DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 18 de outubro de 2005 Páx. 16.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación definitiva do texto refundido do proxecto de expropiación para a execución da praza de Fonte Seoane (actuación número 6 do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadaría.

A Xunta de Goberno Local, con data do 16 de setembro de 2005, adoptou o seguinte acordo que a continuación se transcribe:

«Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución da actuación nº 6 do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadaría praza de Fonte Seoane, cuxo orzamento de execución definitiva ascende a 845.058,72 A, entendéndose determinado o prezo xusto de maneira definitiva coa conformidade dos propietarios que constan no expediente».

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992, en especial para os herdeiros dos titulares rexistrais: María de la Concepción Morales de los Ríos y Carrillo de Albornoz, y Carlos Ignacio, Rafael, María Teresa y Concepción Fort y Morales de los Ríos.

A Coruña, 22 de setembro de 2005.

Alfredo Cerezales Fernández

Director da Área de Urbanismo e Rehabilitación