DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 22 de setembro de 2005 Páx. 15.898

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da Autoridade Portuaria será designado e separado polo órgano competente da comunidade autónoma.

Para dar cumprimento ao disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 15 de setembro de 2005 facultar a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento de Julio Pedrosa Vicente, como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2005.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES