece que as comunidades autónomas con competencia respecto da protección e reforma de menores, adaptarán

a súa normativa para a adecuada execución das funcións que lles outorga esta lei.

A consecución da salvagarda do interese superior do menor, trae consigo a necesidade de revisar e perfilar as tipoloxías e os requisitos específicos e organizativos dos centros de menores establecidos na antedita orde e que se atopan dentro da área competencial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado consonte o Decreto 5/2005, do 13 de xaneiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Por outro lado, os núcleos familiares onde os dous proxenitores traballan fóra do fogar son cada vez máis numerosos, e a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar das familias fixo que xurdiran novas tipoloxías de centros de atención á infancia respecto das recollidas na Orde do 29 de febreiro de 1996, modificada pola Orde de 6 de novembro de 2000, facendo precisa a súa actualización, propósito ao que responde este decreto.

Deste xeito regúlanse os requisitos comúns dos centros de atención á infancia e establécese a súa clasificación. Diferéncianse tres tipos de centros: escolas infantís 0-3, puntos de atención á primeira infancia e espazos infantís, establecéndose unha serie de requisitos materiais, arquitectónicos, funcionais e de persoal específicos para cada un deles.

Baixo a nova denominación de escolas infantís 0-3 regulánse os equipamentos que se corresponden cos anteriormente denominados centros de atención á primeira infancia, recollendo a sua dobre función educativa e asistencial, afondando en determinados requisitos e prestacións que tratan de ofrecer unha garantía de calidade e adaptarse ás novas necesidades de funcionamento.

Os puntos de atención á primeira infancia son unha nova figura de establecementos con vocación fundamentalmente asistencial e dirixido prioritariamente a aqueles concellos que pola súa baixa poboación infantil ou outras circunstancias socio-económicas non precisen dunha escola infantil 0-3, o mesmo tempo concíbense tamén como un instrumento de desenvolvemento rural polo que se priorizará a súa instalación nos concellos con este carácter.

Por último, créase a figura dos espazos infantís como establecementos de atención asistencial non continuada dirixido os nenos de 2 a 8 anos, cunha vocación de apoio ás familias na atención esporádica dos nenos dun xeito flexible e coas adecuadas garantías de seguridade e calidade.

Por outra banda, nesta norma tamén se definen e establecen os requisitos específicos dos servizos complementarios de atención á infancia, entendendo por tales os que serven de soporte a algún dos centros anteriores, tendo o carácter de actividade engadida á principal que aqueles desenvolvan. Estes servizos clasifícanse segundo os establecementos que lles dean soporte (servizos complementarios en escolas infantís 0-3, servizos complementarios en PAIS, servizos complementarios en espazos infantís) e segun

do a súa tipoloxía (servizos complementarios de atención e coidado en escolas infantís durante a xornada ordinaria e/ou ampliada do centro, servizos complementarios de atención e coidado fóra da xornada ordinaria do centro e servizos complementarios de comedor).

En virtude do exposto, e de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da xunta de Galicica na súa reunión do día vinte e oito de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e de atención á infancia, así como ás prestacións mínimas que lles deben ofertar aos usuarios para que se autorice o seu funcionamento.

Artigo 2º.-Requisitos dos centros.

Todos os centros de menores e de atención á infancia deberán cumprir os requisitos xerais establecidos no artigo 7 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, así como os específicos que, de acordo coa súa tipoloxía, se establecen neste decreto.

Artigo 3º.-Centros de menores.

Son centros de menores aqueles equipamentos destinados á atención de menores de idade que, de acordo coa normativa en vigor, estean en situación de risco, desamparo ou conflito social, e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades dirixidos a este sector da poboación.

Son centros residenciais de menores aqueles equipamentos creados pola iniciativa pública ou privada para facilitar unha atención especializada a aqueles menores que, por distintas circunstancias sociofamiliares, necesitan ser separados temporalmente do seu núcleo familiar ou internados baixo a aplicación de medidas xudiciais. Os centros deben reproducir as condicións de vida do menor da forma máis próxima á dunha familia normalizada, desde o formato da vivenda ata a súa atención integral e compensadora das súas deficiencias.

Son centros de atención de día aqueles equipamentos de carácter diúrno que lle proporcionan aos menores diversas atencións durante o día, prestando servizos complementarios de soporte e apoio ás familias e contribuíndo a paliar as súas carencias e a mellorar o seu proceso de normalización socio-familiar.

Artigo 4º.-Centros de atención á infancia.

Son centros de atención á infancia aqueles equipamentos que, calquera que sexa a súa denomina

ción, organizan o coidado dos nenos/as no seo dun grupo co fin de contribuír ao seu benestar e ao seu proceso evolutivo, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar das familias mediante a súa garda e custodia.

Para o seu funcionamento precisarán, en todo caso, dunha autorización administrativa que responda a algunha das tipoloxías establecidas neste decreto.

Artigo 5º.-Das autorizacións e permisos.

1. Para a obtención das autorizacións administrativas para a creación, construción ou modificación substancial dos centros regulados nesta norma, así como dos correspondentes permisos de inicio e cesamento de actividades neles, o titular ou representante legal da entidade da que dependa o centro presentará unha solicitude normalizada, dirixida á dirección xeral competente en materia de familia, segundo os respectivos modelos establecidos nos anexos I, II, III e IV deste decreto.

2. As solicitudes tramitaranse conforme os procedementos establecidos nos artigos 13 e seguintes do Decreto 243/1995, do 28 de xullo.

3. Para os efectos de emitir os informes a que se fai referencia nos artigos 17 e 22 do Decreto 243/1995, os órganos competentes poderán solicitar doutras unidades administrativas informes técnicos específicos da súa competencia.

Artigo 6º.-Libros rexistro e de reclamacións.

Os libros de rexistro de usuarios e de reclamacións, regulados nos puntos c) e d) do artigo 7.1.2 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, estarán constituídos por follas encadernadas e numeradas.

No libro de rexistro de usuarios deberán constar cando menos os seguintes datos: nome e apelidos, data de alta, incidencias, data de baixa e causa.

O libro de reclamacións estará á disposición dos usuarios/as e será dilixenciado pola dirección xeral competente en materia de familia unha vez concedido o permiso de actividades do centro. Nas súas follas deberán figurar os puntos necesarios para identificar a persoa que realiza a reclamación, a súa data e obxecto e o centro afectado por ela.

Capítulo II

Centros de menores

Sección primeira

Centros de menores. Requisitos comúns

Artigo 7º.-Requisitos xerais dos centros de menores.

Son características comúns a todos os centros de menores:

a) Situación.

Os centros de menores estarán situados, preferentemente, en núcleos de poboación ou lugares de fácil acceso, cunha rede de transportes públicos adecuados, e próximos a equipamentos sanitarios, educativos e de servizos comunitarios para a súa atención.

b) Prestacións.

Todos os centros deberán proporcionar unha atención integral baseada nas seguintes prestacións: mantenza, apoio psicosocial e educativo, con particular atención á promoción da igualdade e á eliminación das discriminacións entre os mozos e mozas, seguimento escolar, promoción da saúde, animación planificada do tempo libre, formación nas habilidades sociais básicas e colaboración, apoio e orientación ás familias dos menores. Os centros residenciais ademais proporcionarán aloxamento.

c) Requisitos materiais.

-Todos os centros deberán reunir as condicións de habitabilidade recollidas na normativa vixente.

-Contarán cunha zona de estar, diferenciada da zona de aloxamento, cunha superficie mínima de 2 m por menor.

-O comedor deberá dispoñer dun mínimo de 10m, mantendo sempre a proporción de 1,5 m por menor. Non obstante, nas casas de familia, nas vivendas tuteladas e pisos asistidos, a zona de estar poderá ser empregada como comedor.

-Disporán de cociña, servizo de lavandaría e botica de urxencia para primeiros auxilios.

-Posuirán espazos con condicións adecuadas para o estudo, nos propios dormitorios ou nunha sala específica para este fin.

-Ademais nos centros residenciais os espazos destinados a dormitorios serán específicos para tal fin, non podendo ser paso obrigado a outras dependencias. Terán unha capacidade máxima de 4 prazas e unha superficie mínima de 6 m máis 2 m por praza. Cada dormitorio terá espazos individualizados para gardar as pertenzas persoais.

d) Requisitos de persoal.

Os centros de menores contarán cun persoal axeitado ás características dos/das usuarios/as e das actividades que realicen.

Todos os cargos directivos dos centros de menores (directores/as e subdirectores/as) deberán estar en posesión dunha titulación mínima de grao medio, preferentemente nas áreas psicolóxica, pedagóxica ou socioeducativa.

e) Usuarios/as.

Menores de ambos os dous xéneros e de diferentes idades que se atopen en situación de risco, desamparo ou conflito social. Non obstante, poderá haber determinados centros específicos que acollan menores dun único sexo e/ou dun determinado tramo de idade cando fora imprescindible polas atencións educativas especializadas que estes van requirir.

Sección segunda

Clasificación dos centros de menores

Artigo 8º.-Clasificación xeral e tipoloxía dos centros de menores.

1. Os centros de menores clasifícanse nas seguintes tipoloxías: casas de primeira acollida, casas de

familia, minirresidencias, residencias, centros con fogares, centros de reeducación, centros de atención específica, vivendas tuteladas, vivendas de transición á vida autónoma, centros con obradoiros formativos e centros de atención de día.

Así mesmo, en función da idade dos menores atendidos, poderán clasificarse en:

-Centros infantís: cando atende preferentemente a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

-Centros infanto-xuvenís: cando o centro atende preferentemente rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

-Centros xuvenís: cando a atención se dirixe principalmente a xoves de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, e de conformidade coa normativa de responsabilidade de menores vixente.

Artigo 9º.-Casas de primeira acollida.

1. Definición.

Son establecementos residenciais destinados a acoller temporalmente a menores en situacións de urxencia nos casos en que se vexan privados do seu domicilio debido a situacións extremas causadas por problemas familiares, malos tratos, abandono e outros supostos análogos.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Ademais dos requisitos materiais correspondentes a todos os centros residenciais, deberán reunir os seguintes requisitos específicos:

-A capacidade máxima destes equipamentos será de 15 prazas, debendo contar cunha superficie mínima de 15 m por praza.

-Deberán dispor dun despacho de dirección/administración e outro para o equipamento técnico/educativo.

-Contarán, como mínimo, cun inodoro, un lavabo e unha ducha por cada 5 prazas.

2.2. Requisitos de persoal.

-O número de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, dun/dunha traballador/a na quenda de noite e, polo menos, un/unha educador/a nas quendas de día.

-Disporán dun equipo técnico formado alomenos por un/unha psicólogo/a e un/unha asistente/a social.

2.3. Prestacións.

Ademais das prestacións comúns a todos os equipamentos, realizarán un estudo multidisciplinar dos menores que comprenda observación, diagnóstico e orientación.

Artigo 10º.-Casas de familia.

1. Definición.

Son equipamentos residenciais destinados a menores, cunhas dimensións reducidas e instalados en vivendas normalizadas, plenamente integradas na

comunidade e cunha capacidade máxima de 8 prazas.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Serán requisitos específicos deste tipo de equipamentos:

-Ter unha capacidade máxima de 8 prazas, cunha superficie mínima útil de 10 m por praza.

-Dispor como mínimo dun baño completo e un aseo con ducha, inodoro e lavabo.

2.2. Requisitos de persoal.

O número de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, na quenda de noite dun/dunha traballador/a e polo menos 1 educador/a nas horas do día en que os menores estean no centro.

Se a casa de familia atendese exclusivamente menores de entre 0 e 3 anos, a ratio mínima será dun/dunha traballador/a por cada 4 menores nas quendas de día e un/unha traballador/a na quenda de noite.

Artigo 11º.-Minirresidencias.

1. Definición.

Son minirresidencias de menores os equipamentos residenciais de dimensións reducidas, instalados en vivendas normalizadas, cunha capacidade máxima de 15 prazas.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Serán requisitos materiais específicos:

-Contar cunha superficie mínima útil de 10 m por praza.

-Dispor dun mínimo dun inodoro, un lavabo e unha ducha por cada 5 prazas.

2.2. Requisitos de persoal.

O número de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, dun/dunha traballador/a nas quendas de noite e polo menos un/unha educador/a nas horas do día en que os menores estean no centro.

Se o equipamento acollese exclusivamente a menores de entre 0 e 3 anos, a ratio mínima será dun/dunha traballador/a por cada 4 menores nas quendas de día, e un/unha traballador/a nas quendas de noite.

Artigo 12º.-Residencias.

1. Definición.

Son residencias de menores os establecementos de carácter asistencial e educativo, cunha capacidade máxima de 25 prazas.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Deberán reunir os seguintes requisitos materiais:

-Ter unha superficie útil mínima de 10 m por praza.

-Dispor dun despacho de dirección/administración e outro para o equipo educativo, ademais dunha sala de reunións.

-Posuír unha sala de estudo con capacidade polo menos para a metade dos menores, agás que os dormitorios dispoñan de espazo e condicións axeitadas para estas tarefas.

-Dispor dun inodoro, unha ducha e un lavabo por cada 5 menores.

2.2. Requisitos de persoal.

A ratio de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, dun/dunha traballador/a, na quenda de noite e polo menos un/unha educador/a cada 8 menores nas horas do día en que estes permanezan nos centros.

Se o equipamento acollese a menores de entre 0 e 3 anos, a ratio mínima será dun/dunha traballador/a por cada 4 menores desta idade nas quendas de día, e un/unha traballador/a nas quendas de noite.

Artigo 13º.-Centros con fogares.

1. Definición.

Son centros con fogares aqueles equipamentos residenciais distribuídos en unidades de convivencia que permitan a adecuación dos espazos e ritmos de vida autónomos dentro da organización xeral.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

As unidades de convivencia que se creen deberán reunir os seguintes requisitos materiais:

-Ter unha capacidade máxima por cada unidade de residencia de 10 prazas e unha superficie mínima útil de 10 m por praza.

-Contar cun despacho de dirección/administración, un despacho para o equipo educativo e unha sala de reunións.

-Dispor en cada unidade de convivencia de zona de estar, dunha ducha, un inodoro e un lavabo por cada 5 prazas e de espazos acondicionados para o estudo, nos propios dormitorios ou nunha sala específica para este fin, así como de cociña e comedor.

2.2. Requisitos de persoal.

A ratio de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, dun/dunha traballador/a no centro na quenda de noite e, polo menos, un/unha educador/a en cada unidade de convivencia nas horas do día en que os menores permanezan no centro.

Se o equipamento acollese a menores de entre 0 e 3 anos, a ratio mínima será dun/dunha traballador/a por cada 4 menores nas quendas de día, e un/unha traballador/a nas quendas de noite.

Artigo 14º.-Centros de reeducación.

1. Definición.

Son centros de reeducación aqueles equipamentos residenciais que lles prestan unha atención socioe

ducativa especializada a menores con problemas de conduta ou internados en virtude de resolución xudicial.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

-Contar cun despacho de dirección/administración, outro para o equipo educativo e unha sala de reunións.

-Estar divididos en unidades de convivencia con funcionamento autónomo.

-Ter unha capacidade máxima de 15 menores por cada unidade de convivencia. Ademais segundo a súa capacidade e estrutura terá os requisitos materiais específicos que correspondan aos distintos equipamentos residenciais de menores (casa de familia, minirresidencia, residencia ou centro con fogares).

-Dispor en cada unidade de convivencia de zona de estar, dunha ducha, un inodoro e un lavabo por cada 5 prazas e de espazos acondicionados para o estudo, nos propios dormitorios ou nunha sala específica para este fin.

-As unidades de réxime pechado contarán ademais con medidas arquitectónicas de contención que garantan a permanencia dos menores nelas, debendo contar con espazos ao aire libre que permitan o seu esparexemento.

2.2. Requisitos de persoal.

A ratio de persoal será a seguinte: deberá estar presente, como mínimo, un/unha educador/a por cada 8 menores nas horas do día en que estes permanezan no centro. Nas unidades de réxime semiaberto ou pechado a ratio mínima será de un/unha educador/a por cada 5 menores durante as quendas de día. En todos os casos deberá garantirse a presenza no centro de polo menos un/unha traballador/a na quenda de noite.

Artigo 15º.-Centros de atención específica.

1. Definición.

Son centros de atención específica aqueles nos que se realiza unha atención educativa especializada ou tratamento específico dirixido a menores suxeitos a medidas xudiciais que padezan anomalías ou alteracións psíquicas, un estado de dependencia de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas ou substancias psicotrópicas, ou alteracións na percepción que determinan unha alteración grave da conciencia da realidade.

Así mesmo, poderán tamén ser usuarios destes centros, menores tutelados que sexan ingresados por razóns de adiccións ou de disfuncións psíquicas.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Deberán reunir os seguintes requisitos específicos:

-Contar con medidas arquitectónicas de contención que garantan a permanencia dos menores no

recinto, debendo ter espazos ao aire libre que permitan o esparexemento dos menores.

-Contar cun despacho de dirección/administración, outro para o equipo educativo e unha sala de reunións.

-Dispor de sala de enfermaría e de todos os despachos necesarios para dar cabida aos diferentes especialistas cos que deba contar para desenvolver a súa actividade.

-Estar dividido en unidades de convivencia, en función dos diferentes tipos de usuarios/as que se dispón a acoller.

-Ter unha capacidade máxima por cada unidade de convivencia de 15 prazas, mantendo sempre a proporción mínima de 15 m por praza.

-Dispor, por cada unidade de convivencia, dunha ducha, lavabo e inodoro por cada 5 menores e de espazos acondicionados para o estudo nos propios dormitorios ou dunha sala específica para este fin; ademais contará cunha zona común con sala de estar.

-Tamén poderán existir unidades de atención específica integradas noutros equipamentos residenciais (residencias, centros con fogares, centros de reeducación). A capacidade destas unidades non poderá exceder de 15 prazas.

2.2. Requisitos de persoal.

-Deberá haber un/unha educador/a por cada 4 menores no momento en que se dea o máximo desenvolvemento das actividades diúrnas; nas quendas nocturnas garantirase a presenza dun/dunha traballador/a por cada 10 menores no centro.

-Contará cun/cunha especialista en cada unha das áreas de intervención do centro.

Artigo 16º.-Vivendas tuteladas.

1. Definición.

Son vivendas tuteladas os equipamentos residenciais instalados en vivendas normalizadas dirixidos a menores próximos a cumprir a maioría de idade que, debido á súa situación socio-familiar, necesitan apoios para alcanzaren a súa autonomía definitiva, funcionando en réxime de autoxestión baixo supervisión técnica dos/das educadores/as.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Deberán reunir os seguintes requisitos específicos:

-Ter unha capacidade máxima de 8 prazas, mantendo sempre a proporción dun mínimo de 10 m por praza.

-Contar, como mínimo, cun inodoro, un lavabo e unha ducha por cada 5 prazas.

2.2. Requisitos de persoal.

As vivendas tuteladas contarán co apoio dun/dunha educador/a.

2.3. Prestacións.

Estes equipamentos ofertarán, ademais das prestacións comúns a todos os centros residenciais, apoio á integración socio-laboral e supervisión técnica do desenvolvemento da autonomía persoal dos menores.

Artigo 17º.-Vivendas de transición á vida autónoma.

1. Definición.

Son vivendas de transición á vida autónoma os equipamentos residenciais instalados en vivendas normalizadas dirixidos a mozos/as que debido á súa situación sociofamiliar necesitan apoios para alcanzaren a súa autonomía definitiva, funcionando en réxime de autoxestión baixo a supervisión técnica externa dun/dunha educador/a.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

Deberán reunir os seguintes requisitos específicos:

-Ter unha capacidade de 4 a 6 prazas, mantendo a proporción mínima de 10 m por praza.

-Contar, como mínimo, cun baño completo.

2.2. Requisitos de persoal.

As vivendas de transición á vida autónoma disporán de supervisión externa que será realizada por un/unha educador/a pertencente a calquera outro equipamento da rede residencial de menores.

Artigo 18º.-Centros con obradoiros formativos.

1. Definición.

Son centros con obradoiros formativos os equipamentos residenciais para menores que ao rematar a escolaridade obrigatoria precisen formarse para a súa futura incorporación ao mundo laboral. Ofrecen unha asistencia orientada ao desenvolvemento da autonomía persoal e á adquisición das habilidades necesarias para a súa incorporación ao mundo laboral, compensando os seus déficits formativos a través da aprendizaxe teórico-práctica dun oficio que lles facilite a devandita incorporación.

Tamén poderán existir obradoiros formativos integrados noutros equipamentos residenciais (residencias, centros con fogares, centros de reeducación, centros de atención específica) ou de xeito independente.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

-Dispor de obradoiros coas dimensións, materiais, maquinaria e ferramentas axeitadas ás especialidades que se impartan.

-Contar cunha ducha, lavabo e inodoro por cada 5 menores.

-Ter os requisitos materiais específicos que, segundo a súa capacidade e estrutura, corresponden aos distintos equipamentos residenciais de menores (residencia ou centros con fogares).

2.2. Requisitos de persoal.

-A ratio de persoal será tal que permita a presenza, como mínimo, dun/dunha traballador/a no centro na quenda de noite e, polo menos, un/unha educador/a nas horas do día en que os menores permanezan no centro.

-A ratio para o/a monitor/a de cada obradoiro formativo será a establecida na normativa vixente aplicable para a correspondente especialidade.

2.3. Prestacións.

Estes centros prestarán ademais das actividades ocupacionais e/ou rehabilitadoras, o necesario apoio psicosocial e orientación laboral e poderán realizar outras actividades de tipo cultural e recreativo.

Artigo 19º.-Centros de atención de día.

1. Definición.

Son centros de atención de día os equipamentos que lles proporcionan durante o día a menores situación de risco, desamparo ou conflito social, unha serie de servizos de apoio socioeducativo e familiar, co obxecto de favorecer o seu proceso de normalización. Poden funcionar como centros específicos de atención de día ou como unidades de atención de día integradas en centros residenciais de menores.

2. Requisitos específicos.

2.1. Requisitos materiais.

-Ter unha superficie mínima de 8 m por praza.

-Contar, como mínimo, cun inodoro, un lavabo e unha ducha por cada 5 prazas. Se acolle a menores de 0 a 3 anos deberá ter unha zona específica de hixiene.

-As unidades integradas en equipamentos residenciais poderán asumir prazas de atención de día por riba da máxima establecida nos parágrafos anteriores, sempre que cumpran a proporción de superficie mínima por praza e a ratio de persoal establecida para a atención de día.

2.2. Requisitos de persoal.

-Os centros de atención de día terán un/unha director/a con titulación mínima de grao medio, preferentemente nas áreas psicolóxica, pedagóxica ou socioeducativa. Nas unidades integradas en equipamentos residenciais, o/a director/a da unidade de día poderá ser o/a do equipamento residencial.

-A ratio de persoal será a seguinte: nos centros específicos para a atención de día haberá un mínimo dun/dunha educador/a para cada 8 menores; nas unidades integradas en centros, haberá un/unha educador/a para a atención de día por cada 10 menores.

2.3. Prestacións.

As prestacións serán distintas segundo se trate dunha atención de día básica ou atención de día integral.

a) Atención de día básica. Este servizo concrétase nas seguintes prestacións:

Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas; atención durante o curso lectivo; horario de atención flexible dependendo das necesidades dos menores; alimentación: xantar e merenda e, en casos puntuais que así o requira, o almorzo; apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles; transporte de proximidade, de ida e volta ao domicilio familiar; participación nas actividades extraescolares organizadas pola propia institución ou polo centro escolar ao que acuda o menor; colaboración na normalización da dinámica familiar.

b) Atención de día integral.

Ademais das prestacións de atención básica, a atención integral concrétase en:

Atención durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións; horario de atención mínimo de 8 da mañá a 8 da tarde; alimentación: almorzos, xantares, merendas e ceas; hixiene e educación nos hábitos de saúde, incluíndo materiais educativos e didácticos; animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades; transporte de proximidades de ida e volta ao domicilio familiar; roupa e calzado; servizo de titorías: orientación psicoeducativa.

Capítulo III

Os centros de atención á infancia

e os seus servizos complementarios

Sección primeira

Centros de atención á infancia. Requisitos comúns

Artigo 20º.-Requisitos comúns.

Sen prexuízo dos requisitos específicos que por razón da súa tipoloxía se poidan establecer, estes centros deberán reunir como mínimo os seguintes requisitos xerais:

1. Situación e accesibilidade.

Deberán estar afastados das actividades consideradas como molestas, insalubres, nocivas e perigosas e nos proxectos arquitectónicos terase en conta unha boa integración co medio ambiental así como a súa adecuación ás condicións bioclimáticas do lugar.

Estarán situados en locais situados en planta baixa, de uso exclusivo, salvo naqueles edificios concibidos unicamente para este fin, e con acceso independente desde o exterior.

2. Espazos exteriores.

a) Deberán estar tratados cos materiais adecuados segundo os usos, dispoñendo das instalacións necesarias tales como drenaxe, iluminación, toma de auga, sinalizacións, etc.

b) Os desniveis do terreo, muros de contención ou elementos perigosos, cando sexan inevitables pola topografía do terreo, deberán estar debidamente protexidos e sinalizados.

c) Cando no recinto do propio centro exista un espazo ao aire libre dedicado ao esparexemento dos/das nenos/as, este deberá estar debidamente delimitado, evitando un tratamento excesivamente pechado. Será recomendable a existencia de soportais (adosados ou exentos, segundo as condicións bioclimáticas da zona).

d) Cando o espazo ao aire libre para esparexemento sexa un parque de uso comunitario, público ou privado, este deberá estar debidamente mantido e conservado e ofrecerá unhas condicións de seguridade axeitadas.

e) Nas áreas exteriores de xogos que dispoñan de equipos de aparellos (tobogáns, bambáns, estruturas para gabear, balancíns, estruturas multixogos, etc.) estes deberán axustarse á normativa autonómica que regula a seguridade nos parques infantís.

3. Espazos interiores.

a) Os materiais utilizados serán adecuados á idade dos/das nenos/as. Evitaranse superficies rugosas e arestas nas paredes e, en caso de existiren, contarán coa protección adecuada. Os pavimentos serán de superficie cálida, lisa e antiesvarante, impermeable e continua, de xeito que permitan futuras redistribucións do espazo. As pinturas serán impermeables e non tóxicas.

b) A altura libre dos espazos interiores e de circulación será, como mínimo, de 2,5 metros.

c) O centro disporá, cando menos, dun aseo para o persoal, o cal contará cun lavabo, un inodoro e unha ducha.

d) Os servizos sanitarios estarán dotados de auga fría e quente, con billas hidro-mesturadas. O tamaño dos sanitarios será proporcionado ás idades dos/das nenos/as.

e) O mobiliario será de superficie non porosa, que non poida facer estelas, de bordes romos e ángulos redondeados, sen saíntes agresivos e de medidas axeitadas aos/ás nenos/as.

f) Os xoguetes serán atraumáticos, atóxicos, lavables e axeitados ás idades dos/das nenos/as.

g) O deseño de portas e ventás respostará a criterios de funcionalidade, seguridade e durabilidade. As portas de paso disporán da protección necesaria para evitar pillar os dedos.

h) O centro disporá dun sistema de calefacción centralizado e regulable, que inclúa todas as salas para o mantemento dunha temperatura idónea. Os elementos calefactores posuirán a protección necesaria para evitar as queimaduras por contacto, atrapamentos ou outros riscos para a integridade dos/das nenos/as. Haberá un termómetro na parede de cada unha das salas destinadas aos nenos/as.

i) Os aparellos de iluminación deberán incorporar difusores ou elementos que eviten o deslumbramento e a rotura e posterior caída das lámpadas.

j) Os enchufes da luz serán de seguridade.

k) O acristalamento será de dobre vidro e cámara estanca intermedia por razóns de aforro enerxético. Os vidros serán irrompibles por debaixo de 150 cm.

l) En todas as dependencias do centro deben instalarse detectores de fumes.

m) As estadías deben dispoñer dunha iluminación e ventilación natural directa. Exceptúanse almacéns e cuartos de limpeza e lixo, así como os aseos. Estes últimos deberán contar con algún sistema de ventilación, xa sexa natural, xa forzada ou mecánica.

n) O centro deberá contar cunha recepción para o control na entrega e devolución dos/das nenos/as.

4. Requisitos funcionais.

a) Os centros deberán contar coa correspondente licenza municipal para a apertura do local.

b) Contarán cun regulamento de organización e funcionamento a disposición dos/das usuarios/as, debendo figurar unha copia ou resumo nun lugar visible da entrada. Nel se recollerá como mínimo: a actividade desenvolta, normas de uso, dereitos e deberes dos/das usuarios/as, organización do persoal e tarifas aplicables.

c) Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/das nenos/as deberá acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterase a un recoñecemento médico que acredite que non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida ou dificulte as súas funcións. Será igualmente preceptiva a vacinación do persoal contra a rubéola, co especial compromiso das mulleres en idade fértil de adoptar as medidas sanitarias preventivas que correspondan durante os 3 meses seguintes á vacinación.

d) Todo o persoal de atención e coidado deberá acreditar coñecementos básicos en primeiros auxilios.

e) O persoal que manipule alimentos deberá estar en posesión do carné de manipulador segundo a normativa vixente.

f) Deberá subscribirse unha póliza de seguro de responsabilidade civil e outra de accidentes en contía suficiente para garantir a cobertura dos danos por sinistro e das eventuais indemnizacións aos/ás usuarios/as.

g) O centro disporá dun plan de actuación para casos de emerxencia e terá un plano de evacuación en cada unha das dependencias, segundo o exixido pola normativa vixente.

Artigo 21º.-Clasificación.

Os centros de atención á infancia para os efectos da autorización prevista no artigo 5º deste decreto clasifícanse en:

Escolas infantís 0-3.

Puntos de atención á primeira infancia (PAI).

Espazos infantís.

Sección segunda

As escolas infantís 0-3

Artigo 22º.-Definición.

As escolas infantís defínense como aqueles equipamentos diúrnos de carácter educativo e asistencial, dirixidos ao sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que teñen por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, realizando ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais ao mundo laboral.

Artigo 23º.-Usuarios.

As escolas infantís 0-3 prestarán atención e coidado continuado aos/ás nenos/as de entre 3 meses e 3 anos de idade.

Artigo 24º.-Finalidade.

A finalidade prioritaria das escolas infantís 0-3 é desenvolver a atención educativa e asistencial establecida para este tramo de idade.

Artigo 25º.-Calendario e horario de apertura.

Cada centro abrirá durante un mínimo de oito horas diarias, en xornada partida ou continuada, cinco días á semana de luns a venres e doce meses ao ano, salvo causa xustificada.

Non obstante, respectando estes mínimos, cada centro poderá determinar os seu calendarios e horarios de apertura e peche ao público en función da demanda existente e da necesaria conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Artigo 26º.-Servizo de comedor, transporte e de horario amplo.

Ademais do coidado e atención dos nenos de 0-3 anos, este centros poderán prestarlles un servizo de comedor, transporte ou de horario amplo, nos termos sinalados a continuación.

1. Servizo de comedor: incluirá en todo caso o xantar e, opcionalmente, almorzo e merenda e/ou cea, podendo ser ofertado nalgunha das seguintes modalidades:

a) Como servizo de comedor propiamente dito, prestado por persoal do propio centro ou ben alleo a el contratado con tal fin (servizo de catering), incluídos os alimentos.

En todo caso deberá existir a disposición dos pais unha relación semanal dos menús previstos, os cales deberán proporcionar unha dieta equilibrada e axeitada ás idades dos/das nenos/as.

b) Como servizo de cociña, entendendo por tal a prestación consistente na achega dos medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as.

2. Servizo de transporte escolar: deberá cumprir todos os requisitos establecidos na normativa específica, en especial os relativos á seguridade e autorización deste servizo.

3. Horario amplo: enténdese por horario amplo a atención aos/ás nenos/as por parte do centro cando menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen.

Artigo 27º.-Requisitos específicos.

A escolas infantís 0-3 ademais dos requisitos comúns para os centros de atención á infancia deberán cumprir os seguintes específicos:

1. Requisitos materiais e arquitectónicos:

As escolas infantís 0-3 deberán contar cun mínimo de 3 unidades, agás nos casos en que a demanda non xustifique a existencia dun centro completo, e reunir os seguintes requisitos materiais:

a) Contar cunha sala por cada unidade cunha superficie de 2 m por neno/a e un mínimo de 30 m. As salas destinadas a nenos/as menores de 2 anos disporán de áreas diferenciadas para o descanso e a hixiene.

b) Dispor dun espazo axeitado para a preparación de alimentos e, cando haxa nenos/as menores de 1 ano, con capacidade para os equipamentos que determine a normativa vixente.

c) Contar cunha sala de usos múltiples de 30 m que, de ser o caso, poderá ser usada como comedor.

d) Dispoñer dun patio exterior de xogos de uso exclusivo do centro, cunha superficie mínima de 50 m. Esta superficie incrementarase en 25 m por cada 3 novas unidades ou fracción.

Cando se use como patio unha zona de uso comunitario, pública ou privada, precisarase a oportuna autorización.

En áreas urbanas consolidadas poderase autorizar excepcionalmente un patio interior cuberto, sempre que dispoña de iluminación e ventilación natural nun mínimo de 1/3 da superficie en planta da dita zona, superficie da que cando menos 1/2 será practicable.

e) Contar cun aseo con 2 lavabos e 2 inodoros por cada sala destinada a nenos/as de 2 a 3 anos que deberá ser visible e accesible desde ela.

f) Contar cun despacho de administración e/ou secretaría.

g) No caso de edificios que teñen como única finalidade a de escola infantil 0-3, as unidades correspondentes a nenos/as de 0-1 ou 0-2 situaranse sempre en planta baixa, sendo tamén preferente esta situación para as unidades correspondentes a nenos/as de 1-2 anos.

h) No caso de tratárense de centros situados en empresas ou en polígonos industriais, deberán permanecer suficientemente afastados da actividade industrial para garantir a seguridade e tranquilidade dos/das nenos/as.

2. Ratios e requisitos específicos de persoal.

a) Ratios.

A proporción adulto/neno/a será, como máximo, a seguinte:

-Unidades para nenos/as menores de 1 anos: 1/8.

-Unidades para nenos/as de 1 a 2 anos: 1/13.

-Unidades para nenos/as de 2 a 3 anos: 1/20.

No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción:

-Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10.

-Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15.

b) Titulación do persoal.

O persoal dedicado a funcións educativas e de atención directa aos/ás nenos/as deberá estar en posesión das seguintes titulacións:

b1) Persoal de atención:

-Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía.

-Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente.

-Técnico superior en educación infantil ou equivalente.

A proporción de persoal cualificado coa que deberán contar os centros é dun número igual ao de unidades en funcionamento máis un.

A dirección pedagóxica do centro recaerá nalgún dos membros do persoal coa titulación de licenciado/a ou mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente.

b2) Persoal de apoio:

En todos os centros deberá haber, alomenos, unha persoa de apoio á atención e coidado dos/das nenos/as a cal, ademais das titulacións anteriores, poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en atención sociosanitaria, técnico superior en animación sociocultural, técnico en coidados auxiliares de enfermaría, diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade ou aqueloutras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente na autorización do centro.

b3) Outro persoal.

Cando o centro ofreza servizo de comedor, nas distintas modalidades, deberá dispoñer do persoal necesario para o desenvolvemento das funcións propias deste servizo.

3. Requisitos funcionais.

As escolas infantís 0-3 adaptarán o seu funcionamento a un proxecto educativo de centro que defina a súa identidade, formule os obxectivos que se pretenden acadar e exprese a súa estrutura organizativa. O dito proxecto educativo incluirá, entre os seus apartados, o tratamento lingüístico do centro que deberá acadar o desenvolvemento das capacidades dos/das nenos/as nas dúas linguas oficiais de Galicia cara o seu uso como vehículo de comunicación. Ademáis procurará a introdución da terceira lingua.

Sección terceira

Os puntos de atención á infancia

Artigo 28º.-Definición e finalidade.

Reservase a denominación de puntos de atención á infancia (PAI) para aqueles establecementos de carácter diúrno e titularidade municipal, encadrados nos servizos sociais especializados dos concellos, que teñen como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos/das nenos/as de entre 3 meses e 3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o seu coidado. Ademais poderán atender aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.

O obxecto destes puntos é a prestación dunha atención asistencial en concellos que pola súa baixa poboación infantil ou outras circunstancias económico-sociais, necesitan prazas para a atención do colectivo de nenos/as entre 0 e 3 anos pero non precisan crear escolas infantís 0-3. Atendida a súa concepción como instrumento de desenvolvemento rural se autorizarán, analizadas as condicións anteriores, en concellos con menos de 5.000 habitantes. En concellos con maior poboación a autorización estará vinculada á necesidade de novas prazas asistenciais e á súa complementariedade coas ofertadas polas escolas infantis 0-3.

Artigo 29º.-Requisitos específicos.

Os puntos de atención á infancia ademáis dos requisitos comúns para os centros de atención á infancia deberán cumprir os seguintes específicos:

1. Materiais e arquitectónicos:

Ademais dos requisitos comúns, estes establecementos deben reunir os seguintes:

a) O local de emprazamento terá unha superficie mínima de 70 m.

b) Na distribución do espazo terase en conta a necesidade de diferenciar as seguintes zonas destinadas a atención dos/das nenos/as: zona de gatexo, zona de descanso, zona de hixiene, aseos e zona de preparación de alimentos.

c) O centro deberá contar cun despacho ou espazo similar para o manexo da documentación básica dos/das usuarios/as.

d) Os materiais empregados en todo o centro serán cálidos e adaptados ás idades dos/das usuarios/as.

e) A zona de preparación de alimentos deberá contar cos equipamentos mínimos de: mini-frigorífico, fregadeiro, placa vitrocerámica ou forno microondas.

f) O equipamento mobiliario tanto interior como exterior deberá cumprir coas normas de seguridade establecidas para este tipo de usuarios/as.

g) A ser posible o centro deberá contar con zona de xogos ao aire libre que deberá estar delimitada e valada en todo o seu perímetro e acondicionada con materiais que garantan a seguridade dos /das usuarios/as segundo o establecido na normativa vixente sobre seguridade nas áreas de xogo.

2. Ratios e requisitos de persoal:

a) Titulación:

O persoal de atención deberá estar como mínimo en posesión dalgunha das titulacións contempladas para o persoal de atención e apoio nas escolas infantís 0-3 ou dalgún dos cursos de especialización na materia que, cun mínimo de 300 horas, recoñeza o órgano competente para a autorización do centro.

b) Ratios.

A relación adulto coidador/neno/a será como máximo de 1/20:

En todo caso sempre debe contar cunha persoa auxiliar a maiores do persoal que atenda ao grupo.

Sección cuarta

Espazos infantís

Artigo 30º.-Definición e finalidade.

Os espazos infantís defínense como aqueles establecementos que prestan un servizo diúrno non continuado a nenos/as de 2 a 8 anos, cunha estancia dos nenos/as inferior a 15 horas semanais.

Estes establecementos teñen unha finalidade asistencial e caracterízanse pola flexibilidade na programación das súas actividades, horarios e organización, de acordo coas necesidades dos/das nenos/as e familias.

Quedan excluídos expresamente desta categoría as ludotecas e os centros de ocio infantil regulados en normas específicas.

Artigo 31º.-Requisitos específicos.

Os espazos infantís, ademais dos requisitos comúns para os centros de atención á infancia, deberán cumprir os seguintes específicos:

1. Materiais e arquitectónicos:

a) Contar cunha sala por cada grupo autorizado cunha superficie de 2 m por neno/a, cun mínimo de 30 m.

Cando se preste servizo a nenos/as menores de 3 anos debe habilitarse unha sala diferenciada e illada do resto de salas que disporá dunha zona diferenciada para descanso e hixiene dos/das nenos/as.

b) Ter un aseo por grupo, cun lavabo e inodoro adaptados á idade dos/das nenos/as. Na sala de nenos/as menores de 3 anos deberá ser visible e accesible desde ela.

2. Ratios e agrupamentos.

A relación máxima coidador-neno/a por grupo será a seguinte:

-Grupos para nenos/as de entre 2 e 4 anos: 1/15.

-Grupos para nenos/as de entre 5 e 8 anos: 1/20.

En todos os establecementos deberá haber, como mínimo, unha persoa de apoio á atención e coidado a maiores das exixidas por ratio.

3. Titulación do persoal.

Cando existan grupos de nenos/as de menos de 3 anos polo menos unha das persoas de atención aos/ás nenos/as deberá estar en posesión como mínimo dalgún dos títulos exixidos ao persoal de atención ou de apoio das escolas infantís 0-3 ou dalgún dos cursos de especialización na materia que, cun mínimo de 300 horas, recoñeza o órgano competente para a autorización do centro.

4. Proxecto asistencial do establecemento:

No proxecto asistencial os centros describirán como mínimo os horarios e calendarios de atención ao público, o catálogo de servizos que presta, o persoal existente e as súas funcións.

Sección quinta

Os servizos complementarios de atención

á infancia

Artigo 32º.-Definición e réxime.

1. Os servizos complementarios de atención á infancia defínense como aquelas prestacións dirixidas á atención e coidado (garda e custodia) dos/das nenos/as de entre 0-12 anos, que teñen como finalidade dar apoio ás familias no coidado dos/das nenos/as. Estes servizos teñen como soporte algún dos centros regulados nesta norma, tendo carácter de actividade complementaria á principal que aqueles desenvolvan.

2. Os servizos complementarios regulados e os centros que lle dan soporte están sometidos ao réxime de autorización administrativa segundo o establecido no artigo 5º.1 deste decreto.

O cesamento na actividade complementaria que non supoña ao mesmo tempo a do centro que lle da soporte precisa permiso específico, ao igual que a súa implantación nun momento distinto ao da creación do centro.

Artigo 33º.-Tipoloxía.

Establécense os seguintes tipos de servizos complementarios:

1. Servizos complementarios de atención e coidado dentro e fóra da xornada ordinaria do centro (servizo diúrno e nocturno).

2. Servizo complementario de comedor.

Artigo 34º.-Servizo complementario de atención e coidado dentro e fóra da xornada ordinaria:

Defínese como aquel servizo de atención e coidado a nenos/as prestado de xeito non continuado, que ten como finalidade proporcionar apoio aos pais, titores ou gardadores de feito cando concorran circunstancias que o fagan necesario, especialmente aquelas vinculadas a conciliación da vida familiar e laboral.

Segundo o horario no que se preste pode ser servizo diúrno ou servizo nocturno.

1. Servizo diúrno:

Considérase tal o servizo de atención e coidado non continuado dirixido a nenos/as de entre 0-8 anos e prestado nas escolas infantís 0-3 en horario diúrno, é dicir, o comprendido entre a súa hora de apertura e a de peche, sendo esta última sempre anterior ás 21 horas.

a) Usuarios/as.

Poderán ser usuarios/as deste servizo:

-Nenos/as de 0-3 non usuarios da atención continuada do centro.

-Nenos/as de 0-3 usuarios do centro en horario de media xornada.

-Nenos/as de 3-8 anos escolarizados durante o horario extraescolar.

b) Requisitos específicos:

1. A prestación deste servizo queda condicionada ao mantemento da actividade normal do centro e non suporá en ningún caso a superación dos límites de ratios e persoal establecidos.

2. Cando se atenda a nenos/as de 3 a 8 anos agruparanse nun espazo diferenciado, de tal xeito que estean separados dos/das nenos/as de 0-3 anos.

3. A ratio coidador-alumnos/as será a establecida para este tipo de centros, illada ou agrupadamente, e no caso de nenos/as de 6 3 a 8 anos será de 1/20 como máximo.

2. Servizo nocturno:

Defínese como aquel servizo de atención e coidado non continuados dirixido a nenos/as de 0-8 anos e prestado en escolas infantís 0-3 ou PAI en horario nocturno, entendendo como tal o comprendido entre as 22.00 horas e as 8.00 horas como máximo.

a) Usuarios/as.

Poderán ser usuarios/as deste servizo:

-Nenos/as de 0-3 non usuarios/as da atención continuada do centro.

-Nenos/as de 0-3 usuarios/as cando as circunstancias o requiran.

-Nenos/as de 3-8 anos.

b) Requisitos do persoal.

1. O persoal de atención nocturna deberá estar en posesión como mínimo dalgunha das titulacións

exixidas ao persoal de atención e apoio nas escolas infantís 0-3 ou dalgún dos cursos de especialización na materia que, cun mínimo de 300 horas, recoñeza o órgano competente para a autorización do centro.

2. As ratios de coidador-neno/a serán de 1/6 para nenos/as de 0-3 anos e de 1/10 para nenos/as entre 3-8. En todo caso sempre haberá unha persoa de apoio para cada un dos grupos.

c) Requisitos específicos:

1. Subscribirase unha póliza de seguro de responsabilidade civil ilimitada para a atención do servizo.

2. O centro disporá dunha sala específica para a prestación deste servizo, diferenciada arquitectonicamente do resto de salas de servizo ordinario, coa finalidade exclusiva de procurar un descanso adecuado e en condicións de seguridade aos/ás nenos/as. Non se admitirán proxectos en sotos ou semisotos, requiríndose unha altura mínima de 2,5 metros.

No caso de atención de nenos/as de 0-3 anos, estes situaranse nunha sala diferenciada, que no caso de escolas infantís pode ser algunha das aulas usadas para a súa atención diúrna sempre que as dúas actividades sexan compatibles polos horarios de prestación.

3. A sala-dormitorio debe ter unha superficie mínima de 3 m por neno/a cun mínimo de 20 m.

4. A sala-dormitorio terá un aseo propio incorporado con lavabo, duchas e inodoro adaptado á idade dos/das usuarios/as.

5. O espazo de descanso deberá contar cunha ventilación adecuada e luces de emerxencia, segundo a normativa vixente.

6. O espazo de descanso deberá estar alonxado de calquera dispositivo ou instalación que poida supoñer un risco potencial (gas, electricidade, etc.), sendo de aplicación a normativa específica vixente de condicións de protección contra incendios.

7. O proxecto acústico do edificio axustarase á normativa específica vixente sobre condicións acústicas, garantindo unhas adecuadas condicións de descanso.

8. O centro deberá contar nesta dependencia con teléfonos de emerxencia situados nun lugar claramente visible.

9. Documentación administrativa: o centro levará un libro rexistro de usuarios/as específico para a prestación deste servizo onde figurará o nome do neno/a, dos pais ou titores, data e hora de entrada e saída, e a sinatura das persoas responsables na entrada e saída.

Cada usuario/a contará ademais cunha ficha individual na que consten os datos identificativos esenciais así como os relativos a posibles incidencias

de saúde ou doutro tipo, ademais dos teléfonos de contacto dos proxenitores ou persoas responsables.

10. Dimensións das camas: as camas deberán reunir as condicións necesarias para o descanso con seguridade e ter un tamaño adecuado á idade dos/das usuarios/as. En todo caso para os/as nenos/as de máis de 6 anos deberán ter un mínimo de 90 cm de largo e 180 cm de longo. Quedan prohibidas as camas dispostas en modo liteiras de máis de 2 alturas.

Artigo 35º.-Servizo complementario de comedor.

Defínese como aquel servizo complementario á actividade principal do establecemento de atención á infancia que consiste na alimentación, atención e coidado de nenos/as entre 0 e 12 anos durante o tempo desta prestación. Ten como finalidade apoiar os pais, titores ou gardadores de feito cando concorran circunstancias que o fagan necesario, especialmente aquelas vinculadas á conciliación da vida familiar e laboral.

O servizo incluirá en todo caso o xantar e opcionalmente o almorzo, a merenda e a cea.

Este servizo pódese prestar en escolas infantís 0-3, PAI e espazos infantís.

1. Usuarios/as.

Poderán ser usuarios/as deste servizo:

-Nenos/as de 0-3 anos non usuarios da atención continuada do centro.

-Nenos/as de 3-12 anos.

2 Formas de prestación.

O servizo de comedor poderá realizarse mediante prestación directa ou indirecta.

O servizo poderase prestar directamente pola entidade ou persoa titular do centro que disporá os medios materiais e persoais necesarios para a súa realización.

Nos comedores de prestación indirecta a entidade ou persoa titular contratará cunha empresa do sector a elaboración ou subministracións da comida elaborada e, se é o caso, a distribución.

3. Persoal.

a) Persoal de cociña: será o encargado da elaboración e posta a punto dos alimentos. O servizo deberá contar, se é o caso, co persoal de cociña necesario, que en todo caso incluirá un posto de cociñeiro/a. Todo o persoal de cociña e calquera outro que habitualmente poida entrar en contacto directo cos alimentos deberá estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

b) Persoal de atención no comedor: desempeñará as funcións de atención, vixilancia e coidado dos/das nenos/as no comedor, prestando especial atención a adquisición de hábitos sociais e hixiénico-sanitarios.

-Ratio: a ratio de coidador-neno/a será de 1/8 para nenos/as de 0-3 anos, de 1/15 para nenos/as entre 3-6 e de 1/30 para nenos/as con idades entre 6-12.

-En todos os casos existirá un/unha encargado/a do comedor designado pola dirección do centro que será o/a responsable do desenvolvemento do servizo.

4. Requisitos específicos.

a) Todos os servizos de comedor deberán cumprir as exixencias establecidas na regulamentación técnico-sanitaria para os comedores colectivos, así como as que establecen as normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios e demais disposicións legais vixentes. Cando as comidas se elaboren fóra das instalacións do centro haberá que aterse ademais ao establecido para as industrias dedicadas á preparación e distribución de comidas e hixiene dos produtos alimenticios.

b) Deberase levar a cabo un control continuo e rigoroso das etiquetas dos produtos envasados e enlatados, datas de caducidade e consumo preferente.

c) A elaboración dos menús farase de xeito que proporcione aos/ás nenos/as unha dieta sana e equilibrada, prestando especial atención á presentación e variación dos alimentos. Os menús deberán elaborarse cunha antelación mínima dunha semana e estar expostos no taboleiro de anuncios para o seu coñecemento público.

d) No momento da solicitude de autorización presentarase a programación do servizo, a cal comprenderá os requisitos esenciais de elaboración e/ou subministración das comidas, organización do persoal e xestión do servizo. Ademais deberá conter os elementos fundamentais de educación en hábitos hixiénico-sanitarios, sociais e convivenciais, así como as actividades previamente planificadas.

e) O centro deberá subscribir unha póliza de seguro de responsabilidade civil ilimitada que cubra os riscos da actividade.

f) A prestación deste servizo queda condicionada ao mantemento da actividade normal do centro e non suporá en ningún caso a superación dos límites establecidos de prazas e persoal.

g) O centro disporá dunha sala específica para a prestación deste servizo diferenciada arquitectonicamente do resto de salas de servizo ordinario, coa finalidade exclusiva de atención dos/das nenos/as maiores de 3 anos.

No caso de atención de nenos/as de 0-3 anos, estes situaranse nunha sala diferenciada que no caso de escolas infantís pode ser a sala de usos múltiples.

O comedor debe ter unha superficie de 1,5 m por neno/a cun mínimo de 20 m.

h) Todas as instalacións de comedor e cociña, rede eléctrica e tomas e conducións de auga e gas, atoparanse sempre en boas condicións de uso e seguridade, de acordo coa regulamentación técnica vixente.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os centros regulados nesta norma e actualmente en funcionamento, deberán adaptarse os requisitos nela establecidos relativos a espazos interiores, materiais e arquitectónicos nun prazo máximo de 5 anos que comenzará a contar a partir da data de entrada en vigor desta norma.

Aqueles centros que obtiveron, de acordo coa previsión contemplada na disposición transitoria segunda, alínea segunda do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servizos sociais, o permiso de inicio de actividades unha vez acreditada a imposibilidade material para realización das adaptacións nel exixidas, poderán quedar eximidos da adaptación establecida na alínea primeira desta norma previa resolución do órgano competente na que se aprecie a continuidade de situación de imposibilidade de adaptación e sempre que non se observen deficiencias graves que poñan en perigo a seguridade dos usuarios.

Os centros que no momento da entrada en vigor da norma teñan concedida a autorización de creación, rexeranse en canto a concesión do permiso de inicio de actividades pola normativa ata o de agora vixente, sen prexuízo da aplicación do disposto na alínea primeira sobre prazo de adaptación.

Segunda.-Os centros en funcionamento con unidades de 3 a 6 anos que conten con permiso de inicio de actividades outorgado pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, deberán solicitar autorización á consellería competente en materia educativa no prazo máximo dun ano que comenzará a contar a partir da data de entrada en vigor desta norma.

Terceira.-Os puntos de atención á infancia actualmente en funcionamento deberán solicitar o permiso de inicio de actividades no prazo máximo de 6 meses a contar desde a entrada en vigor deste decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 29 de febreiro de 1996, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia, modificada pola Orde do 6 de novembro de 2000.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xullo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL