DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 2006 Páx. 1.603

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xaneiro de 2006 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 24 de novembro) faise pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Pola Orde do 5 de setembro de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 13 de setembro), faise público o cesamento por renuncia de Ricardo Rúa Pintos, representante designado pola Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Segundo o artigo 10.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, as vacantes deberán cubrirse pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses. De non comunicárselle o acordo de designación dentro do devandito prazo ao conselleiro competente en materia universitaria, o posto permanecerá vacante deica a finalización do correspondente mandato. En todo caso, o membro substituto entenderase nomeado polo período que reste do anterior mandato.

O artigo 7.4º desta lei establece que os acordos de designación de membros do consello social lle serán comunicados ao conselleiro competente en

materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Con data do 12 de decembro de 2005, o secretario da Confederación de Empresarios de Galicia comunica a proposta de designación de Valentín Carrera González como representante da Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear a Valentín Carrera González vogal no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, como representante da Confederación de Empresarios de Galicia, en substitución de Ricardo Rúa Pintos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2006.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA